Abel López Soto

político español

Abel López Soto, nado en 1954, é un docente[1] e político galego retirado. Foi en dúas etapas distintas alcalde de Sada e líder do Bloque Nacionalista Galego no concello durante case vinte anos.

Infotaula de personaAbel López Soto
Biografía
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Após as eleccións municipais de 2003 accedeu á alcaldía de Sada logo de máis de vinte anos ininterrompidos de gobernos de Ramón Rodríguez Ares. Foi investido co apoio do Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE e un partido independente local.[2] Porén, en menos dun ano, o edil tránsfuga do PSOE José Luis Santamaría apoiou a Rodríguez Ares nunha moción de censura que lle devolvería a alcaldía a este último para o que quedaba de mandato. Este feito provocou as protestas na rúa de milleiros de veciños[3] e a expulsión de Rodríguez Ares do Partido Popular.[2]

Logo das eleccións municipais de 2007, López Soto conseguiu que o BNG fose a lista máis votada no concello e regresou á alcaldía, de novo co apoio do PSdeG-PSOE, dado que non fora quen de acadar a maioría absoluta. Durante esta etapa foi un dos protagonistas no proceso que supuxo a apertura do Pazo de Meirás ao público ante o rexeitamento dos herdeiros de Francisco Franco[4][5].

Nas eleccións municipais de 2011 volveu conseguir que o seu partido repetise como lista máis votada[6]. Mais desta volta, os resultados acadados non foron abondo para evitar un pacto entre o novo Partido Demócrata Sada Popular de Rodríguez Ares e o PP, que outorgou a alcaldía ao líder deste último partido, Ernesto Anido.

Pasaría novamente tres anos máis na oposición até que en setembro de 2014 fixo pública a súa renuncia a anovar como candidato do BNG para as eleccións municipais de 2015[6].


Predecesor:
Ramón Rodríguez Ares
  
Alcalde de Sada
 
2003 - 2004
Sucesor:
Ramón Rodríguez Ares
Predecesor:
Ramón Rodríguez Ares
  
Alcalde de Sada
 
2007 - 2011
Sucesor:
Ernesto Anido

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar