Franck Passi

futbolista francés

Franck Passi, nado en Bergerac o 28 de marzo de 1966, é un exfutbolista e actual adestrador francés. Xogaba de centrocampista e actualmente adestra ó Chamois Niortais FC da Ligue 2 francesa.

Franck Passi
Información persoal
Nome Franck Passi
Nacemento 28 de marzo de 1966 (58 anos)
Lugar de nacemento Bergerac
Nacionalidade Francia
Altura 1,77 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Chamois Niortais (adestrador)
Carreira xuvenil
1981–1986 AS Béziers
1986–1987 Montpellier
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1983–1986 Montpellier 87 (1)
1986–1988 Olympique de Marsella 61 (3)
1988–1990 Toulouse 74 (2)
1990–1993 Toulon 84 (3)
1993–1994 Monaco 19 (0)
1994–1999 Compostela 179 (6)
1999–2001 Bolton Wanderers 38 (0)
Total 542 (15)
Selección nacional
1988 Francia sub-21
Adestrador
2004 Compostela (interino)
2012–2016 Olympique de Marsella (asistente)
2015 Olympique de Marsella (interino)
2016 Olympique de Marsella (interino)
2017 Lille (interino)
2019 Monaco (interino)
2020– Chamois Niortais
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Adestrador editar

En agosto de 2015, tras o despido de Marcelo Bielsa, Passi tomou o relevo de forma provisional e dirixiu ó Olympique de Marsella ata que a directiva contratou a outro adestrador. Repetiuse a situación en abril de 2016, desta vez substituíndo a Míchel, e chegou á final da Coupe de France de 2016, onde perder por 4-2 contra o Paris Saint-Germain FC. Estivo de substituto provisional de Míchel ata outubro de 2016, cando o Marsella contratou a Rudi García.

O 24 de xaneiro de 2019, tras a suspensión de Thierry Henry por parte do AS Monaco FC,[1] Passi foi o adestrador provisional durante un partido contra o Dijon FCO, antes da fichaxe de Leonardo Jardim coma substituto de Henry.

En xaneiro de 2020, Passi converteuse en adestrador do Chamois Niortais FC da Ligue 2 francesa ata o remate da tempada, tras a marcha de Pascal Plancque.[2]

Notas editar

  1. "Communiqué officiel". AS Monaco. 2019-01-24. Consultado o 2019-01-24. 
  2. Laurent Pruneta (13 de xaneiro de 2020). "Ligue 2: Franck Passi nommé entraîneur de Niort". Le Parisien. Consultado o 8 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar