Cultura Campesina
Cultura Campesina foi unha revista editada en Fene entre 1915 e 1917.
Cultura Campesina | |
---|---|
País | España |
Lugar | Fene |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulada Folleto-revista (na contraportada incluía o lema Instrucción y agrarismo), apareceu a finais de 1915, ao servizo da sociedade agraria La Necesaria de Fene vencellada á Federación Agrícola Ferrol-Pontedeume. Revista mensual de 16 páxinas que incluía algunhas fotografías, estaba dirixida por Genaro Moreda Martínez e o administrador era Manuel Montero Corbeira. Entre os seus colaboradores figuraron Martín Lázaro Calvo, Francisco Cabo Pastor, Emiliano Balás Silva e Heraclio Pérez Placer. A partir do número de febreiro de 1917 asumiu a dirección Ramón Pena Miró, logo da detención do seu anterior director[1]. O último número coñecido é o 24, que corresponde a agosto de 1917.
Notas
editar- ↑ El Noroeste, 22-3-1917, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Cabo Villaverde, Miguel (2003). Duen de Bux, ed. Prensa agraria en Galicia. Ourense. pp. 143–145. ISBN 84-932078-3-7.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. p. 511. ISBN 84-7492-489-8.