Mabegondo, Abegondo

parroquia civil do concello de Abegondo

Coordenadas: 43°13′38″N 8°17′46″O / 43.2272871, -8.2960772

San Tirso de Mabegondo é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Abegondo da comarca da Coruña. Segundo o INE en 2016 tiña 966 habitantes (470 homes e 496 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 892 habitantes.

Mabegondo
Pazo dos Quiroga.jpg
Pazo dos Quiroga.
Parroquia de Mabegondo do concello de Abegondo.png
ConcelloAbegondo[1]
ProvinciaA Coruña
Poboación966 hab. (2016)
Entidades de poboación17[1]
editar datos en Wikidata ]

CulturaEditar

TopónimoEditar

Mabegondo é un posible antropónimo xermánico que xorde entre o século VII e X.[2]

PatrimonioEditar

  • Pazo dos Quiroga ou Torres de San Tirso de Mabegondo. De estilo renacentista, a fachada principal está flanqueada por dúas torres cúbicas simétricas (de tres alturas) construídas por Diego de Quiroga Reimóndez (Cabaleiro da Orde de Santiago e capitán de infantería), con escudo de armas dos Quiroga, Reimóndez, Capoa e Somoza. Un dos descendentes deste soar foi Antonio Quiroga, militar e político que se destacou nos movementos revolucionarios de 1820 durante o reinado de Fernando VII e que chegaría a ocupar a vicepresidencia das Cortes. Posúe unha interesante portada con parellas de columnas dóricas a modo de arco triunfal, con escudos en ambas torres e balcóns no piso intermedio.
  • Pazo de Pastoriza. Aínda que ten unha capela que data do século XVIII, a súa construción parece ser que foi iniciada moito antes. As súas fermosas e vetustas palmeiras danlle un singular aire de distinción. Os propietarios iniciais foron os Pardo de Andrade. É de planta rectangular coa capela contigua comunicada por un pasadizo pétreo.

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Abegondo.

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de MabegondoEditar

Lugares da parroquia de Mabegondo no concello de Abegondo (provincia da Coruña)

Andrís | Beldoña | O Bieiteiro | Borreiros | O Castro de Vilamarín | Couto | A Covela | O Cruceiro | Curriño | O Curro | Curros | A Ferrería | A Igrexa | Lamansián | Láncara | Marces | O Monte | Outón | Outrís | Pastoriza | O Penedo | Pousada | A Raíña | O Regueiro | O Souto do Val | O Souto Grande | A Torre | Torreiro | Vilamarín

Parroquias de AbegondoEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Abegondo

Abegondo (Santaia) | Cabanas (San Xián) | Cerneda (San Salvador) | Cos (Santo Estevo) | Crendes (San Pedro) | Cullergondo (Santa María) | Figueroa (San Miguel) | Folgoso (Santa Dorotea) | Leiro (Santaia) | Limiñón (San Salvador) | Mabegondo (San Tirso) | Meangos (Santiago) | Montouto (Santa Cristina) | Orto (San Martiño) | Presedo (Santa María) | Sarandós (Santa María) | Vilacova (San Tomé) | Viós (San Salvador) | Vizoño (San Pedro)

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar