Sociedade Deportiva Compostela

equipo de fútbol galego da cidade de Santiago de Compostela
(Redirección desde «SD Compostela»)

A Sociedade Deportiva Compostela é un equipo de fútbol galego da cidade de Santiago de Compostela. Foi fundado o 1 de xullo de 1928 por Ramón Castromil Casal e na tempada 2023-24 compite na Segunda División RFEF.

SD Compostela
NomeSociedade Deportiva Compostela
Alcume(s)Compos;
Esedé;
Picheleiros
Fundación1 de xullo de 1928
EstadioEstadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro
Inauguración24 de xuño de 1993
Capacidade16.666
PresidenteGalicia Antonio Quinteiro
AdestradorGalicia Juan Carlos Andrés
LigaSegunda División RFEF - Grupo 1
2022/2023
VestimentaAdidas
Na rede
http://www.sdcompostela.com/
Titular
Alternativo

É considerado un dos equipos históricos de Galicia por historia e tradición,[1] sendo o cuarto equipo do país en debutar na Primeira División, máxima categoría da Liga, tras o Celta, o Deportivo e o Pontevedra, e situándose como o terceiro mellor equipo galego na Clasificación histórica de Primeira, na que ocupa o posto 39º, tras vigueses e coruñeses, pese a disputala tan só catro tempadas, desde a 1994/95 até a 1997/98.

Nome do club editar

Ao longo da súa historia, o Compostela viu como o nome do club variou por diversas circunstancias até a súa denominación actual de Sociedade Deportiva Compostela, nome histórico do club, vixente de novo desde 2011.

  • Sociedade Recreativa Compostela (1962)
  • Sociedade Deportiva Compostela (1962–1994)
  • Sociedade Deportiva Compostela, S.A.D. (1994–2010)
  • Sociedade Deportiva Campus Stellae (2010–2011)
  • Sociedade Deportiva Compostela (2011–)

Historia editar

Orixes e antecedentes (1928-1962) editar

En 1928 varios estudantes de Santiago de Compostela decidiron fundar da man de Ramón Castromil Casal o Compostela Foot-ball Club, que militou na Serie B galega até o estalido da Guerra Civil, estando considerado daquela o mellor equipo da cidade. Xogaba os seus encontros no antigo campo da Choupana, sendo algúns dos xogadores máis destacados daquela época Pachuco, Jesús Porto Aldrey, os irmáns Pombo, o propio Ramón Castromil ou o futuro refundador da entidade, Elisardo García.

A comezos da década dos 40, Ramón Castromil volveu fundar o club con pouco éxito debido ás dificultades da posguerra, vendo entre outras cousas, como o antigo campo da Choupana desaparecera para construírse no seu lugar o Hospital Gil Casares. Nesa época, o decreto do Estado que impedía os estranxeirismos fixo mudar o nome do club a Compostela Club de Fútbol, sendo popularmente coñecido como Club Compostela. Finalmente, a importancia adquirida polo club anos atrás desaparece en 1946 cando se ve superado pola relevancia do Club Santiago, antigo Racing Club San Lorenzo, e remata por desaparecer en detrimento deste e do Club Arenal.

Nacemento da Sociedade Deportiva Compostela, crecemento e gloria editar

Coa desaparición do Club Santiago no ano 1962, e coa escasa relevancia do Club Arenal na cidade de Santiago, varios ex-socios do desaparecido Club Compostela decidiron fundar unha nova entidade nunha asemblea celebrada no Hostal dos Reis Católicos o 26 de xuño de 1962, comezando de novo nas divisións rexionais galegas, baixo o nome de Sociedade Recreativa Compostela. O 28 de outubro do mesmo ano, o Club Arenal fusionouse coa SR Compostela pasando o club a denominarse Sociedade Deportiva Compostela e pasando o Club Arenal a desempeñar as funcións de equipo filial. O primeiro adestrador do club foi o uruguaio Dagoberto Moll, co que o Compostela conseguiu o ascenso a Terceira división no seu primeiro ano de existencia, manténdose na categoría de bronce durante as seguintes sete tempadas.[2] Tras varios anos alternando a Serie A rexional e a Terceira división, logrou o ascenso á Segunda división B na tempada da creación da categoría, a 1977/78, con Carlos Torres no banco.[3]

Desde entón e durante os anos oitenta, a SD Compostela alternou a Segunda B coa Terceira até que a finais da década a historia do club mudaría para sempre coa chegada á presidencia do empresario santiagués do sector da electricidade José María Caneda en 1988, e a incorporación en 1989 do adestrador Fernando Castro Santos.[4] Na primeira tempada deste, a 1989/90, o equipo regresou á Segunda B, e ao ano seguinte, na tempada 1990/91, logrou ascender á Segunda división por primeira vez na súa historia logo de quedar terceiro na fase regular e de vencer no grupo de ascenso, superando no mesmo a Club Deportivo Alcoyano, CD Badajoz e Deportivo Alavés.

O equipo permaneceu na Segunda división durante tres tempadas: na primeira, a 1991/92, quedou sexto, na segunda, a 1992/93, duodécimo, e finalmente na terceira, a 1993/94, o Compostela foi terceiro e xogou a promoción de ascenso á Primeira división fronte ao Rayo Vallecano de Madrid. Tras remataren ambos encontros en empate (1-1 no Campo de Fútbol de Vallecas e 0-0 en San Lázaro),[5] disputouse un terceiro xogo de desempate nun campo neutral, o Estadio Carlos Tartiere de Oviedo, que rematou coa vitoria compostelá por 3 a 1, con goles de Ohen (2) e José, e que supuxo o ascenso da Esedé á Primeira división. O equipo titular dese partido estivo formado por Iru, Modesto II, Tocornal, Modesto I, Bellido, Bodelón, Abadía, Fabiano, Pichi Lucas, Ohen e Suso Moure. Tamén xogaron Víctor e José.[6]

A SD Compostela xogou na Primeira división catro tempadas consecutivas, de 1994 1998. E tras acadar na primeira delas, a 1994/95, a salvación na derradeira xornada na casa ao vencer por 2-0 ao CD Tenerife, púxose punto e final a sete anos de exitosa traxectoria de Fernando Castro Santos á fronte do equipo. Para a tempada 1995/96 o equipo contratou como adestrador a un por aquel entón descoñecido no fútbol profesional Fernando Vázquez, sendo precisamente ese ano cando o equipo asinou a súa mellor tempada da historia, chegando a ser subcampión de inverno só por detrás do Atlético de Madrid ao termo da primeira volta, para rematar a liga nunha digna décima posición. Destacou naquela tempada unha histórica vitoria por 4-0 no derbi fronte ao Deportivo de Toshack en San Lázaro, con goles de Fabiano (2), José Ramón e Ohen.[7] O equipo xogou en Primeira división dúas tempadas máis, a 1996/97 e a 1997/98, rematando nesta última no posto décimo sétimo e descendendo á Segunda división tras perder a promoción contra o Vilarreal CF polo valor dobre dos goles fóra de casa (0-0 no Estadio do Madrigal e 1-1 en San Lázaro).

Equipo da SD Compostela na campaña 1995/96, con Fernando Vázquez de adestrador:[8]

Posto País Xogador
1 POR   Falagán
2 POR   Fernando
3 DEF   Mauro
4 DEF   Nacho
5 DEF   Villena
6 DEF   Bellido
7 DEF   Tocornal
8 DEF   Virgilio
9 DEF   Dulce
10 DEF   Toño Castro
11 MED   José Ramón
12 MED   Lekumberri
Posto País Xogador
13 MED   Fabiano
14 MED   Franck Passi
15 MED   Eraña
16 MED   Abadía
17 MED   Paco Llorente
18 MED   Toni
19 MED   Skočić
20 DIA   Ohen
21 DIA   Bent Christensen
22 DIA   Paniagua
23 DIA   Festus Agu
34 DIA   Vilaseca

O presidente da entidade tomou o descenso como unha tempada de transición, e tentou recuperar a máxima categoría. Para isto non escatimou en gastos, mantendo boa parte da formación anterior e fichando outros xogadores de renome, como os internacionais Nando e Dmitri Radchenko. Porén, o equipo rematou oitavo na clasificación, e os problemas económicos comezaron a facerse patentes. Así as cousas, na seguinte campaña, a 1999/00, o equipo estivo a piques de descender, e finalmente na tempada 2000/01 descendeu á Segunda B tras rematar a liga no posto décimo noveno da clasificación.

Nesa categoría volveuse cometer o erro de manter a formación da campaña anterior cos mesmos salarios, e as débedas levaron consigo atrasos e complicacións nos pagamentos. Aínda así, o equipo terminou terceiro na campaña 2001/02, e superou na liguiña de ascenso a Mérida Unión Deportiva, Valencia CF Mestalla e FC Barcelona B, volvendo á Segunda división tan só un ano despois do seu descenso.

 
Partido do SD Compostela co CD Lugo en Segunda B na tempada 2009-2010.

A campaña 2002/03 foi até agora a última na elite profesional. No seu regreso á Segunda división, o equipo, dirixido por Luis Ángel Duque, terminou noveno malia estaren os xogadores toda a tempada sen cobrar. O impagamento das débedas a xogadores agravouse cando un xuíz, a falta de 2 días para concluír o prazo de inscrición, determinou que o club debía avalar 13 millóns de euros para continuar na Liga de Fútbol Profesional. Ao non poder presentar dito aval, o equipo foi descendido administrativamente á Segunda B, ocupando o seu lugar na Segunda división o Club Deportivo Leganés.

O afundimento: I Parte editar

Tras o descenso e a marcha da inmensa maioría dos xogadores que non percibiran as súas débedas, a formación compostelá afrontou a tempada con moi poucos efectivos e finalmente, tras unha pésima campaña na que os problemas económicos non desapareceron, a SD Compostela rematou a tempada 2003/2004 en penúltima posición do Grupo II de Segunda B consumando o seu descenso á Terceira división. Mais o impagamento das débedas contraídas con xogadores e empresas, estimadas en máis de mil millóns de pesetas, provocou ademais un novo descenso administrativo, desta vez á Preferente Autonómica galega, categoría á que o Compos volvía case trinta anos despois. Así as cousas, e co club ao bordo da desaparición,[9] nese mesmo ano 2004 o consello de administración aprobou iniciar o proceso de liquidación da entidade, pese á oposición dalgúns socios e do expresidente, José María Caneda. No verán de 2006 vendéronse mediante poxa todos os bens do equipo, incluídos os trofeos do club, a marca SD Compostela, os accesorios de lavandería, os coches do club, o material de oficina ou os sistemas de calefacción.[10] Nesa poxa o expresidente José Albarrán pagou 61.260 euros por todos os trofeos logrados polo equipo nos seus máis de 40 anos de historia para que estes non se perdesen.[11][12]

O rexurdimento: I Parte editar

Ao mesmo tempo que se iniciaba o proceso de liquidación da sociedade anónima SD Compostela, creouse en 2004 en Santiago de Compostela outro club (SD Campus Stellae) que herdou a xestión e explotación dos dereitos deportivos do club compostelán baixo a fórmula de cesión ao mesmo tempo que asumiu a xestión dos equipos deportivos da sociedade anónima en liquidación. O expresidente José María Caneda adquiriu na poxa pública o nome SD Compostela, e posteriormente pasou a ocupar a presidencia da SD Campus Stellae. Esta operación permitiu refundar o equipo, xa que xuridicamente se trataba doutro club (SD Campus Stellae) que carecía de débedas e que xestionaba os equipos deportivos da entidade que estaba a ser liquidada, utilizando a marca deportiva SD Compostela.[13] Isto permitiulle competir en categorías nacionais con este nome, pese á oposición dos administradores concursais do equipo.[14]

Tras catro tempadas en Preferente Autonómica, desde 2004 a 2008, finalmente o club conseguiu o ascenso á Terceira división na tempada 2007/2008, e iniciou a tempada 2008/2009 co obxectivo de ascender á Segunda B, conseguíndoo ao final da campaña tras proclamarse campión e imporse na promoción de ascenso ao Atlético Monzón aragonés (3-0 e 2-1).[15]

O afundimento: II Parte editar

A tempada 2009/10 non foi boa para a SD Compostela e de novo volveron repetirse os mesmos erros do pasado. Así, os impagamentos continuados, as ameazas de folga por parte dos xogadores, as débedas acumuladas e o mal inicio de liga, condenaron a SD Compostela ao descenso, que se fixo oficial a falta dunhas xornadas para o final da liga. A tempada foi moi mala pero tivo os seus bos momentos, como ser o primeiro equipo en puntuar en Ipurua, feudo da SD Eibar, tras ir perdendo 2-0, ou as vitorias a domicilio nos derbis xogados en Pasarón e na Malata ante o Pontevedra CF e o Racing de Ferrol.

Tras esa desastrosa tempada 2009/10, a tempada seguinte o Compos volveu á Preferente Autonómica, acumulando de novo ao descenso deportivo un descenso administrativo por impagamentos,[16] ao tempo que a Federación Galega de Fútbol instaba ao club a utilizar o nome de SD Campus Stellae e non o de SD Compostela que viña utilizando.[17] Ademais, ese mesmo ano producíase o arquivo definitivo do concurso da sociedade anónima deportiva.[18]

O rexurdimento: II Parte editar

En febreiro de 2011, Antonio Quinteiro, un empresario de Lestedo que de mozo xogara nas categorías inferiores do club, comproulle o club a Caneda coa intención de sanealo e de levalo de novo a categoría profesional.[19] Así, unha directiva renovada, procedente da área empresarial e profesional e coñecedora do mundo futbolístico, fíxose cargo dun equipo que ía á deriva a comezos de 2011 tras adquirir todos os dereitos legais, facer fronte ás débedas acumuladas e lograr a recuperación do nome fundacional,[20] extremo confirmado pola FGF o 22 de xullo de 2011.[21] Desde entón a entidade volveu denominarse SD Compostela e tivo entre os seus retos inmediatos volver ás categorías de honra do fútbol español co apoio de toda a cidade e a comarca. Nesa primeira tempada do novo equipo directivo, a 2010/2011, o equipo logrou endereitar o rumbo na segunda volta, pero rematou a liga na oitava posición, lonxe dos postos de ascenso.

Na seguinte campaña, a primeira completa de Quinteiro á fronte da nave compostelanista, o equipo proclamouse campión da Preferente Autonómica de Galicia 2011/12 e ascendeu á Terceira división da man do adestrador Anxo Casalderrey, xusto no ano do seu 50 aniversario. Tamén ese mesmo ano foi inaugurada a sala cos trofeos da historia do club, chamada José Albarrán en homenaxe ao expresidente que os salvagardou mercándoos seis anos antes.[22][23][24] Tan só un ano máis tarde, e xa con Fredi Álvarez como adestrador, rematou a fase regular da Terceira ocupando o terceiro posto, o que lle outorgou o dereito a participar na fase de ascenso a Segunda B. O 30 de xuño de 2013 conseguiu o ansiado ascenso á categoría de bronce do fútbol español ao superar ao CD Cieza (2-0 e 0-2) na terceira eliminatoria do playoff, tras eliminar previamente ao CD Ebro (4-0 e 2-2) e á AD San Juan (3-0 e 1-1).

No seu regreso á Segunda B, o equipo dirixido por Fredi rematou a tempada 2013/14 en décimo terceira posición, logrando así a permanencia.

Para a nova tempada 2014/2015 o club contratou ao adestrador vasco Iñaki Alonso e fixo unha profunda renovación no equipo co obxectivo de loitar polo ascenso á Segunda división máis de dez anos despois. Tras unha tempada bastante regular o club consegue clasificarse para a Copa do Rei pero non para a fase de ascenso, ao rematar na sexta posición. O técnico vasco seguiu na tempada seguinte, ata que foi destituído en novembro debido aos malos resultados do equipo, que ocupaba a 19ª praza da táboa.[25] Manuel Estévez, adestrador dos xuvenís,[26] fíxose cargo do equipo ata a contratación en febreiro de Fredi Álvarez, que comezaba a súa segunda etapa á fronte do Compostela.[27][28] O novo adestrador non conseguiu que o equipo levantase o voo, consumándose un novo descenso á Terceira División.

Tras a dimisión de Fredi e do director deportivo, Pedro Quinteiro,[29] o Compostela iniciou unha nova etapa con Yago Iglesias como adestrador. e con 20 xogadores novos.[30] Despois dunha tempada de transición na que o equipo quedou en sétima posición, na tempada tempada 2017/18 e co ex capitán Manuel Castiñeiras como director deportivo deportivo,[31] conseguiron clasificarse para xogar a fase de ascenso, ao rematar como campións do seu grupo. Con todo, non conseguiron o ascenso nin ese ano nin o seguinte, no que tamén xogaron a fase de ascenso despois de rematar a liga en terceira posición.[32][33]

Na tempada 2019/20 o Compostela fixo de San Lázaro un fortín, logrando 13 vitorias consecutivas como local ata que perdeu contra a UD Ourense na xornada 27.[34] Despois deste partido a competición foi suspendida por mor da pandemia por coronavirus, e un mes despois a liga deuse por finalizada,[35] sendo proclamado campión o Compostela, que ocupaba a primeira posición da táboa.[36] Para determinar os ascensos creouse un sistema de eliminatorias máis reducido que o habitual, onde se enfrontarían entre eles os catro primeiros clasificados de cada grupo, ascendendo un equipo por grupo. No grupo galego os partidos xogáronse no Estadio de Balaídos, onde o Compostela eliminou en semifinais ao Barco por 3 a 1 con goles de Jimmy, Primo e Gabri Palmas.[37] Na final enfrontouse ao Ourense Club de Fútbol, que viña de eliminar ao Arousa. O Ourense adiantouse no minuto 12 cun gol de Adrián Castro e mantivo a vantaxe ata que no minuto 68 un penalti realizado sobre Brais Abelenda foi transformado por Pablo Antas. En caso de empate ascendía o Compostela por ser o campión do grupo, polo que co 1-1 final o club santiagués volveu á Segunda B catro anos despois.[38]

Xogadores editar

Equipo da SD Compostela na tempada 2022/23, con Fabiano Soares de adestrador:[39]

Posto País Xogador
1 POR   Pato Guillén
2 DEF   Roque
3 DEF   Martín Salvador
4 DEF   Álvaro Casas
5 DEF   Pablo Crespo
6 DEF   Damián Canedo
7 DIA   Cano
8 MED   Jordan
9 MED   Elliot
10 MED   Parapar
11 MED   Mario R.
13 POR   Borja Rey
Posto País Xogador
14 MED   Samu
17 DEF   Riki Mangana
18 MED   Fer Beltrán
19 DIA   Darío
20 MED   Jaime Santos
21 MED   Pablo Antas
22 DIA   Allyson
24 MED   Mario Constenla

Presidentes editar

Presidentes que tivo a entidade ao longo da súa historia[40]:

  • 1. Elisardo García Fernández, 1962-1965
  • 2. José Domínguez Noya, 1965
  • 3. José Luis Maceira Vidán, 1965-1966
  • 4. Ángel J. López Guerrero, 1966-1969
  • 5. Pedro Romero Puente, 1969-1970
  • 6. José Albarrán Juárez, 1970-1978
  • 7. José Manuel Mayán Santos, 1978-1983
  • 8. Antolín Porto Vázquez, 1983-1984
  • 9. Francisco Estepa Campos, 1984-1986
  • 10. Manuel Carballal Pazos, 1986-1988
  • 11. José María Caneda Antelo, 1988-2003
  • 12. Juan Silva Alvite, 2003-2004

Escudo e uniforme editar

O escudo da SD Compostela segue a ser o mesmo desde a fundación do club e os únicos cambios producidos, en 1980, 1994 e 2012 constituíron simples actualizacións do deseño orixinal. Ten forma de triángulo isóscele invertido, cos laterais a describir unha leve curva e, desde 1980, por riba da base do triángulo aparece, dentro dun rectángulo, a palabra COMPOSTELA. No interior, separados por unha liña diagonal que vai da esquina superior esquerda á metade do lateral dereito do escudo, aparecen as dúas cores do club: a azul (á dereita da diagonal) e a branca (á esquerda), situándose sobre elas a Cruz de Santiago. Finalmente, na parte azul do escudo, aparecen, por riba da cruz, as letras S e D en cor branca. Os bordos do escudo, así como a palabra Compostela, son de cor dourada.[41][42]

  • Uniforme titular: Camiseta branquiazul, pantalóns brancos e medias branquiazuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta vermella, pantalóns vermellos e medias vermellas.

Himno editar

Estadio editar

 
Vista do estadio.

Actualmente o club disputa os seus encontros como local no Estadio Municipal Verónica Boquete de San Lázaro, un estadio multiúsos, inaugurado o 24 de xuño de 1993 e que é propiedade do Concello de Santiago. Foi obra do arquitecto galego Andrés Fernández-Albalat Lois e conta cunha capacidade de 16 666 espectadores. É de herba natural e posúe unhas dimensións de 105 x 68 metros. Atópase situado na Avenida de Fernando Casas Novoa, ao noroeste da cidade, no barrio de San Lázaro. O terreo de xogo atópase rodeado por unha pista de atletismo, mentres que nos arredores do estadio, o club dispón dun campo de fútbol anexo para os adestramentos, cunhas dimensións de 105 x 68 metros. Conta ademais cun aparcadoiro ao redor do recinto con capacidade para 2.000 vehículos.

Até a inauguración do novo estadio, o equipo xogou en distintos campos da cidade, sendo o máis lembrado o Campo Municipal de Santa Isabel, en Vista Alegre, ao que accedeu tras xogar previamente en campos como o Estadio da residencia universitaria ou o antigo campo da Choupana.

Datos do club editar

  • Tempadas en : 4
  • Tempadas en : 7
  • Tempadas en 2ªB: 13 (Incluída a 2014/15)
  • Tempadas en : 18
  • Tempadas en Preferente: 11

Datos en Primeira división editar

Historial por tempadas editar

Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1962/63 Serie A      
1963/64
1964/65
1965/66
1966/67
1967/68
1968/69
1969/70    10º   2ª rolda
1970/71 Serie A      
1971/72 11º 1ª rolda
1972/73    18º   2ª rolda
1973/74 Serie A
1974/75 Serie A
1975/76 Serie A      
1976/77       2ª rolda
Tempada Categorí Posto Copa do Rei
1977/78 2ªB    18º   1ª rolda
1978/79 12º 1ª rolda
1979/80       3ª rolda
1980/81 2ªB 2ª rolda
1981/82 2ªB 15º 2ª rolda
1982/83 2ªB 11º
1983/84 2ªB 14º 1ª rolda
1984/85 2ªB 15º
1985/86 2ªB    18º  
1986/87
1987/88 1ª rolda
1988/89
1989/90      
1990/91 2ªB       3ª rolda
1991/92 5ª rolda
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
1992/93 12º 5ª rolda
1993/94       4ª rolda
1994/95 16º 4ª rolda
1995/96 10º 1/8 de final
1996/97 11º 1/8 de final
1997/98    17º   3ª rolda
1998/99 2ª rolda
1999/00 18º 1/4 de final
2000/01    19º   3ª rolda
2001/02 2ªB       1ª rolda
2002/03       1ª rolda
2003/04 2ªB    19º   2ª rolda
2004/05 Preferente 16º
2005/06 Preferente 14º
2006/07 Preferente
Tempada Categoría Posto Copa do Rei
2007/08 Preferente      
2008/09      
2009/10 2ªB    20º   1ª rolda
2010/11 Preferente
2011/12 Preferente      
2012/13      
2013/14 2ªB 13º
2014/15 2ªB
2015/16 2ªB    19º   1ª rolda
2016/17
2017/18
2018/19 2ª rolda
2019/20      
2020/21 2ª B

Palmarés editar

SD Compostela "B" editar

Fundado en 1948, o club compostelán Vista Alegre SD converteuse no equipo filial da SD Compostela en 1990, e tras integrarse na estrutura do club en 1996 e mudar o seu nome para o de SD Compostela "B" en 1997, foi durante varios anos un dos equipos punteiros da Terceira División galega, chegando a gañala até en tres ocasións, mais sen éxito nas tres fases de ascenso a Segunda División B disputadas. Desapareceu no verán de 2004 tras un meritorio sétimo posto acadado na súa derradeira campaña na Terceira, a 2003/04, debido á precaria situación económica que atravesaba o equipo matriz, que nese mesmo verán acumulou ao descenso deportivo de Segunda División B a Terceira, outro administrativo por impagamentos de Terceira a Preferente Autonómica.[43][44]

Desde a tempada 2014/2015 o CF Ponte-Camporrapado, de Camporrapado, no concello de Boqueixón, é o novo filial da SD Compostela.

Principal palmarés:

Notas editar

  1. Ayuntamiento de Ames. "Bertamiráns FC recibe al líder de la categoría, la SD Compostela". Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2014. Consultado o 27 de decembro de 2012. 
  2. "Historia da SD Compsotela". sdcompostela.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 17 de decembro de 2020. 
  3. "Fiesta en Santa Isabel". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 1977. p. 34. 
  4. "Que foi do Compostela, hai dez anos en primeira?" Arquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine., A Nosa Terra, 26 de outubro de 2008.
  5. Muñoz, Miguel Ángel (23 de maio de 1994). "El Rayo choca con su ineficacia" (PDF). Mundo Deportivo (en castelán). p. 16. Consultado o 7 de xullo de 2022. 
  6. "Edición del Thursday 2 June 1994, Página 28 - Hemeroteca - MundoDeportivo.com". hemeroteca.mundodeportivo.com. Consultado o 2020-04-18. 
  7. "O Compostela apabulla ao Deportivo ao gañar por 4-0". La Voz de Galicia. 10 de setembro de 2020. Consultado o 22 de outubro de 2020. 
  8. "Plantilla del Compostela 1995-96". www.bdfutbol.com. Consultado o 2020-04-18. 
  9. "El Compostela, al borde de la desaparición al reconocer los accionistas que no pueden pagar la deuda" Libertad Digital, 12 de abril de 2004 (en castelán).
  10. Se puso en marcha la subasta de los bienes del Compostela Arquivado 07 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (El Correo Gallego, 01.06.2006)
  11. El ex presidente José Albarrán pagará 61.260 euros por los trofeos de la SD Arquivado 08 de maio de 2018 en Wayback Machine. (Galicia Hoxe, 4.7.2006)
  12. «Vendrán tiempos mejores para el Compostela». La Voz de Galicia. 8 de xullo de 2006. (en castelán)
  13. "Caneda compró en una subasta la marca del club". La Voz de Galicia (en castelán). 2011-01-30. Consultado o 2020-04-18. 
  14. Los administradores desautorizan a Caneda Arquivado 01/07/2013, en Wayback Machine. (La Voz de Galicia, 07.09.2006)
  15. "El Compostela regresa a tercera" Arquivado 19 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., El Correo Gallego.
  16. "O Compostela descende a Preferente" Arquivado 13/03/2016, en Wayback Machine., artigo en La Voz de Galicia, 2 de agosto de 2010.
  17. "Entrevista al presi Gayoso en la voz de galicia". WEB NO OFICIAL DE LA SD COMPOSTELA. Consultado o 2020-04-18. 
  18. https://www.boe.es/boe/dias/2011/01/26/pdfs/BOE-B-2011-2537.pdf
  19. "Es definitivo". WEB NO OFICIAL DE LA SD COMPOSTELA. Consultado o 2020-04-18. 
  20. El nuevo futuro del Compostela (en castelán)
  21. S. D. Compostela vuelve a ser nombre oficial (en castelán)
  22. El Compostela inauguró la sala de trofeos que honra la figura de J.Albarrán. Web oficial da S.D. Compostela. (en castelán)
  23. O Compos estrea a sala de trofeos José Albarrán Arquivado 18 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Televisión de Galicia. 24 de maio de 2012.
  24. Los 400 trofeos del Compos ya se guardan en San Lázaro, en la inaugurada sala José Albarrán Arquivado 20 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. La Voz de Galicia. 24 de maio de 2012. (en castelán)
  25. "La SD Compostela destituye al entrenador Iñaki Alonso". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de novembro de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  26. "El Racing se medirá a un Compostela que mejoró su rendimiento en casa" (en castelán). 25 de novembro de 2015. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  27. "Alfredo Álvarez ‘Fredi’ regresa a la S.D. Compostela para dirigir al primer equipo" (en castelán). 13 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  28. "Fredi debuta con derrota al frente del Compostela". El Progreso (en s). 18 de xaneiro de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  29. "Fredi Álvarez y Pedro Quinteiro abandonan el Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de xuño de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  30. Sevilla, Álvaro (22 de xuño de 2016). "Yago Iglesias será el nuevo técnico del Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  31. "Manu Castiñeiras asume la Dirección Deportiva de la SD Compostela" (en castelán). 31 de maio de 2017. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  32. Calvo, Naso (25 de xuño de 2018). "El Compos se queda en Tercera" (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  33. "El Compostela se queda fuera de los playoff a pesar de haber ganado al Alavés B (3-2)" (en castelán). 2 de xuño de 2019. Consultado o 28 de xullo de 2020. 
  34. "Los verdugos siempre golpean dos veces". El Correo Gallego. 9 de marzo de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2020. 
  35. "Tercera División contará con 24 equipos la próxima temporada" (en castelán). 15 de abril de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2020. 
  36. "Así se resuelve la competición 2019/2020 en Tercera División". RFEF (en castelán). 25 de maio de 2020. Consultado o 29 de xullo de 2020. 
  37. Calvo, Naso (19 de xullo de 2020). "El Compostela sabe sufrir y llega a la final del «play off» exprés a 2ªB". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de xullo de 2020. 
  38. Calvo, Naso (26 de xullo de 2020). "El Compostela ya está en Segunda B". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 29 de xullo de 2020. 
  39. "Plantel". SD Compostela. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2020. 
  40. "HISTORIA". SD Compostela (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2020. Consultado o 2020-04-18. 
  41. "escudo futbol sd compostela :: La Futbolteca. Enciclopedia del Fútbol Español" (en castelán). Consultado o 2020-04-18. 
  42. "Sociedad Deportiva Compostela :: La Futbolteca. Enciclopedia del Fútbol Español" (en castelán). Consultado o 2020-04-18. 
  43. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 02 de setembro de 2014. 
  44. "Hoy vuelve a Santa Isabel el histórico Vista Alegre". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2016. Consultado o 2020-04-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar