Campionato Brasileiro de Fútbol Série A
O Campionato Brasileiro de Serie A (popularmente tamén chamado Brasileirão) é a primeira división da liga de fútbol en Brasil. Fundado en 1971, o campionato está composto actualmente por 20 equipos, que disputan 38 xornadas entre maio e decembro, xogando tódolos equipos dúas veces entre si cada tempada, unha como locais e outra como visitantes. Este torneo está situado no calendario a continuación dos campionatos estatais, tales como o Paulista ou o Carioca, que son os máis importantes.
Campionato Brasileiro Série A | |
---|---|
Fundación | Creado no 1971 co posterior recoñecemento dos campións nacionais dende o 1959[1] |
Rexión | ![]() |
Equipos | 20 |
Actual campión | Corinthians (6º título) |
Máis laureado | Santos e Palmeiras (8 títulos) |
Sitio web | CBF - Confederação Brasileira de Futebol (en portugués) |
En 2011 a IFFHS colocou ó Brasileirão no 3º posto da súa clasificación das ligas máis fortes do mundo. O actual campión do torneo é o Sport Club Corinthians Paulista, da cidade de São Paulo.
EquiposEditar
- Artigo principal: Campionato Brasileiro Série A 2015.
O Brasileirão coroa como campión do Brasil ó equipo que remata primeiro na táboa ó remate das 38 xornadas. Ese equipo e os 3 seguintes acadan ademais o dereito a competir na seguinte edición da Copa Libertadores, a máxima competición continental en Suramérica a nivel de clubs. Cando o campión da Copa Libertadores ou da Copa do Brasil remata ese mesmo ano a liga entre os 4 primeiros postos da táboa, a súa praza para a seguinte Copa Libertadores pasa ó seguinte equipo da táboa. Pola contra, os 4 últimos equipos da clasificación descenden de categoría. Os 20 equipos que disputarán a liga na tempada 2015 son:
|
|
PalmarésEditar
O Campionato Brasileiro, nos seus distintos formatos, naceu como tal en 1971. Non obstante, a Confederación Brasileira de Fútbol tomou a decisión de converter en oficiais tamén ós antigos torneos da Taça Brasil (1959-1968) e Torneo Roberto Gomes Pedrosa (1967-1970), de tal xeito que o palmarés do Campionato Brasileiro é o seguinte:
Títulos | Equipo | Tempadas |
---|---|---|
8 | Santos | 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1968, 2002, 2004 |
8 | Palmeiras | 1960, 1967, 1967, 1969, 1972, 1973, 1993, 1994 |
6 | São Paulo | 1977, 1986, 1991, 2006, 2007, 2008 |
6 | Corinthians | 1990, 1998, 1999, 2005, 2011, 2015 |
5[2] | Flamengo | 1980, 1982, 1983, 1992, 2009 |
4 | Cruzeiro | 1966, 2003, 2013, 2014 |
4 | Vasco da Gama | 1974, 1989, 1997, 2000 |
3 | Fluminense | 1970, 1984, 2010, 2012 |
3 | Internacional | 1975, 1976, 1979 |
2 | Bahia | 1959, 1988 |
2 | Botafogo | 1968, 1995 |
2 | Grêmio | 1981, 1996 |
1 | Atlético Mineiro | 1971 |
1 | Atlético Paranaense | 2001 |
1 | Coritiba | 1985 |
1 | Guarani | 1978 |
1 | Sport | 1987 |
EstatísticasEditar
- O equipo con máis participacións no Campionato Brasileiro é o Gremio, que entre 1959 e 2012 conta con 53 tempada presente no torneo. Séguenlle o Cruzeiro e o Santos, ámbolos dous con 52 participacións; o Palmeiras, con 50; o Atlético Mineiro e o Botafogo, con 49; o Flamengo, o Internacional e o Vasco da Gama, con 47; o Fluminense, con 46; o São Paulo, con 45; e o Corinthians, con 44.
- O máximo goleador da historia da competición é Roberto Dinamite, que anotou 190 goles defendendo as cores do Vasco da Gama nos anos 70 e 80. Séguelle na clasificación Romário, que marcou 154 goles en liga xogando no Vasco de Gama, no Flamengo e no Fluminense. Os seguintes nesta clasificación son Edmundo (153 goles), Zico (135 goles) e Túlio (129 goles), que é o primeiro xogador en activo que aparece nesta táboa.
- A cidade que concentra unha maior cantidade de campionatos é São Paulo, cuxos equipos gañaron 20 ligas. Séguenlle Río de Xaneiro con 15 ligas, Santos con 8, Porto Alegre e Belo Horizonte con 5.
- Os equipos que representan ó campionato brasileiro na Copa Libertadores teñen gañado 15 veces a máxima competición continental, índice no cal a liga brasileira só é superada polo campionato arxentino, cuxos equipos gañaron 22 veces a Copa Libertadores. Na terceira posición está a liga uruguaia, con 8 Copas Libertadores.
- Os equipos brasileiros acadaron o máximo título mundial a nivel de clubs en 8 ocasións (6 Copas Intercontinentais e 2 Copas Mundiais de Clubs), índice no cal son superados unicamente polos equipos italianos (9 títulos) e polos equipos arxentinos (9 títulos).
NotasEditar
- ↑ Redação Terra (22 de dezembro de 2010). "CBF oficializa unificação de títulos nacionais antes de 1971" (en portugues). Consultado o 22 de xaneiro de 2011.(en portugués)
- ↑ "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de xuño de 2011. Consultado o 26 de xuño de 2011.