Yago Iglesias
Santiago "Yago" Iglesias Estepa, nado en Palmeira (Ribeira) o 6 de outubro de 1982, é un adestrador de fútbol galego. Dende xuño de 2023 adestra o Pontevedra CF, da Segunda División RFEF.
Yago Iglesias | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Santiago Iglesias Estepa | ||
Nacemento | 6 de outubro de 1982 | ||
Lugar de nacemento | Palmeira | ||
Información de club | |||
Club actual | Pontevedra CF (ad.) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Palmeira | |||
Adestrador | |||
2010–2011 | Palmeira | ||
2013–2014 | Atlético de Riveira | ||
2014–2015 | Santiago de Compostela CF (xuvenís) | ||
2015–2016 | Noia | ||
2016–2021 | SD Compostela | ||
2023 | Pontevedra CF | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria
editarXogou ao fútbol no Palmeira CF da súa parroquia natal, ata que aos 24 anos decidiu converterse en adestrador.[1] Realizou os cursos de preparador físico e adestrador e traballou como preparador físico no Boiro e na canteira do Pontevedra, nos que exerceu tamén como segundo adestrador de Luis Casais.
Na tempada 2010/11 dirixiu o seu primeiro equipo, o Palmeira, na Terceira Autonómica, mentres que na seguinte foi axudante de Casais no Portonovo. En 2012 marchou para a cidade saudita de Jeddah, tras recibir unha oferta como recuperador físico do Al-Ittihad, adestrado polo tamén galego Raúl Caneda.[2] En decembro, cando se dispoñía a saír de Arabia Saudita para pasar uns días de descanso en Galicia, foi retido durante cinco días polas autoridades sauditas, xunto co fisioterapeuta do club, Carlos Alonso, por problemas cos papeis de residencia.[3]
Xa non regresou ao país asiático, e en xullo de 2013 fichou polo Atlético de Riveira, na Rexional Preferente, onde compartiu o labor de adestrador xunto con Manuel Ángel.[4] Ao ano seguinte dirixiu o equipo xuvenil do Santiago de Compostela CF, na División de Honra, e logo adestrou o Noia, na Terceira División.[5]
O 21 de xuño de 2016 fíxose cargo da SD Compostela, que acababa de descender á Terceira División.[6] Dirixiu o equipo compostelán durante catro anos e, en 2020, despois de disputar tres fases de ascenso consecutivas, logrou finalmente o ascenso a Segunda División B. Renovou o seu contrato para a seguinte tempada, na que clasificou o seu equipo no sexto posto do Subgrupo 1A, formado por 10 equipos, e no que destacaron as vitorias contra o Deportivo da Coruña en Riazor e contra o Pontevedra en Pasarón.[7] Deixou o club branquiazul ao remate da tempada.
En novembro de 2021 asinou co Zamora, da Primeira División RFEF.[8]
Notas
editar- ↑ "Yago Iglesias: El palmeirense que fusionó su vida con el balón". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de agosto de 2009. Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ "El pobrense Yago Iglesias será el recuperador del Al Ittihad". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xullo de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ "Yago Iglesias: No me arrepiento de haber fichado por el Al-Ittihad". El Correo Gallego (en castelán). 3 de xaneiro de 2013. Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ Jamardo, José Manuel (10 de xullo de 2013). "Yago Iglesias se incorpora al cuerpo técnico del Ribeira". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ Jamardo, José Manuel (25 de xuño de 2015). "Yago Iglesias se hace cargo de la primera plantilla del Noia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ "Yago Iglesias Estepa, nuevo entrenador de la SD Compostela" (en castelán). 21 de xuño de 2016. Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ "Ya es oficial: Yago Iglesias deja de ser el entrenador del Compostela después de cinco años". El Correo Gallego (en castelán). 14 de maio de 2021. Consultado o 12 de decembro de 2021.
- ↑ "El entrenador gallego Yago Iglesias ficha por el Zamora". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 2021. Consultado o 27 de novembro de 2021.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).