Medellín
Coordenadas: 6°14′41″N 75°34′29″O / 6.24472, -75.57472
Medellín é unha cidade situada ó noroeste de Colombia, no centro do val de Aburrá e á beira do río Medellín. É a capital do departamento de Antioquia. Segundo o censo de 2005, tiña 2 223 078 habitantes, sendo a segunda cidade máis poboada do país. A súa área metropolitana, conformada por outros 9 municipios, ten unha poboación de 3 312 165 habitantes, sendo a segunda aglomeración urbana de Colombia.
Medellín | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Imaxes da cidade de Medellín. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Departamento | Antioquia | ||
Rexión | Val de Aburrá | ||
Xeografía | |||
Altitude | 1 495 msnm | ||
Superficie | 1 115[1] km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 2 464 322 hab. (2016)[2] | ||
Densidade | hab/km² | ||
Xentilicio | Medellinense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 05001000 | ||
Alcalde | Federico Gutiérrez (2016-2019) | ||
medellin.gov.co |
É un dos principais centros culturais de Colombia. É sede de importantes festivais de ampla traxectoria e recoñecemento, tanto local, nacional e internacional. Tamén destaca a súa actividade académica e científica, xa que algunhas das universidades colombianas máis importantes teñen a súa sede na cidade.
ToponimiaEditar
Debe o seu nome a que Pedro Portocarrero y Luna, presidente do consello de Indias de España, solicitou dar o nome da súa vila, Medellín (en Badaxoz), a unha localidade de nova fundación en ultramar. O 22 de novembro de 1674 a raíña rexente Mariana de Austria (en representación do seu fillo, Carlos II de España, menor de idade), outorgou a cédula real que confirmaba a fundación da Villa de Nuestra Señora de la Candelaria de Medellín. A proclamación oficial da fundación realizouna o gobernador Miguel Aguinaga y Mendiogoitia o 2 de novembro de 1675.
Ademais, a raíña outorgou o escudo de armas do Medellín estremeño ó americano, a petición do Cabido da Vila, o 24 de xuño de 1676.
HistoriaEditar
O val de Aburrá xa era percorrido hai 10.500 anos por tribos nómades de cazadores e recolectores. Ó chegaren os conquistadores españois xa había asentada unha poboación nativa numerosa, que opuxo pouca resistencia. Eran aburraes, iamesíes, peques, ebéicos, noriscos e maníes, que posiblemente estaban alí desde o século V a.C. Tiñan grandes cultivos de millo e feixón, criaban curíes e cans mudos, tecían mantas de algodón e comercializaban sal. Coñecían a ourivaría. Baixo o dominio español foron repartidos en encomendas e desprazados das súas terras. A deserción, o maltrato, as enfermidades e o duro traballo intensivo na terra e as minas, decimaron o número de habitantes en poucos anos.
NotasEditar
- ↑ "Información general de Medellín". Alcaldía del municipio. Consultado o 1 de maio de 2015.
- ↑ "Censo oficial DANE 2005 por principales áreas metropolitanas" (PDF). DANE. 2005.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Medellín |
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial (en castelán)