Fabiano Soares Pessoa

futbolista brasileiro
(Redirixido desde "Fabiano Soares")

Fabiano Soares Pessoa, nado o 10 de xuño de 1966 en Río de Xaneiro, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol brasileiro. Xogaba de centrocampista e desenvolveu a maior parte da súa carreira como futbolista en Galicia.

Fabiano Soares
Información persoal
Nome Fabiano Soares Pessoa
Nacido 10 de xuño de 1966 (54 anos)
Lugar Río de Xaneiro
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Estradense (adestrador)
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1986–1987 Botafogo 2 (0)
1987–1988 Cruzeiro 0 (0)
1988–1989 São José 6 (0)
1989–1992 Celta de Vigo 101 (16)
1992–2003 Compostela 334 (44)
2001-2002Botafogo (cedido) 24 (0)
2003-2004 Racing de Ferrol 30 (2)
Adestrador
2005–2006 Estradense (xuvenís)
2006 Compostela
2007 Bergantiños
2009–2010 Compostela
2011 Estradense
2011–2015 Estoril (2º adestrador)
2015–2016 Estoril
2017 Atlético Paranaense
2019 Jeonnam Dragons
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Como xogadorEditar

Iniciou a súa carreira como futbolista en Brasil, xogando no Botafogo, no Cruzeiro e no São José. En 1989 fichou polo Celta de Vigo, co que acadou o ascenso á Primeira división. Despois de tres tempadas no Celta, co que xogou 114 partidos e anotou 17 goles, fichou en 1992 pola SD Compostela.

Co equipo santiagués logrou tamén o ascenso da Segunda á Primeira división. Xogou as catro tempadas do club en Primeira e viviu logo varios descensos e ascensos, xogando como cedido no Botafogo entre 2001 e 2002. En 2003 deixou o Compostela tras máis dunha década, contabilizando un total de 364 partidos xogados e 47 goles anotados. Fichou polo Racing Club de Ferrol, onde xogou na Segunda División en 2003/04. No club verde terminou a súa carreira como futbolista.

Como adestradorEditar

En 2005 comezou a súa carreira como adestrador, tomando as rendas dos xuvenís do CD Estradense e en setembro de 2006 foi presentado como adestrador do SD Compostela, nesa campaña en Rexional Preferente, tras a volta de José María Caneda ao club.[1] Con todo, dimitiu só tres meses despois.[2] En febreiro de 2007 pasou a dirixir durante dous meses ao Bergantiños,[3] e en outubro de 2009 regresou á SD Compostela, desta vez en Segunda B, trala destitución de Chus Baleato.[4] Non conseguiu salvar o equipo, que acabou descendendo á Terceira División. Na tempada 2010–11 dirixiu ao CD Estradense en Terceira.

En 2011 asinou co Estoril, entón na Segunda División portuguesa, como segundo adestrador de José Couceiro. Tras a saída deste en marzo de 2015 pasou a exercer como adestrador xunto a Hugo Leal.[5] Tras o remate da tempada continuou outro ano e medio como adestrador en solitario, ata a súa destitución en decembro de 2016.[6]

En xullo de 2017 foi anunciado como novo adestrador do Atlético Paranaense,[7] no que estivo ata o final da tempada. En xaneiro de 2019 fichou como novo adestrador do Jeonnam Dragons, na segunda división surcoreana, club no que estivo ata xullo.[8]

NotasEditar

  1. "Fabiano asegura que el objetivo de la SD es acabar lo más dignamente posible", El Correo Gallego, 16 de abril de 2010.
  2. "El Compos ganó al Ciudad en un intenso tramo final". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de decembro de 2006. p. 38. 
  3. "Fabiano entrenará al Bergantiños hasta junio". La Opinión A Coruña (en castelán). 3 de febreiro de 2007. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  4. "Fabiano será el capitán que dirigirá el barco del Compos", El Correo Gallego, 22 de outubro de 2009.
  5. "Fabiano Soares e Hugo Leal na equipa técnica do Estoril" (en portugués). 3 de marzo de 2015. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  6. "El Estoril destituye a Fabiano" (en castelán). 13 de decembro de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  7. "Atlético-PR anuncia Fabiano Soares, ex-Estoril, como o novo técnico" (en portugués). 11 de xullo de 2017. Consultado o 8 de setembro de 2020. 
  8. "Fabiano, líder del Compostela en Primera, firma como técnico del Dragons de Corea". Marca (en castelán). 8 de xaneiro de 2019. Consultado o 8 de setembro de 2020. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar