Cos, Abegondo
parroquia civil do concello de Abegondo
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cos.
Santo Estevo de Cos[1] é unha parroquia do concello de Abegondo. Segundo o IGE en 2016 tiña 92 habitantes (50 mulleres e 42 homes) distribuídos en 7 entidades das cales están efectivamente poboadas 1[2]. Isto supón unha diminución respecto de 1999 cando tiña 119 habitantes.
Cos | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial de Santo Estevo. | |
![]() | |
Concello | Abegondo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°13′55″N 8°14′37″O / 43.2319, -8.2437Coordenadas: 43°13′55″N 8°14′37″O / 43.2319, -8.2437 |
Área | 1,84 km² |
Poboación | 92 hab. (2016) |
Densidade | 50 hab./km² |
Entidades de poboación | 7[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
CulturaEditar
TopónimoEditar
Cos é un topónimo de orixe descoñecida. Aparece recollido en documentación medieval como Codais.[3]
PatrimonioEditar
A igrexa de Santo Estevo de Cos é de tipoloxía rural. Planta rectangular, cunha soa nave. Un arco central semicircular separa os espazos da nave e o presbiterio, ambos con bóvedas rebaixadas e cubertas cunha armazón de madeira. Aos pés da nave sitúase un coro alto.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Abegondo.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de CosEditar
Lugares da parroquia de Cos no concello de Abegondo (A Coruña) | |
---|---|
A Aldea de Abaixo | O Barral de Abaixo | O Barral de Arriba | O Carballal | O Cruceiro | A Fraga | A Igrexa |
Parroquias de AbegondoEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
- ↑ "Datos do IGE das 16 entidades con poboación de Abegondo". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2007. Consultado o 11 de decembro de 2007.
- ↑ Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051.