Abrir o menú principal

Campionato Paulista

O Campionato Paulista, ou Paulistão, é unha competición de fútbol organizada pola Federação Paulista de Futebol, que enfronta cada ano ós principais equipos do Estado de São Paulo, no Brasil. O torneo lévase a cabo nos primeiros meses do ano (entre xaneiro e maio), ó mesmo tempo que se disputa a Copa Libertadores e o resto dos campionatos estatais no país, antes do comezo do Brasileirão.

Campionato Paulista
Fundación1902
RexiónBandeira de São Paulo São Paulo, Brasil
Equipos20
Actual campiónSantos (20º título)
Máis laureadoCorinthians (26 títulos)
Sitio webFederação Paulista de Futebol (en portugués)

FormatoEditar

Trátase dunha liga con 20 participantes na máxima categoría, chamada Serie A. Os 20 equipos enfróntanse todos entre sí só nunha volta, e dicir, a tempada regular componse de 19 xornadas. Tralo remate desta tempada regular, os 8 primeiros equipos da táboa disputan unha rolda eliminatoria final con vantaxe de campo para os mellores clasificados da táboa. A rolda final parte duns cuartos de final a encontro único, seguidos dunhas semifinais a encontro único, para rematar cunha final a dobre encontro. Os 2 finalistas acadan o dereito a competir na Copa do Brasil do ano seguinte, non sendo que algún deles tamén teña praza para competir na Copa Libertadores, caso no cal a súa praza será para un dos equipos semifinalistas. No caso dos 4 últimos equipos da táboa, perden a categoría baixando dende a Serie A á Serie B.

PalmarésEditar

A primeira edición disputouse no ano 1902, de xeito que é a competición oficial de fútbol mais antiga do país. O Campionato Paulista é un torneo tradicionalmente dominado por 4 equipos, o Corinthians, o Palmeiras, o São Paulo e o Santos (con 26, 22, 21 e 20 títulos):

Títulos Equipo Tempadas
26   Corinthians 1914, 1916, 1922, 1923, 1924, 1928, 1929, 1930, 1937, 1938, 1939, 1941, 1951, 1952, 1954, 1977, 1979, 1982, 1983, 1988, 1995, 1997, 1999, 2001, 2003, 2009
22   Palmeiras 1920, 1926, 1927, 1932, 1933, 1934, 1936, 1940, 1942, 1944, 1947, 1950, 1959, 1963, 1966, 1972, 1974, 1976, 1993, 1994, 1996, 2008
21   São Paulo 1931, 1943, 1945, 1946, 1948, 1949, 1953, 1957, 1970, 1971, 1975, 1980, 1981, 1985, 1987, 1989, 1991, 1992, 1998, 2000, 2005
20   Santos 1935, 1955, 1956, 1958, 1960, 1961, 1962, 1964, 1965, 1967, 1968, 1969, 1973, 1978, 1984, 2006, 2007, 2010, 2011, 2012
11   Paulistano 1905, 1908, 1913, 1916, 1917, 1918, 1919, 1921, 1926, 1927, 1929
4   SPAC 1902, 1903, 1904, 1911
3   Portuguesa 1935, 1936, 1973
3   AAP 1909, 1910, 1915
2   Germânia 1906, 1915
2   Americano 1912, 1913
2   Internacional 1907, 1928
2   São Bento 1914, 1925
1   São Caetano 2004
1   Ituano 2002
1   Bragantino 1990
1   Inter Limeira 1986
  • † — Club desaparecido ou sección de fútbol desaparecida.

GaleríaEditar

Véxase taménEditar