Nado en Bergondo no seo dunha familia fidalga que en 1878 se trasladou á Coruña. Alí pasou a súa vida traballando como funcionario de Facenda. Florencio Vaamonde foi un escritor do Rexurdimento, preocupado pola lingua galega e polo esplendor da súa literatura. Foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega (1906) e colaborou na Revista Gallega de Galo Salinas. Vaamonde Lores quixo introducir novas correntes e tendencias na nosa literatura. Quizais guiado pola súa condición de historiador, creou o primeiro poema épico escrito no noso idioma, Os Calaicos1894, que canta as fazañas de María Pita (mito que sería modificado en épocas posteriores por motivos ideolóxicos). Da lectura das súas obras despréndese a vontade de crear unha lingua culta.
Tamén fixo unha labor de tradución dos clásicos greco-latinos ao galego, como Odas de Anacreonte (1897).[1] Usou os pseudónimos "Xan de Ouces", "Fulvio Vergodense", "Pedro de Aldarete" e "Jan Silvóso de Bouzós".