Juan Naya Pérez

xornalista e historiador galego

Juan Naya Pérez, nado na Coruña o 23 de febreiro de 1914 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1993, foi un xornalista e historiador galego. Entre os seus innumerábeis nomeamentos ostentaba o de Cronista oficial da cidade da Coruña, o de arquiveiro-bibliotecario da Real Academia Galega, e o de académico numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, da que tamén foi secretario xeral.

Juan Naya Pérez
Nacemento23 de febreiro de 1914
 A Coruña
Falecemento1 de febreiro de 1993
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e historiador
CónxuxeNatalia Castiñeiras Regueira
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi un home autodidacta que non posuía ningún título académico, mais dunha gran cultura adquirida na lectura dos libros e xornais, e dos traballos dos que se poden considerar os seus mestres: Ángel del Castillo o seu predecesor como cronista oficial da Coruña, Félix Estrada Catoyra, Manuel Murguía, Francisco Tettamancy e sobre todo, César Vaamonde Lores a quen sucedeu como Arquiveiro-Bibliotecario da Real Academia Galega, e foi quen o instruíu desde moi novo en paleografía, epigrafía, heráldica e numismática, pasando de discípulo a colaborador.

A súa carreira xornalística transcorreu en La Voz de Galicia onde levaba a sección de "Hai 50 anos" e outra sobre a vida local de título "Peneirando", cun estilo irónico moi persoal ao narrar as anécdotas locais.

ObrasEditar

Amais dos seus artigos xornalísticos, algunhas das súas publicacións foron:

  • Murguía y su obra poética (A Coruña, 1950).[1]
  • Inéditos de Rosalía (Vigo, 1953).[2]
  • Una obra desconocida del arquitecto Domingo Lois Monteagudo: el palacio del marqués de Viance, en Bóveda (A Coruña, 1957).[3]
  • Antología y poemas de Rosalía de Castro (Porto, 1958).[4]
  • El traje (Vigo 1964).[5]
  • Noticia histórica de las Galerías coruñesas y relación de arquitectos de la Coruña desde que se creó el cargo hasta el presente (A Coruña, 1965)
  • Relación de los alcaldes propietarios de la Coruña desde 1840 hasta el presente (A Coruña 1975).[6]
  • Testimonios de una orientación artística cartas cruzadas entre Ovidio Murguía y su padre (A Coruña, 1968).[7]
  • Dos misivas de Valle-Inclán a Murguía (A Coruña: Moret, 1970).[8]
  • Los Poetas gallegos y Curros Enríquez (A Coruña, 1969-1970).[9]
  • Recordando al maestro. La arquitectura civil de La Coruña (1970).[4]
  • Calles y plazas coruñesas (A Coruña, 1970[10] e 1975, dous tomos).
  • El final de una estirpe: Rosalía de Castro y Manuel Murguía (A Coruña, 1974).[11]
  • Historia de la ciudad representada en las tallas del Salón Capitular del Palacio Municipal (A Coruña, 1976).[12]
  • Resumen de la Historia de la Coruña (1981).[13]
  • Estudios acerca de la familia Murguía-Castro (A Coruña, 1998).

Outros nomeamentosEditar

Era membro, amais das nomeadas e entre outras, das seguintes institucións: Instituto Xosé Cornide de Estudos Coruñeses, Academia da Historia de San Fernando, Asociación Internacional para o Progreso da Cultura (Roma), Padroado do Museo Arqueolóxico e Histórico da Coruña, Padroado Rosalía de Castro, Sociedade Martíns Sarmento de Guimarães (Portugal); director da Casa Museo de Emilia Pardo Bazán, Asociación Cultural Ibero Americana da Coruña.


Predecesor:
César Vaamonde Lores
 Arquiveiro/Bibliotecario da RAG 
1946-1993
Sucesor:
Antonio Gil Merino


Predecesor:
Ángel del Castillo
  
Cronista Oficial da Coruña
 
1961-1993
Sucesor:
María de la O Suárez Rodríguez


Notas

  1. "Catálogo". Real Academia Galega. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  2. "Inéditos de Rosalía". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  3. Naya Pérez, Juan (1957). "Una obra desconocida del arquitecto Domingo Lois Monteagudo: el palacio del marqués de Viance, en Bóveda". Boletín da Real Academia Galega (321-326): 165–173. ISSN 1576-8767. 
  4. 4,0 4,1 "Juan Naya Pérez". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  5. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  6. "Relación de los alcaldes propietarios de la Coruña desde 1840 hasta el presente". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  7. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  8. "Catálogo". Real Academia Galega. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  9. "Catálogo". Real Academia Galega. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  10. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  11. "Catálogo". Real Academia Galega. Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  12. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 
  13. "datos.bne.es". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 23 de febreiro de 2021. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar