Copa Deputación da Coruña de fútbol

A Copa Excelentísima Deputación Provincial da Coruña, comunmente coñecida como Copa Deputación da Coruña foi un torneo futbolístico no que participaban anualmente clubs da provincia da Coruña. Estaba patrocinada pola Deputación da Coruña, que repartía premios en metálico aos equipos participantes en función do seu desempeño na competición, e era organizada pola Federación Galega de Fútbol. Foi creada en 1988 e desde entón celebrouse anualmente ata 2019 (agás no ano 1998). O equipo con máis títulos é o Racing Club de Ferrol.

Copa Deputación da Coruña
Fundación1988
Desaparición2019
RexiónGaliza Galiza
EquiposVariable
Actual campiónA Coruña Deportivo Fabril
(4º título)
Máis laureadoFerrol Racing Club de Ferrol
(6 títulos)

Sistema de competición editar

Antes da súa desaparición era disputada ao inicio da tempada futbolística, nos meses de xullo e agosto, polos equipos da provincia da Coruña de Segunda B, Terceira, Preferente Autonómica e Primeira Autonómica, mais en varias ocasións teñen participado tamén nela equipos de Segunda e até de Primeira división.

O sistema de competición consistía nun torneo de eliminación directa a partido único en casa do equipo de inferior categoría, e se eran da mesma, no campo do equipo citado en primeiro lugar de acordo co sorteo, con excepción da final, que se celebra no campo que designase a Federación Galega de Fútbol. En caso de empate ao remate dos 90 minutos, o gañador decidíase directamente mediante o lanzamento dunha quenda de penaltis, sen prórroga previa.

A 26ª edición do torneo, celebrada en 2014, bateu o récord de participación até a data con 58 equipos inscritos de catro categorías diferentes e cun total de 153.000 € a repartir en concepto de premios. Nas dúas primeiras roldas só competían os equipos de Primeira Autonómica e Preferente Autonómica, non entrando na competición os clubs de Terceira e Segunda B até a eliminatoria de dezaseisavos de final.[1]

Historial de finais editar

Ano Campión Subcampión Resultado Data Sede da final Observacións
1988 [2][3][4][5][6] RC Deportivo da Coruña Racing Club de Ferrol 4-0 21/08/1988 Riazor, A Coruña
1989 [2][7][8] RC Deportivo da Coruña SD Compostela 1-1 23/08/1989 Riazor, A Coruña Gañou o Deportivo por penaltis
1990 [2][9] SD Compostela RC Deportivo da Coruña 1-0 17/06/1990 Riazor, A Coruña
1991 [2][6][10][11] Racing Club de Ferrol RC Deportivo da Coruña 2-0 25/04/1991 Riazor, A Coruña
1992 [2][6] Betanzos CF Racing Club de Ferrol 0-0 29/08/1992 García Irmáns, Betanzos Gañou o Betanzos por penaltis
1993 [2][6][10][11] Racing Club de Ferrol SD Club Ordes 0-0 29/05/1993 García Irmáns, Betanzos Gañou o Racing por penaltis
1994 [2] RC Deportivo da Coruña B CCD Cerceda 0-0 18/06/1994 As Eiroas, Carballo Gañou o Deportivo B por penaltis
1995 [2][12][13] Betanzos CF Noia CF 4-1 01/06/1995 Santa Isabel, Santiago
1996 [2][14][15][16] CD As Pontes Betanzos CF 2-1 25/08/1996 García Irmáns, Betanzos
1997 [2][6] RC Deportivo da Coruña B Racing Club de Ferrol 2-0 03/09/1997 A Malata, Ferrol
1998 Non se disputou o torneo
1999 [2][6][10][11] Racing Club de Ferrol SD Club Ordes 0-0 22/08/1999 O Roxo, Cerceda Gañou o Racing por penaltis
2000 [2][6][10][11][17] Racing Club de Ferrol Betanzos CF 3-1 26/09/2000 García Irmáns, Betanzos
2001 [2][18][19] RC Deportivo da Coruña B Imperátor OAR 2-0 25/08/2001 Rodrigo García Vizoso, A Coruña
2002 [2][20] Bergantiños FC Imperátor OAR 2-1 25/08/2002 Riazor, A Coruña
2003 [2][21][22][23] Imperátor OAR Narón Balompé Piñeiros 1-0 28/08/2003 Municipal das Mariñas Andrés Pena, Sada
2004 [2][24][25] CCD Cerceda Club Atlético Arteixo 2-1 21/08/2004 Ponte dos Brozos, Arteixo
2005 [2][26][27][28] Betanzos CF CD Boiro 3-0 19/08/2005 O Faxón, Val do Dubra
2006 [2][19][29][30] SD Negreira SD Club Ordes 1-1 20/08/2006 O Faxón, Val do Dubra Gañou o Negreira por penaltis
2007 [2][6][10][11][31] Racing Club de Ferrol CD As Pontes 3-2 19/08/2007 A Malata, Ferrol
2008 [2][32][33] SD Club Ordes UD Somozas 0-0 24/08/2008 García Irmáns, Betanzos Gañou o Ordes por penaltis (3-1)
2009 [2][34][35] CCD Cerceda Flavia SD 2-0 23/08/2009 San Lázaro, Santiago
2010 [2][36][37] CCD Cerceda Montañeiros CF 2-1 21/08/2010 O Roxo, Cerceda
2011 [2][38][39] CD Dorneda Montañeiros CF 0-0 23/08/2011 García Irmáns, Betanzos Gañou o Dorneda por penaltis (5-4)
2012 [2][40][41][42] SD Compostela RC Deportivo da Coruña B 1-1 15/08/2012 O Roxo, Cerceda Gañou o Compostela por penaltis (5-3)
2013 [2][43][44] SD Compostela UD Somozas 2-1 18/08/2013 A Malata, Ferrol
2014 [2][45] UD Somozas Racing Club de Ferrol 2-1 15/08/2014 A Alta, A Pobra do Caramiñal
2015 [46][47][48] UD Somozas Racing Club de Ferrol 1-1 16/08/2015 O Mundo do Fútbol, Abegondo Gañou o Somozas por penaltis (4-1)
2016 [49][50] CD Boiro Racing Club de Ferrol 3-1 17/08/2016 O Roxo, Cerceda
2017 [51] Racing Club de Ferrol Noia CF 2-0 16/08/2017 O Roxo, Cerceda
2018 [52] SD Compostela Racing Club de Ferrol 1-1 14/08/2018 O Roxo, Cerceda Gañou o Compostela por penaltis (8-7)
2019 [53][54] Deportivo Fabril Bergantiños Fútbol Club 1-0 14/08/2019 As Eiroas, Carballo
2020 Non se disputou o torneo [55]

Palmarés editar

Pos. Equipo Campionatos Subcampionatos Anos dos títulos
1 Racing Club de Ferrol 6 7 1991, 1993, 1999, 2000, 2007, 2017
2 SD Compostela 4 1 1990, 2012, 2013, 2018
... Deportivo Fabril 4 1 1994, 1997, 2001, 2019
4 Betanzos CF 3 2 1992, 1995, 2005
5 CCD Cerceda 3 1 2004, 2008, 2009
6 Deportivo da Coruña 2 2 1988, 1989
... UD Somozas 2 2 2014, 2015
8 SD Club Ordes 1 3 2008
9 Imperátor OAR 1 2 2003
10 CD As Pontes 1 1 1996
... CD Boiro 1 1 2016
... Bergantiños FC 1 1 2002
13 SD Negreira 1 0 2006
... CD Dorneda 1 0 2011
15 Montañeiros CF 0 2
... Noia CF 0 2
17 Narón Balompé Piñeiros 0 1
... Club Atlético Arteixo 0 1
... Flavia SD 0 1

Copa Deputación feminina editar

Ano Campión Subcampión Resultado Data Sede da final Observacións
2016[56] Deportivo Feminino S.D. O Val 7-0 01/09/2016 Ou Sinde, Narón
2017[57] Deportivo Feminino Victoria CF 3-0 23/08/2017 Vista Alegre, Ordes
2018[58] Deportivo Feminino Victoria CF 4-0 22/08/2018 Ponte dos Brozos, Arteixo
2019[59] Deportivo Feminino Victoria CF 6-0 14/08/2019 As Eiroas, Carballo
2020 Non se disputou o torneo [55]

Copa Deputación da Coruña de Campións de Copa editar

No ano 2012 instaurouse esta nova competición, chamada a enfrontar aos cinco campións das copas provinciais da provincia da Coruña: Copa da Coruña, Copa de Santiago, Copa de Ferrol, Copa do Sar e Copa da Costa. Nesa primeira edición participaron o Silva SD (campión da Copa da Coruña), o San Pedro CF (campión da Copa de Santiago), o Eume Deportivo (campión da Copa de Ferrol) e o Villestro SD (campión da Copa do Sar). O Santa Comba FC, campión da Copa da Costa, renunciou á competición por atoparse nun proceso de fusión co Xallas CF.[60]

Na primeira das semifinais, o Silva SD derrotou por 3-1 ao Eume Deportivo nun partido celebrado o 30 de xuño na Malata, en Ferrol, mentres que na outra, celebrada na mesma data, o San Pedro CF fixo o propio por 4-3 ante o Villestro SD no campo de Santa Isabel, en Santiago.[61] Os vencedores disputaron a final celebrada no campo do Roxo de Cerceda o 4 de xullo de 2012, da que saíu vencedor o conxunto coruñés do Silva SD por un contundente 10-1, proclamándose primeiro gañador deste torneo.[62]

Ano Campión Subcampión Resultado Data Sede da final Observacións
2012 [62] Silva SD San Pedro CF 10-1 04/07/2012 O Roxo, Cerceda
Pos. Equipo Campionatos Subcampionatos Anos dos títulos
1 Silva SD 1 0 2012
2 San Pedro CF 0 1

Supercopa Deputación da Coruña editar

O 30 de agosto de 2012 disputouse a Primeira Supercopa Deputación da Coruña, celebrada no campo de Vista Alegre, en Ordes, e que enfrontou á SD Compostela, como vixente campioa da Copa Deputación de 2012, e ao Silva SD, vencedor da I Copa de Campións. O Compostela proclamouse campión tras desfacer na quenda de penaltis o empate a tres rexistrado ao remate dos 90 minutos regulamentarios.[63][64]

Ano Campión Subcampión Resultado Data 'Sede da final Observacións
2012 [63][64] SD Compostela Silva SD 3-3 30/08/2012 Vista Alegre, Ordes Gañou o Compostela por penaltis (4-3)
Pos. Equipo Campionatos Subcampionatos Anos dos títulos
1 SD Compostela 1 0 2012
2 Silva SD 0 1

Notas editar

  1. Novo récord de participación na Copa Deputación de fútbol, con 58 clubs e 153.000 euros en premios Arquivado 08 de agosto de 2014 en Wayback Machine. Canal 27 (11/07/2014)
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 2,11 2,12 2,13 2,14 2,15 2,16 2,17 2,18 2,19 2,20 2,21 2,22 2,23 2,24 2,25 “Cadro de honra da Copa Deputación da Coruña” Arquivado 19 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Ferrol é Racing.
  3. "Deportivo y Racing jugarán el domingo en Riazor" El Ideal Gallego (19/08/1988). CanalDeportivo.
  4. "Deportivo y Sporting de Gijón, con sus alineaciones de gala" El Ideal Gallego (25/08/1988). "Tras una pretemporada intensa y en la cual el Deportivo no ha conocido la derrota, culminando su fase inicial con el triunfo en la I Copa Diputación de La Coruña [...]". CanalDeportivo.
  5. "Final Copa Diputación - El Deportivo goleó al Racing de Ferrol (4-0)" Arquivado 03 de marzo de 2015 en Wayback Machine. Diario Marca (22/08/1988). Ferrol é Racing.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 "Historial de finais da Copa Deputación xogadas polo Racing de Ferrol". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2014. Consultado o 23 de setembro de 2014. 
  7. "Deportivo-Compostela, final de la II Copa Diputación" El Ideal Gallego (23/08/1989). CanalDeportivo.
  8. "Después de muchos años ¡el Deportivo obtiene superávit!" El Ideal Gallego (24/08/1989). "En lo deportivo merece destacarse la consecución de la II Copa Diputación tras haber ganado a los penaltis al Compostela de Fernando Santos". CanalDeportivo.
  9. "Galicia coronó al Compostela" Mundo Deportivo (08/08/1990). "para colofón ganó la tercera Copa Diputación —la disputan todos los clubes nacionales de la provincia— al propio Deportivo en la final en Riazor"
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 "Palmarés do Racing de Ferrol na web oficial do club.". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2014. Consultado o 06 de agosto de 2014. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 "Efemérides do Racing de Ferrol na web oficial do club.". Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2014. Consultado o 08 de setembro de 2014. 
  12. "Dúas promocións e unha final de Copa Deputación" Arquivado 14 de marzo de 2016 en Wayback Machine. La Voz de Galicia (31/05/2003). "[...] na 94-95 xogou a final de Copa Deputación contra o Betanzos no campo de Santa Isabel, onde caeu por 4-1 contra o Betanzos."
  13. "La Voz de Galicia". 2 de xuño de 1995: 47. 
  14. "Os trofeos da etapa Endesista" Arquivado 08 de agosto de 2014 en Wayback Machine. Web oficial do Club Deportivo As Pontes.
  15. "Copa Deputación da Coruña. UD Somozas 0 (4) - CD As Pontes 0 (3)" Páxina web do CD As Pontes Feminino (12/08/2013). "[...] xa gañou o cadro pontés este trofeo en 1996 ó vencer ó Betanzos na final por 2-1 [...]".
  16. "La Voz de Galicia". 26 de agosto de 1996: 29. 
  17. "El Racing de Ferrol se adjudica la Copa Diputación ante el Betanzos: 1-3" Arquivado 09 de agosto de 2014 en Wayback Machine. La Voz de Galicia (20/08/2000).
  18. "Final de la Copa Diputación" CanalDeportivo (22/08/2001). "El Deportivo B y el Imperator disputarán este sábado en A Grela, a las siete de la tarde, la final de la Copa Diputación".
  19. 19,0 19,1 "Al Fabril se le resiste la Copa Diputación desde el año 2001" DEPOR Sport (12/08/2008). "La última final en la que el filial resultó vencedor fue el 26 de agosto de 2001, ante el Imperátor. El resultado final fue dos goles a cero para los blanquiazules [...]", "[...] el Negreira que se proclamó campeón en 2006 [...]"'.
  20. "El Bergantiños añade la Copa Diputación a su palmarés antes de comenzar la liga" Arquivado 09 de agosto de 2014 en Wayback Machine. La Voz de Galicia (26/08/2000).
  21. Historia do Narón Balompé Piñeiros na web oficial do club. Arquivado 08 de agosto de 2014 en Wayback Machine. "Copa Diputación . Torneo de pretemporada donde participan los equipos de la provincia de la Coruña de 3ª y Preferente, es el primer año que el Narón esta presente en este evento y consigue meterse en la final después de dejar en la estacada equipos como el Noia, Compostela "B", Laracha y Deportivo "B""
  22. "O Paiosaco segue adiante na Copa Deputación tras vencer ao Val" Arquivado 16/09/2016, en Wayback Machine. La Voz de Galicia (11/08/2003). "A final do torneo da Copa Deputación levarase a cabo o sábado 28 de agosto ás 19.00 horas."
  23. Información facilitada polo club Narón Balompé Piñeiros
  24. "El Cerceda y el Arteixo disputan esta tarde la final de la Copa Diputación" Arquivado 09 de agosto de 2014 en Wayback Machine. La Voz de Galicia (21/08/2004).
  25. "En 2004 dejó KO al anfitrión" DEPOR Sport (19/08/2010). "[...] el Cerceda como vencedor final, delante del Atlético Arteixo (1-2) en el Municipal Ponte dos Brozos en 2004".
  26. "El Boiro jugará la final contra el Betanzos tras derrotar al Fabril" Arquivado 09 de agosto de 2014 en Wayback Machine. La Voz de Galicia (15/08/2005).
  27. El Boiro contará con su equipo de gala en la final de la Copa Diputación ante el Betanzos Arquivado 09 de agosto de 2014 en Wayback Machine. La Voz de Galicia (19/08/2005).
  28. "El Betanzos superó con claridad a un Boiro ineficaz en ataque" Arquivado 09 de agosto de 2014 en Wayback Machine. La Voz de Galicia (20/08/2005).
  29. "Ordes y Negreira disputarán el domingo en el campo de Val do Dubra la final de la Copa de Fútbol Diputación de A Coruña" Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. El Correo Gallego (17/08/2006).
  30. "1.200 espectadores acudieron a la final" DEPOR Sport (25/08/2008). "[...] los hinchas del Órdenes se resarcieron de la derrota padecida en la final de 2006, ante el Negreira en Val do Dubra (1-1), en la que la lotería de los penaltis les había dado la espalda".
  31. "El Racing de Ferrol se lleva la Copa Diputación con un gol en el tiempo añadido" La Voz de Galicia (19/08/2007).
  32. "Ríos, héroe de Ordes" DEPOR Sport (25/08/2008).
  33. "El Ordes gana la Copa Diputacion en la tanda de penaltis gracias al meta Ríos" Arquivado 13 de agosto de 2014 en Wayback Machine. El Correo Gallego (25/08/2008).
  34. "Monólogo y título" DEPOR Sport (24/08/2009).
  35. "El Cerceda gana en Santiago la Copa Diputación ante el Flavia" La Voz de Galicia (25/08/2009).
  36. "Inercia de campeón" DEPOR Sport (22/08/2010).
  37. "El Cerceda alzó su tercera Copa Diputación ante el Montañeros" La Voz de Galicia (22/08/2010).
  38. "El Dorneda conquista su primera Copa Diputación" DEPOR Sport (24/08/2011).
  39. "La suerte de los penaltis sonrió al Dorneda" La Voz de Galicia (24/08/2011).
  40. "La SD Compostela, campeona de la Copa Diputación" Páxina web oficial da Sociedade Deportiva Compostela (15/08/2012).
  41. "Los penaltis dijeron no" DEPOR Sport (16/08/2012).
  42. "El Compos conquista la Copa Diputación" La Voz de Galicia (16/08/2012).
  43. "El Compostela revalida el título de campeón de la Copa Diputación" Páxina web oficial da Sociedade Deportiva Compostela (18/08/2013).
  44. "El Compostela conquista la Copa Diputación" La Voz de Galicia (18/08/2013).
  45. "Somozas campeón de la XXVI Copa Diputación de A Coruña" Páxina web oficial da Federación Galega de Fútbol (18/08/2014).
  46. "La Copa Deputación se va para As Somozas" Arquivado 24 de setembro de 2015 en Wayback Machine. Galifútbol.com (16/08/2015)
  47. "El Somozas derrota al Racing, en tanda de penaltis, en la Copa Diputación" Galicia Ártabra (16/08/2015)
  48. "A final entre o Somozas e o Racing de Ferrol decidiuse na tanda de penaltis" Páxina web oficial da Federación Galega de Fútbol (16/08/2015)
  49. "El Boiro alza su primera Copa Diputación tras vencer al Racing en la final" Ferrol360 (17/08/2016)
  50. "El Racing cae frente al Boiro en la final de la Copa Diputación" La Voz de Galicia (18/08/2016)
  51. "Os ferroláns venceron o Noia (0-2) na final do torneo provincial coruñés" Federación Galega de Fútbol (17/08/2017)
  52. "A SD Compostela leva a XXX Copa Deputación nos penaltis". 14 de Agosto de 2018. Consultado o 2 de febreiro de 2021. 
  53. "El Fabril, campeón de la Copa Diputación" (14/08/2019)
  54. "Fabril campeón de la Copa Diputación" Arquivado 31 de decembro de 2019 en Wayback Machine. (14/08/2019)
  55. 55,0 55,1 "La Copa Deputación de fútbol no se celebrará este año" La Voz de Galicia (02/06/2020)
  56. "O Dépor Feminino A gana a Copa Deputación nunha bonita final ante Ou Val", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 1 de setembro de 2016.
  57. "El Dépor ABANCA vence la Copa Diputación"
  58. Ficha de Partido futgal.es
  59. "Cuarta Copa Deputación consecutiva para o Dépor ABANCA", artigo na web oficial do Real Club Deportivo da Coruña, 14 de agosto de 2019.
  60. "Sorteada la Copa de Campeones" DEPOR Sport (28/06/2012).
  61. "El Silva sigue de celebración" DEPOR Sport (01/07/2012).
  62. 62,0 62,1 "El Silva ya es tricampeón" DEPOR Sport (05/07/2012).
  63. 63,0 63,1 "La SD Compostela se proclama ganador de la primera supercopa de A Coruña" Arquivado 08 de setembro de 2014 en Wayback Machine. AXogada.com (30/08/2012).
  64. 64,0 64,1 "El Compostela manda en la Supercopa" DEPOR Sport (31/08/2012).