Montouto, Abegondo

parroquia civil do concello de Abegondo

Santa Cristina de Montouto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Linda ao norte coas parroquias de Figueroa e Sarandós, Cabanas, ao sur con Folgoso e con Beira, Carral ao leste. Segundo o IGE en 2016 tiña 312 habitantes (156 homes e 156 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.

Montouto
Santa Cristina de Montouto.jpg
Igrexa de Santa Cristina de Montouto.
Parroquia de Montouto do concello de Abegondo.png
ConcelloAbegondo[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°12′16″N 8°19′35″O / 43.20434694, -8.32632825Coordenadas: 43°12′16″N 8°19′35″O / 43.20434694, -8.32632825
Poboación312 hab. (2016)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

CulturaEditar

O topónimo Montouto provén da expresión latina de monte alto, o cal fai referencia á elevación do terreo.[2][3][4]

PatrimonioEditar

A igrexa de Santa Cristina de Montouto é un templo de tipoloxía rural dun estilo barroco e que foi construída no século XVII, seguindo a tipoloxía máis frecuente na comarca. Está situada no Campo do Monte. A arquitectura da igrexa é sinxela e sobria: está formada por unha planta rectangular, cunha fábrica de cachotaría recebada e pintada agás nos esquinais, e enmarcados nos vans que son de cantería de granito. A igrexa está cuberta de tella e o zócolo é con cornixa voada, sobre da que vai a espadana de dous ocos de campás, moldura mixtilínea embaixo da espadana. Na decoración interior destacan os elementos de carácter xeométrico, que conforman a súa característica principal. No eixo vertical a está porta de entrada rectangular e un oco pequeno que remata na espadana[5][6]. No adro da igrexa está tamén o cemiterio e superficies axardinadas con árbores autóctonas. No medio do adro diante da fachada, hai unha pila bautismal histórica[5].

O cruceiro de Santa Cristina está no Campo da festa. Aséntase nunha plataforma cuadrangular con dous pés de formigón. O pedestal é un tronco piramidal e o varal ten unha sección octogonal que comeza e remata en forma de cadrado. O capitel está moldurado e ten unha cruz de sección octogonal, cun botón central e remates florenzados[5].

O Chan do Castro, ou castro de Montouto é un asentamento fortificado situado entre os lugares de Santín e Figueroa Pequeno. Da idade de ferro-romano, ten unhas dimensións de 160 por 200 metros. Está cuberto por vexetación e non se aprecia a súa morfoloxía. Apréciase que se trataría dunha coroa circular cunha primeira explanada que non pecha o recinto por en enteiro, e outra maior cá anterior que englobaría a todo o conxunto. A conservación é regular e as pistas que se construíron na zona cortan o seu extremo suroriental[5]

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de MontoutoEditar

Lugares da parroquia de Montouto no concello de Abegondo (A Coruña)

Ar | O Campo do Monte | As Carballas | A Casanova | O Couto | O Couto do Medio | O Empalme | A Fraga | O Franco | As Nogueiras | O Pazo | Quintán | San Bartolomeu | Santín | A Taberna Nova

Parroquias da AbegondoEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Abegondo

Abegondo (Santaia) | Cabanas (San Xián) | Cerneda (San Salvador) | Cos (Santo Estevo) | Crendes (San Pedro) | Cullergondo (Santa María) | Figueroa (San Miguel) | Folgoso (Santa Dorotea) | Leiro (Santaia) | Limiñón (San Salvador) | Mabegondo (San Tirso) | Meangos (Santiago) | Montouto (Santa Cristina) | Orto (San Martiño) | Presedo (Santa María) | Sarandós (Santa María) | Vilacova (San Tomé) | Viós (San Salvador) | Vizoño (San Pedro)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  3. Cabeza Quiles, F. (2000). Os nomes da terra. Noia: Toxosoutos. 
  4. Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 "PXOM: Concello de Abegondo". abegondo.gal. 26 de xuño de 2012. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2019. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  6. Turgalicia

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar