Campo Municipal das Mariñas - Andrés Pena
O Campo Municipal de Fútbol das Mariñas - Andrés Pena é un campo de fútbol situado na vila de Sada, o seu propietario é o Concello de Sada e nel xogan os seus partidos como locais o Sporting Sada e o Rayo Sadense, que anteriormente xogaban no Campo da Chaburra[1]. Ten un terreo de xogo de herba artificial desde 2008[2], anteriormente era de herba natural[3] cunhas dimensións de 100 x 65 metros[4]. Conta cunha bancada cuberta con capacidade para 600 espectadores sentados[5]. En 2015 tiveron lugar as últimas obras de mellora[6].
Campo Municipal das Mariñas - Andrés Pena | |
---|---|
Vista do campo | |
Datos | |
Coordenadas | 43°20′51″N 8°15′22″O / 43.347388888889, -8.2560277777778 |
Localización | Brañas s/n 15160 Sada |
Construción | |
Inauguración | 1985 |
Estadio | |
Superficie | herba artificial |
Capacidade | 600 |
Propietario | Concello de Sada |
Localía | Sporting Sada e Rayo Sadense (desde 2008) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Leva como homenaxe, o nome do expresidente e responsábel da refundación do Rayo Sadense, Andrés Pena Martínez, finado en 2011[7][8][9].
Polémica pola súa propiedade
editarEn 2008, co gallo das reformas que a Deputación Provincial da Coruña estaba a promover economicamente nos campos de fútbol da provincia, xurdiu unha polémica a tres bandas entre o Concello, Sporting Sada e Rayo Sadense por mor da propiedade das instalacións. Concello e Rayo Sadense pretendían beneficiarse das axudas do ente provincial para mellorar os equipamentos e substituír a superficie de xogo -que entón era de herba natural- por herba sintética, o cal permitiría un uso máis frecuente. Pola súa banda, a directiva do Sporting Sada argumentaba que os terreos eran da súa propiedade e negábanse á substitución do céspede natural pois iso repercutiría negativamente na categoría do campo, do que ademais tiñan prioridade de uso. En declaracións ao Depor Sport, o daquela alcalde de Sada, Abel López Soto, afirmou que efectivamente o club era en orixe o dono do Campo das Mariñas mais en 1985[10] a titularidade dos terreos tivo que ser transferida ao Concello para se poder acoller a subvencións públicas de mellora[3][11]. Finalmente, Concello e Rayo Sadense conseguiron sacar adiante a reforma (que chegou a estar suspendida no medio dun proceso xudicial para dirimir os dereitos sobre o mesmo[12]) do campo coa axuda económica da Deputación.
Notas
editar- ↑ "Memoria de Sada - Tres amigos en el campo de fútbol". memoriadesada.com. Consultado o 2016-04-09.
- ↑ "Fernández Moreda salienta o esforzo económico da Deputación para dotar aos campos de fútbol de césped artificial". www.dicoruna.es. Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2016. Consultado o 2016-04-09.
- ↑ 3,0 3,1 Depor Sport (08 de xaneiro de 2008). "Entrevista a Abel López Soto". Archived from the original on 23 de abril de 2016. Consultado o 09-04-2016.
- ↑ "Federación Gallega de Fútbol - Consulta de Campos". www.futgal.es. Consultado o 2016-04-09.
- ↑ "S.D. Sporting Sada :: Estadio ::". www.lapreferente.com. Consultado o 2016-04-09.
- ↑ "|". www.concellodesada.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2016. Consultado o 2016-04-09.
- ↑ sadadigital. "Sada pierde a Andrés Pena Martínez, ex-presidente del Rayo Sadense". Sada Digital. Consultado o 2016-04-09.
- ↑ "SAN AMARO: Andrés Pena y la villa de Sada, unidos para siempre". san--amaro.blogspot.co.uk. Consultado o 2016-04-09.
- ↑ Coruña, La Opinión de A. "O campo de fútbol das Mariñas levará o nome de Andrés Pena - La Opinión A Coruña". galego.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-04-10.
- ↑ "La modificación de la Ordenación Urbanística Provisional, aprobada pese a las discrepancias". docplayer.es. Consultado o 2016-04-09.
- ↑ Depor Sport (13 de xaneiro de 2008). "“No se concibe que en As Mariñas se jueguen 90 minutos cada 15 días”". Archived from the original on 23 de abril de 2016. Consultado o 09-04-2016.
- ↑ Coruña, La Opinión de A. "El juez levanta la suspensión de las obras del campo de As Mariñas". www.laopinioncoruna.es. Consultado o 2016-04-09.