Folgoso, Abegondo

parroquia civil do concello de Abegondo

Coordenadas: 43°11′41″N 8°19′19″O / 43.1947235, -8.3220532

Santa Dorotea de Folgoso é unha parroquia do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Ten unha superficie de 3,54 km². Segundo o IGE en 2016 tiña 103 habitantes (57 mulleres e 46 homes) distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 133 habitantes.

Folgoso
Igrexa e cruceiro de Folgoso (Abegondo).jpg
Cruceiro e Igrexa parroquial de Santa Dorotea.
Parroquia de Folgoso do concello de Abegondo.png
ConcelloAbegondo[1]
ProvinciaA Coruña
Área3,54 km²
Poboación103 hab. (2016)
Densidade29,1 hab./km²
Entidades de poboación10[1]
editar datos en Wikidata ]

CulturaEditar

TopónimoEditar

Folgoso é fitotopónimo latino que indica a presenza de moitos fieitos, isto é, unha filgueira. A súa orixe acontece entre o século X e XIII.[2][3]

PatrimonioEditar

Patrimonio arquitectónico e relixiosoEditar

Igrexa de Santa DoroteaEditar

A igrexa de Folgoso está entre o lugar da Cancela e da Igrexa. É dun estilo barroco do século XVIII. E da tipoloxía rural habitual na bisbarra, cunha planta rectangular e unha soa nave. Ten no seu interior un retablo barroco, mais o resto da decoración é sobria. A fachada principal está rematada por unha espadana dobre cun cume en pináculos[4][5].

Cruceiro de FolgosoEditar

O cruceiro áchase preto da igrexa, fóra do muro perimetral da igrexa de Santa Dorotea. É unha obra pedesta de base cadrada e un arranque de fuste de sección cadrada. O último terzo do cruceiro faise con esquinas biseladas e mostrando un capitel con volutas e follas de acanto. Os laterais do cruceiro está decorados con rostros de querubíns. Na cruz atopa polo anverso a imaxe de Cristo e polo reverso a imaxe da Virxe, ambas as dúas figuras realizadas nun talle primitivo[4][5].

O pazo de FolgosoEditar

O Pazo de Folgoso describiuse por primeira vez no ano 1700 e encrávase na Aldea de Abaixo. Aparecía daquela como unha torre e un escudo. Nese templo parroquial tiñan os señores do pazo as súas sepulturas brasonadas que no escudo da torre apenas podíanse ler "Martínez Barbeito". Arestora o pazo asemellase a unha casa labrega tradicional, inda que a parte en forma de "torre" se lle segue a dar ese nome, e como mostran as pegadas nos muros indicando seren unha construción militar[4][5].

Patrimonio arqueolóxicoEditar

Os UllosEditar

No lugar de San Bartolomé foron descubertas por obras de oleoduto, nun 450 metros de cavadas, 24 anacos de cerámica medieval e un lítico do Calcolítico-Idade de Bronce. Porén, nesa zona non foi descuberta ningunha estrutura arqueolóxica asociada a ese material. A construción do oleoduto destruíu parcialmente o xacemento[4].

Casarío de San BartoloméEditar

No lugar de San Bartolomé localizouse un xacemento de fragmentos líticos e cerámica durante as obras de construción dun oleoduto dende A Coruña a Vigo. En 240 metros da vía do oleoduto recolléronse fragmentos de cerámica, no que 68 restos pertencen á Idade Media e dous ao Calcolítico e Idade de Bronce. Nese mesmo tramo tamén se atoparon oito obxectos líticos do Calcolítico/Idade de Ferro. O xacemento foi alterado polas obras do oleoduto e de naves industriais próximas[4].

MámoasEditar

Existen varias mámoas descubertas[4]:

  • Mámoa 3 de San Bartolomé
    • Esta mámoa non ten restos de estruturas pétreas. Ten unha masa tumularia moi espallada, con forma alongada en sentido leste-oeste, por mor dos traballos agrícolas realizados nesa zona. O cono de violación foi colmado por causa deses traballos agrícolas na zona. O estado de conservación é malo.
  • Mámoa 5 de San Bartolomé
    • É un enterramento tumulario de planta circular no que non se aprecian restos de estruturas pétreas nin cono de violación. Consérvase medianamente ben.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Lugares de FolgosoEditar

Lugares da parroquia de Folgoso no concello de Abegondo (A Coruña)

A Aldea de Arriba | Beche | A Braña | Cancela | Coedo | A Igrexa | A Lameira | A Travesa | O Vao | Vilar

Parroquias de AbegondoEditar

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Abegondo

Abegondo (Santaia) | Cabanas (San Xián) | Cerneda (San Salvador) | Cos (Santo Estevo) | Crendes (San Pedro) | Cullergondo (Santa María) | Figueroa (San Miguel) | Folgoso (Santa Dorotea) | Leiro (Santaia) | Limiñón (San Salvador) | Mabegondo (San Tirso) | Meangos (Santiago) | Montouto (Santa Cristina) | Orto (San Martiño) | Presedo (Santa María) | Sarandós (Santa María) | Vilacova (San Tomé) | Viós (San Salvador) | Vizoño (San Pedro)

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 
  3. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 "Orden del DOG nº 184 de 2012/9/26 - Xunta de Galicia". Diario Oficial de Galicia (en castelán) (184). 26 de setembro de 2012. Consultado o 19 de febreiro de 2019. 
  5. 5,0 5,1 5,2 [1] Turgalicia.es

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar