Associação Chapecoense de Futebol

A Associação Chapecoense de Futebol, coñecido simplemente como Chapecoense, é un equipo de fútbol brasileiro da cidade de Chapecó, no estado de Santa Catarina. Fundouse en 1974 e actualmente xoga na Série A do Campionato Brasileiro, a máxima categoría do país.

Chapecoense
NomeAssociação Chapecoense de Futebol
Fundación14 de maio de 1973 (47 anos)
EstadioArena Condá,
Chapecó, Brasil Flag of Brazil.svg
Capacidade22.830
PresidenteFlag of Brazil.svg Ivan Tozzo
AdestradorVacante
LigaSérie A
201514º
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

HistoriaEditar

O Chapecoense foi fundado o 10 de maio de 1973 a partir da fusión de dous clubs afeccionados. En catro anos proclamouse vencedor do Campionato Catarinense de 1977, o que lle permitiría acceder ao Campionato Brasileiro de Fútbol en 1978 e 1979. Con todo, non foi ata a década de 1990 cando puido consolidarse como un dos cinco grandes clubs de Santa Catarina, xunto cos seus rivais do AvaíCriciúmaFigueirense e Joinville. Ao longo da súa historia gañou cinco torneos estatais (1977, 1996, 2007, 2011 e 2016).

A nivel brasileiro, o Chapecoense fíxose soado por ascender desde a cuarta división ata a Série A en só seis anos, coincidindo coa reestruturación do sistema de ligas brasileiro. Desde entón nunca descendeu da máxima categoría.

En 2015 debutou na Copa Suramericana, e en 2016 deu a sorpresa ao chegar á final contra o Atlético Nacional. Con todo, nunca puideron disputala; o avión que transportaba ao cadro de persoal a Medellín sufriu un accidente aéreo que custou a vida de 71 persoas, entre elas 22 futbolistas e case todos os membros do organigrama deportivo.[1] Por mor desta traxedia, a Confederación Suramericana de Fútbol declarouno campión da Copa Suramericana 2016.[2]

PalmarésEditar

Torneos nacionaisEditar

Torneos internacionaisEditar

NotasEditar

  1. "A traxedia do Chapecoense en Medellín: o modesto equipo de fútbol brasileiro que soñaba coa gloria". BBC Mundo. 29 de novembro de 2016. Consultado o 29 de novembro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 "A Conmebol proclama campión suramericano ao Chapecoense". Marca. 5 de decembro de 2016. Consultado o 5 de decembro de 2016. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar