José Ogea
José Ogea Otero, ás veces José Ojea Otero, nado en Cortegada o 16 de agosto de 1845 e finado no mesmo concello o 3 de decembro de 1909,[1] foi un político e escritor galego, membro numerario da Real Academia Galega desde a súa fundación.
José Ogea | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 16 de agosto de 1845 |
Lugar de nacemento | Cortegada |
Falecemento | 3 de decembro de 1909 |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor e político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Militou no Partido Republicano e participou en pronunciamentos e movementos políticos en favor da Primeira República Española. Foi deputado no Congreso polo distrito de Bande (1873-1874). Ao caer a República, foi perseguido e tivo que exiliarse en Portugal. Co reinado de Afonso XII puido regresar á súa casa de Cortegada onde se dedicou a escribir.
Foi amigo dos grandes intelectuais do Rexurdimento como Manuel Curros Enríquez (ao que lle escribiu o prólogo de Aires da miña terra) e Manuel Murguía (que prologou a súa obra Célticos. Cuentos y leyendas de Galicia).
ObrasEditar
Entre outras:
- La visión dantesca. Vigo: Imp. de M. Fernández Dios, 1882.
- Céltigos. Cuentos y leyendas de Galicia. Ourense: Imp. por Antonio Otero, 1883. Prólogo de Murguía.
- El mundo rural. Cuadros de costumbres. A Coruña: Andrés Martínez, 1890. Reedición na Biblioteca Gallega de Martínez Salazar.
- Olas rugientes: estudio dramático-filosófico. Ourense: Imp. de El Miño, 1898.
- No seminario da Habana, La Tierra Gallega, dirixido por Curros Enríquez, publicou a novela “Regalo de la vida”, que comezou a saír no nº 60 (1895).
- No semanario En Marcha, da mesma capital, viu a luz en 1906 a novela “Gentes sencillas”.
NotasEditar
- ↑ Ficha Arquivado 29 de decembro de 2014 en Wayback Machine. na Real Academia Galega
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Ogea |
BibliografíaEditar
- O farmacéutico e deputado de Cortegada. José Ojea. Ourense: Deputación Provincial de Ourense ; Real Academia Galega. 2016. ISBN 978-84-16643-02-8.
- Murguía, Manuel. Boletín de la Real Academia Gallega nº 31, 1909, p. 166 - 167 Arquivado 12 de decembro de 2013 en Wayback Machine.