Abrir o menú principal

Cidade Deportiva de Abegondo

(Redirixido desde "O Mundo do Fútbol")

Coordenadas: 43°15′3″N 8°17′5″O / 43.25083, -8.28472

O Mundo do Fútbol
Datos
LocalizaciónMabegondo, Abegondo, Galicia
Construción
Inauguración1 de maio de 2003 (16 anos)
Estadio
SuperficieHerba
Dimensións105 × 65
Capacidade3.000
PropietarioDeportivo da Coruña
LocalíaDeportivo B (2003–presente)

A Cidade Deportiva de Abegondo, chamada tamén O Mundo do Fútbol, é un complexo deportivo do Deportivo da Coruña, inaugurado o 1 de maio de 2003. Está situada no concello de Abegondo, na parroquia de Mabegondo, a carón da autovía A-6, e conta cunha superficie de 90.000 m², na que acolle os adestramentos do primeiro equipo, do filial, do equipo feminino e das categorías inferiores do club.

Índice

InstalaciónsEditar

O Mundo do Fútbol consta dun edificio principal que alberga os vestiarios, oficinas e cafetería e que serve, á súa vez, de chanzo, con capacidade para máis de 1.200 persoas cara ao campo principal e outras 500 persoas na parte posterior, orientado ao campo de céspede artificial. Na planta superior do edificio sitúanse as oficinas, sala de prensa, cafetería e aseos de público. A planta inferior alberga os vestiarios, almacéns e cuartos de instalacións. Dispón de preto de 9.000 metros cadrados de aparcadoiros e zona de servizos.

CamposEditar

  • 7 campos de céspede natural de medidas practicamente iguais a Riazor (105x65 metros).
  • 1 campo de céspede artificial de última xeración do tamaño de Riazor (105x61 metros).
  • 6 campos de céspede natural de fútbol 7 (50x30 metros).
  • Máis de 16.000 metros cadrados de campos auxiliares de céspede natural.

Véxase taménEditar