Complexo Deportivo das Eiroas

recinto deportivo en Bértoa, Carballo

Coordenadas: 43°14′08″N 8°41′13″O / 43.235416666667, -8.6868888888889

O Complexo Deportivo das Eiroas é unha instalación deportiva situado na parroquia de Bértoa, no Polígono industrial; o seu propietario é o concello de Carballo.

Complexo Deportivo das Eiroas
Vista do campo
Datos
LocalizaciónRúa Bronce, no Polígono de Bértoa
Carballo, Galicia
Construción
Inauguración2001
Estadio
SuperficieHerba artificial
Dimensións105 x 65
Capacidade3.500
PropietarioConcello de Carballo
LocalíaBergantiños FC

Conta con dous recintos dedicados á práctica do fútbol, o Campo Municipal das Eiroas (inaugurado no 2001) e un campo anexo (inaugurado no 2009, cunhas dimensións de 99 x 51 e con capacidade para 2500 espectadores). No estadio principal xoga os seus partidos como local o principal equipo de fútbol da localidade, o Bergantiños FC.

No 2008 renovouse o céspede artificial. Nestas instalacións agroman os talentos das Escolas Luis Calvo Sanz, encargadas da base do fútbol carballés.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar