Ramón Pena Miró

avogado e xornalista galego

Ramón Pena Miró, nado en Pontedeume e finado na Coruña o 7 de novembro de 1951,[1] foi un avogado e xornalista galego.

Infotaula de personaRamón Pena Miró
Biografía
NacementoPontedeume, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de novembro de 1951 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xornalista Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Procurador dos tribunais en Pontedeume e empregado da fábrica e casa bancaria La América. Foi correspondente de La Voz de Galicia e Follas Novas en Pontedeume.[2] Fundou con Rosendo Vilariño Tenreiro o periódico Ecos del Eume do que foi redactor. A partir de febreiro de 1917 asumiu a dirección da revista Cultura Campesina. Foi secretario interino do concello de Pontedeume (1924-1925).[3] Foi administrador do Banco Pastor.

Vida persoal editar

Casou con Josefa Ferro Piñeiro e foi pai de Ramón, Jesús, Andrés, Manuel, Rodrigo e Josefina Pena Ferro.

Notas editar

  1. La Voz de Galicia, 8-11-1951, p. 4.
  2. Follas Novas, 10-9-1905, p. 3.
  3. El Pueblo Gallego, 30-6-1925, p. 15.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar