Ecos del Eume
Ecos del Eume foi un semanario editado en Pontedeume entre 1910 e 1918.
Ecos del Eume | |
---|---|
Localidade | Pontedeume |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Semanario independiente, apareceu o 6 de febreiro de 1910. Fundado por Ramón Pena Miró e Rosendo Vilariño Tenreiro, foi dirixido por este último. Os dous fundadores máis Antonio Couceiro Freijomil formaban a redacción. Da parte artística encargarase Antonio Tenreiro Otero. Contou coa colaboración de Manuel Murguía, Francisco Tettamancy, Florencio Vaamonde, Antón Villar Ponte, Amador Rodríguez Guerra e Leopoldo Pedreira Taibo. Estaba en competencia co outro semanario eumés, Breamo. No eido literario, incluíu versos humorísticos en galego do poeta Miguel López Torre. Os textos, de temática variada, ían ilustrados con fotogravados, caricaturas e debuxos. No derradeiro ano de vida, publicou 18 entregas do Folletín: "Pontedeume. Apuntes históricos", de Antonio Couceiro Freijomil. Cesou a súa publicación o 29 de setembro de 1918, co número 449.[1]
Notas
editar- ↑ El Correo Gallego, 14-9-1963, p. 9.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- No centenario de Ecos del Eume Arquivado 08 de xuño de 2013 en Wayback Machine.