Red Bull Bragantino

club de fútbol brasileiro
(Redirección desde «Clube Atlético Bragantino»)

O Red Bull Bragantino, coñecido simplemente como Bragantino, é un club de fútbol brasileiro con sede en Bragança Paulista, São Paulo. Fundado en 1928, compite na Serie A, a máxima categoría do fútbol brasileiro, así como no Campionato Paulista.

Red Bull Bragantino
NomeRed Bull Bragantino
Alcume(s)Massa Bruta
Braga
Fundación8 de xaneiro de 1928
EstadioNabi Abi Chedid
Inauguración1949
Capacidade17.724
PropietarioRed Bull GmbH
Presidente Diego Cerri
Adestrador Pedro Caixinha
LigaCampionato Brasileiro Serie A
202214º
Na rede
https://www.redbullbragantino.com.br
Facebook: RedBullBragantino Twitter: RedBullBraga Instagram: redbullbragantino Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

Denominouse Clube Atlético Bragantino ata 2020, cando a administración do club pasou a mans de Red Bull, que cambiou o nome do club e as cores do equipamento, do tradicional branco e negro ao branco e vermello.[1][2]

Historia editar

O 8 de xaneiro de 1928, os antigos socios do Bragança Futebol Clube fundaron o Clube Atlético Bragantino. En 1949 o club disputou por primeira vez a Segunda División do Campionato Paulista e en 1965 ascendeu por primeira vez á Primeira División do campionato estatal, antes de descender de novo en 1966.

En 1988 proclamouse campión da Segunda División do Campionato Paulista e en 1989 ascendeu por primeira vez ao Campionato Brasileiro de Serie A, despois de ser campión da Serie B. En 1990, con Vanderlei Luxemburgo como adestrador, conquistou o Campionato Paulista, vencendo ao Novorizontino. na final alcumada "a final caipira".[3][4][5]

En 1991, con Carlos Alberto Parreira no banco e con destacados futbolistas como Mauro Silva, Gil Baiano, Mazinho Oliveira, Robert ou Marcelo,[6] o equipo estivo preto de gañar o Campionato Brasileiro. Quedou segundo na primeira fase e enfrontouse nas semifinais do campionato ao Fluminense no estadio do Maracanã.[7] Diante de 74.000 espectadores, o Bragantino venceu 1-0 cun gol de Franklin.[8] O Bragantino certificou a eliminación do Fla no partido de volta, cun empate 1-1. Na final, o São Paulo de Telê Santana acabou conseguindo o título, despois de gañar por 1-0 no Morumbi e empatar sen goles no Marcelo Stéfani.[7][8] Foron as dúas mellores tempadas da historia do club brasileiro e o seu baluarte, Mauro Silva, recibiu a Bola de Ouro de 1991, que premia ao mellor xogador do campionato brasileiro.[9]

En 1992 o Bragantino competiu por primeira vez nunha competición internacional, concretamente na Copa CONMEBOL, repetindo participación ao ano seguinte. En 1998 descendeu á Serie B do Campionato Brasileiro, e en 2002 á Serie C.

Tras varios anos subindo e baixando entre a Serie B e a C, en abril de 2019, o Bragantino asinou un acordo con Red Bull GmbH, empresa que se encargaba da xestión de todos os activos de Red Bull relacionados co fútbol. A partir de 2020, de novo na Serie A, presentouse un novo escudo e o nome do club pasou a ser Red Bull Bragantino.

Estadio editar

O estadio do Red Bull Bragantino é o Estadio Nabi Abi Chedid, construído en 1949 cunha capacidade máxima de 21.210 espectadores. O estadio, propiedade do club, honra co seu nome a Nabi Abi Chedid, antigo presidente do club e pai do tamén presidente Marco Antônio Abi Chedid. Antes fora chamado Estadio Marcelo Stéfani, en homenaxe a Marcelo Stéfani, xogador e tamén ex presidente do club. Por aquel entón o estadio tamén era coñecido polo alcume de Marcelão. O cambio de nome realizouse o 6 de xaneiro de 2009 entre críticas da poboación de Bragança Paulista.

Equipo filial editar

O 26 de marzo de 2019, o presidente do Bragantino anunciou un acordo co Red Bull Brasil para que este se convertese en equipo filial do primeiro.[10] O 16 de xaneiro de 2023, o Red Bull Brasil cambiou o seu nome a Red Bull Bragantino II.[11]

Palmarés editar

Nacional editar

  • Campionato Brasileiro Serie B (2): 1989, 2019.
  • Campionato Brasileiro Serie C (1): 2007.

Estatal editar

Notas editar

  1. "Red Bull expands global football empire, takes over at Bragantino" (en inglés). 28 de marzo de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2023. 
  2. "Bragantino anuncia acordo com o RB Brasil para gestão do time na Série B" (en portugués). 26 de marzo de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2023. 
  3. "Esquadrão Imortal – Bragantino 1990-1991" (en portugués). Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  4. "Preleções de Luxa e polêmica com Neto: Mauro Silva relembra título Paulista com Bragantino em 1990" (en portugués). 21 de agosto de 2020. Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  5. "Deu Bragantino na decisão capira". O Globo (en portugués). 27 de agosto de 1990. p. 7. 
  6. "Esquadrão Imortal – Bragantino 1990-1991" (en portugués). Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  7. 7,0 7,1 "Brazil 1991 Championship". rsssfbrasil.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2009. Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  8. 8,0 8,1 "Esquadrão Imortal – Bragantino 1990-1991" (en portugués). Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  9. "Bola de Ouro (Placar Magazine)". rsssfbrasil.com (en inglés). Consultado o 10 de xuño de 2022. 
  10. "Bragantino anuncia acordo com o RB Brasil para gestão do time na Série B" (en portugués). 26 de marzo de 2019. Consultado o 22 de setembro de 2023. 
  11. "FPF oficializa mudança de nome do RB Brasil para Red Bull Bragantino II" (en portugués). 17 de xaneiro de 2023. Consultado o 22 de setembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar