Eume Deportivo
O Eume Deportivo é un equipo de fútbol da localidade coruñesa de Pontedeume. Foi fundado en 1965[1] e o seu maior logro foi a participación durante dúas tempadas na Terceira División de España a comezos da década dos oitenta. Actualmente xoga na Primeira Autonómica de Galicia.
Eume Deportivo | |||
---|---|---|---|
Nome | Eume Deportivo | ||
Alcume(s) | Eume | ||
Fundación | 1965 | ||
Estadio | A Gándara, Pontedeume, A Coruña | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | 1ª Autonómica – Grupo 1 | ||
2017–18 | 4º | ||
Na rede | |||
https://www.facebook.com/Eume-Deportivo-1486168111696416/ | |||
| |||
AntecedentesEditar
A práctica do fútbol en Pontedeume remóntase a comezos do século XX. Así no xornal local Ecos del Eume hai noticias ao longo do ano 1910 de partidos disputados polos clubs locais Eume e Rajoy contra distintos equipos da comarca.
O mesmo xornal informa da fusión dos clubs anteriores en reunión celebrada o 5 de febreiro de 1911 para formar un novo equipo co nome de Puentedeume F.C.[2]. Este club segue existindo en 1922, ano en que a revista coruñesa Marineda informa, no seu número do 1 de novembro, dun dobre enfrontamento entre os equipos de Puentedeume F.C. e Betanzos F.C.[3]. Pouco tempo máis debeu de existir o Puentedeume F.C. xa que en maio de 1923 temos noticia dun partido amigable en Fene entre os equipos eumeses do Alfonso XIII e Breamo F.C.; gañaron os primeiros por 4 a 1[4]. Efémera debeu ser a vida destes dous clubs pois en novembro de 1928 aparecen participando nun torneo organizado en Mugardos, os equipos eumeses de Eume F.C. e Rajoy F.C.[4]. Curiosamente levan o mesmo nome que aqueles que se fusionaran para formar o Puentedeume F.C.
Pouco máis se sabe ata a fundación do Sociedade Deportiva Eumesa en 1951. É de supor que a guerra civil truncou a traxectoria dos clubs eumeses.
Sociedade Deportiva EumesaEditar
A andaina da Sociedade Deportiva Eumesa comeza na tempada 1951/52 participando na Liga de Modestos de Ferrol[5]. Na seguinte tempada aparece encadrado no grupo norte da entón denominada Serie A Rexional (nomeada sucesivamente Primeira Rexional, Rexional Preferente e actualmente Preferente Autonómica de Galicia). Mesmo chega a proclamarse campión do grupo norte na tempada 1954/55 que lle dá dereito a participar na fase de ascenso a 3ª división[6], sen moita fortuna xa que remata na última posición na liguiña que formaban os campións e subcampións dos grupos norte e sur.
Durante as seguintes tempadas alterna a participación na Serie A ou 1ª Rexional e na chamada Liga da Ría, formada por equipos de Ferrolterra, agás os da cidade de Ferrol que tiñan a súa propia competición.
Na primeira metade dos anos 60 desaparece o club debido aos graves problemas económicos que arrastraba.
Eume DeportivoEditar
En 1965 fúndase o Eume Deportivo. Ao pouco da súa fundación, na tempada 1968/69 participa na fase final da 1ª Rexional sen acadar o ascenso á Terceira división[7]. Os maiores éxitos do club prodúcense na primeira metade da década de 1980. Na tempada 1981/82 proclámase campión do grupo norte da Rexional Preferente[8], ascendendo á Terceira División onde permanece durante dúas tempadas enfrontándose a equipos de sona como o Pontevedra CF, o CD Lugo ou o CD Ourense[9][10].
Tralo paso pola 3ª División encadea dous descensos consecutivos a Rexional Preferente en 1984 e á Liga da Ría en 1985 arrastrando unha grave crise económica. Coa reestruturación das ligas galegas queda encadrado no grupo de Ferrolterra da nova Segunda Autonómica de Galicia. Na tempada 2003/2004 ascende á Primeira Autonómica de Galicia na que só permanece unha tempada. Logo doutro paso fugaz por esta categoría na tempada 2007/08, consegue un novo ascenso na seguinte tempada. Desde entón permanece na Primeira Autonómica.
Na tempada 2014/15 acada o título da Copa de Ferrol ao vencer na final ao Narón Balompé por 3-0[11]. Na seguinte tempada é adestrado por Jaime Sánchez Fernández, o que fora xogador do Real Madrid, Deportivo e Racing de Ferrol, entre outros equipos[12], realizando unha excelente campaña ao acadar o 3º posto na Liga e revalida-lo título de Copa ao vencer ao CCRD Perlío por tres goles a cero.
Palmarés e traxectoriaEditar
- Da S.D. Eumesa:
- 1 vez campión da Serie A, grupo norte (1954/55)
- Do Eume Deportivo:
|
|
Categorías inferioresEditar
O club posúe equipos en todas as categorías inferiores desde alevíns ata xuvenís. Este último equipo foi Campión Galego nunha ocasión[15]. Na tempada 2012/13 participou na Liga Galega, grupo 1[16].
Dentro do labor de promoción do fútbol, o Eume Deportivo organiza desde mediados da década de 1990 o Torneo de Fútbol-7 Vila de Pontedeume para nenos de 6 a 10 anos, que xa contou coa participación de grandes equipos nacionais (Real Madrid, Ath. Bilbao) e internacionais (Benfica, FC Porto)[15].
En recoñecemento ao seu labor promocional, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, nomeouno mellor club galego na tempada 1998/99[15].
Presidentes da S.D. Eumesa e do Eume DeportivoEditar
- Juan Raposo Lamas
- Juan Sarmiento Patiño
- Antón Tenreiro Díaz
- Germán González Cuiña
- Tucho Deus
- Manolo Iglesias
- Jerónimo Pérez-Mendaña
- Juan Carlos Pérez-Mendaña
- Manuel Costas Vázquez
- Manuel López, "Minelo"
- Juan Carlos Pérez-Mendaña (2° mandato)
NotasEditar
- ↑ Ficha do Eume en futbolme.com (en castelán)
- ↑ Nova no semanario Ecos del Eume nº 54 (12 de febreiro de 1911), páx. 3 (en castelán)
- ↑ A publicación pode consultarse na Hemeroteca virtual da Real Academia Galega Arquivado 09 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ 4,0 4,1 Jorge Manuel Deza Rey (2005). Historia do Racing Club de Ferrol, tomo I (1919-1939) (1 ed.). Edicións Embora. ISBN 84-95460-40-8., páxinas 110 e 216.
- ↑ Novas nos números 652 e 653 (17 e 24 abril 1952) da Hoja Oficial del Lunes da Coruña (en castelán)
- ↑ Nova en El Pueblo Gallego do 18 de xuño de 1955 (en castelán)
- ↑ El Pueblo Gallego, 5 de xullo de 1969 (en castelán)
- ↑ Hoja Oficial del Lunes da Coruña, 24 de maio de 1982 (en castelán)
- ↑ Terceira división, grupo I (1982/83) en futbolme.com (en castelán)
- ↑ Terceira división, grupo I (1983/84) en futbolme.com (en castelán)
- ↑ La Voz de Galicia, ed. (13/6/2015). "O Eume, campión da Copa de Ferrol de afeccionados". Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ El Noticiero de Arteixo, ed. (6/9/2015). "Club do Mar 4 - Eume Deportivo 2" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06/03/2016. Consultado o 11 de setembro de 2015.
- ↑ Clasificación final da 2ª Autonómica, grupo 3º (2006/07) Arquivado 30 de setembro de 2012 en Wayback Machine. na web da Federación Galega de Fútbol
- ↑ Clasificación final da 2ª Autonómica, grupo 3º (2008/09) Arquivado 30 de setembro de 2012 en Wayback Machine. na web da Federación Galega de Fútbol
- ↑ 15,0 15,1 15,2 Caderniño do 50 Aniversario, páx. 5
- ↑ Liga Xuvenil Galega, grupo I (2012/13)[Ligazón morta] en futbolme.com (en castelán)
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Varios números do semanario Ecos del Eume (en castelán)
- Jorge Manuel Deza Rey: Historia do Racing de Ferrol. Tomo I (1919-1939). Ed. Embora. ISBN 84-95460-40-8
- 50 Aniversario do Eume Deportivo, 1951-2001: Caderno editado polo club co gallo do medio século de existencia.
Ligazóns externasEditar
- Ficha do Eume Deportivo en siguetuliga.com (en castelán)
- Exemplares da Hoja Oficial del Lunes da Coruña na Hemeroteca de Prensa Histórica do Ministerio de Cultura. (en castelán)
- Exemplares de El Pueblo Gallego en Galiciana. (en castelán)