Chapecó
Coordenadas: 27°05′45″S 52°37′04″O / -27.09583, -52.61778
Chapecó é un municipio brasileiro do estado de Santa Catarina. Está situado na rexión Oeste do estado, na fronteira co estado de Rio Grande do Sul separado polo río Uruguai. Ten unha poboación de 209.553 habitantes (2016).
Chapecó | ||
---|---|---|
| ||
![]() | ||
Centro da cidade | ||
Localización | ||
![]() | ||
País | ![]() | |
Estado | Santa Catarina | |
Xeografía | ||
Altitude | 670 msnm | |
Superficie | 625,60 km² | |
Demografía | ||
Poboación | 209.553 hab. (2016) | |
Densidade | 334,72 hab/km² | |
Xentilicio | Chapecoense | |
Outros datos | ||
Código postal | 89800-000 a 89816-999 | |
Alcalde | Luciano Buligon (PSB) | |
chapeco.sc.gov.br |
Fundouse en 1917 e o seu nome provén do tupí Xapeco que significa "lugar desde onde se ve o camiño da plantación". Ao principio o poboado era un distrito agrícola, pero co pasar dos anos afirmouse como un polo económico nacional baseado na cría de porcos e a avicultura. As principais etnias presentes en Chapecó son a alemá, italiana e polaca.
O turismo está basicamente dirixido ás feiras agrícolas e agroindustriais. A principal realízase cada dous anos, a EFAPI (Exposición-Feira Agropecuaria e Industrial), no parque de exposicións Tancredo Neves, que conta cunha estrutura de catro pavillóns de exposición xeral, comercial e outras áreas para a exposición gandeira e agrícola, como un lago, unha instalación para diversións e rodeo, ademais dun escenario para a presentación de espectáculos, onde poden entrar ata 80 mil persoas.
A economía de Chapecó está enfocada na agroindustria e prestación de servizos, tendo grandes empresas como Aurora e Sadia. Dentro do mundo deportivo, destaca o Chapecoense, o cal milita no Campionato Brasileiro Série A.