Luis César Sampedro

Luis Ángel César Sampedro, nado en Vilagarcía de Arousa o 3 de maio de 1966, é un ex futbolista a actual adestrador de fútbol galego. Como futbolista xogaba de porteiro e desenvolveu case toda a súa carreira entre o Lalín e o Racing de Ferrol, onde se retirou despois de lograr un ascenso á Segunda División. A súa carreira de adestrador comezou xusto despois de rematar a de xogador, dirixindo durante varios anos o Racing de Ferrol. Posteriormente pasou por numerosos equipos como o Nàstic (co que ascendeu a Primeira División), o Albacete, o Lugo ou o Deportivo da Coruña. É o terceiro adestrador con máis partidos dirixidos na Segunda División (444), sendo só superado por Paco Herrera (458) e Roque Olsen (447).

Luis César Sampedro
Información persoal
Nome Luis Ángel César Sampedro
Nacemento 3 de maio de 1966
Lugar de nacemento Vilagarcía de Arousa
Posición Porteiro
Información de club
Club actual Lugo (adestrador)
Carreira xuvenil
Tótem
Faxilde
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984–1987 Arousa
1987–1991 Lalín 89 (0)
1991–2000 Racing de Ferrol 161 (0)
Adestrador
2000–2004 Racing de Ferrol
2004–2007 Gimnàstic
2007–2008 Poli Ejido
2009–2011 Gimnàstic
2012 Alcoyano
2013–2016 Albacete
2016–2017 Lugo
2017–2018 Valladolid
2019 Tenerife
2019 Deportivo da Coruña
2021 Lugo
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Como xogador

editar

Iniciouse na categoría infantil no Tótem FC, pasando en xuvenís ao Faxilde CF. En 1984 fichou polo Arousa SC, xogando dúas tempadas en Segunda B e unha en Terceira. En 1987 fichou polo CD Lalín. Logo de tres campañas en segunda B, descenderon a 3ª, volvendo ascender na tempada 1990-91. Despois doutro ano na comarca de Deza, fichou polo Racing de Ferrol, xogando 8 tempadas en segunda B. No ano 2000 ascendeu a segunda división, e pasou a converterse no adestrador.

Como adestrador

editar

Racing de Ferrol

editar

Iniciouse nos banquiños na tempada 2000–01, adestrando ao Racing de Ferrol no seu retorno á Segunda División, salvando a categoría durante tres campañas. Na tempada 2003–04 descenderon á Segunda División B, retornando á categoría de prata á campaña seguinte.

Gimnàstic de Tarragona

editar

No verán de 2004 fichou polo Gimnàstic de Tarragona.[1] Tras lograr unha cómoda permanencia na primeira tempada (7º posto) deu a sorpresa na tempada 2005–06 logrando ascender o equipo á Primeira División 56 anos despois.[2] Despois de acadar tan só 5 puntos en 12 xornadas no seu debut en Primeira, foi destituído do cargo o 26 de novembro de 2006 logo de perder fronte ao RCD Mallorca (2–3).[3] O seu substituto foi Francisco Flores.

Polideportivo Ejido

editar

Na tempada 2007–08 foi contratado polo Polideportivo Ejido en Segunda División, sendo substituído na xornada 21 por Fernando Castro Santos, cando o equipo ocupaba postos de descenso.[4] Ao remate da campaña, o Poli Ejido descendeu á Segunda División B.

Segunda etapa no Gimnàstic de Tarragona

editar

Mediada a tempada 2009–10 foi contratado novamente polo Gimnàstic, que viña de cesar a César Ferrando na xornada 27.[5] No conxunto catalán permaneceu esa campaña (na que se evitou o descenso)[6] e parte da seguinte, na que foi deposto na xornada 15 cando o equipo ía último.[7] O seu substituto foi Juan Carlos Oliva, que logrou reconducir a situación e finalmente lograr a permanencia do Gimnàstic.

CD Alcoyano

editar

O 21 de marzo de 2012, o adestrador galego foi contratado polo Club Deportivo Alcoyano para substituír a David Porras, tras a derrota dos valencianos contra o Deportivo da Coruña, e ao quedar nos postos de descenso. O arousano comezou unha nova aventura nas bancadas co obxectivo de manter ao equipo de Alcoi unha tempada máis na categoría de prata do fútbol español,[8] algo que finalmente non conseguiu.[9]

Albacete Balompié

editar

O 19 de marzo de 2013 foi contratado polo Albacete Balompié até o remate da tempada, en substitución de Antonio Gómez Pérez.[10] Tras ser renovado, ao ano seguinte logrou ascender á Segunda División, despois de colleitar 82 puntos, igualando o récord da categoría e bater ao Sestao River nos "play-off".[11]

Na tempada 2014/15 acadou a permanencia na categoría de prata tras unha gran remontada do equipo no que logrou saír da última posición que ocupaba ao final da primeira volta.[12] Finalmente, foi destituído na tempada seguinte, o 12 de marzo de 2016, minutos despois de perder ante o Real Zaragoza, deixando ao equipo manchego no 20º lugar tras 29 xornadas de Liga.[13]

CD Lugo (1ª etapa)

editar

O 17 de xuño de 2016 foi presentado como novo adestrador do Club Deportivo Lugo, substituíndo no banco a José Durán.[14] Levou ó equipo galego a completar a súa mellor tempada na categoría de prata, rematando noveno con 55 puntos. Non obstante, o 15 de xuño de 2017 decidiu non aceptar a oferta de renovación do club.[15]

Real Valladolid

editar

O 23 de xuño de 2017 converteuse no novo adestrador do Real Valladolid.[16] Foi destituído o 14 de abril de 2018, coa escuadra castelá como 11ª clasificada ao final da 34ª xornada da Liga.[17]

Tenerife

editar

O 13 de maio de 2019 anunciouse a súa fichaxe como adestrador do Club Deportivo Tenerife.[18] Dirixiu o equipo de Tenerife nos últimos 4 partidos da Liga, logrando a permanencia na segunda división, a pesar do cal non permaneceu no cargo.[19]

Deportivo da Coruña

editar

O 7 de outubro de 2019 firmou polo Deportivo da Coruña até o remate da tempada 2019–20, en substitución de Juan Antonio Anquela.[20] Non conseguiu a vitoria en ningún dos dez primeiros partidos, alongando a mala xeira de Anquela até os 19 partidos sen gañar, a peor xeira da historia do club.[21] Finalmente venceu ao Tenerife en liga e ao Illueca en copa, mais foi destituído o 27 de decembro, sendo substituído por Fernando Vázquez.[22]

CD Lugo (2ª etapa)

editar

O 3 de marzo de 2021 volveu ao Lugo, converténdose no terceiro adestrador da tempada, despois das destitucións de Juanfran e Mehdi Nafti.[23] A súa segunda etapa no equipo lucense durou só un mes e medio, pois foi tamén el foi destituído o 19 de abril despois de oito encontros, cun balance de tres empates e cinco derrotas.[24]

Como adestrador

editar
Club País Período Pts PG PE PP % v.
Racing de Ferrol   España 2000-2004 176 63 48 65 35.8
Gimnàstic de Tarragona 2004-2006 103 43 21 39 41.75
Polideportivo Ejido 2007-2008 22 5 5 12 22.73
Gimnàstic de Tarragona 2010 31 6 9 16 19.35
Club Deportivo Alcoyano 2012 13 3 1 9 23.08
Albacete Balompié 2013-2016 130 55 33 42 42.31
Club Deportivo Lugo 2016-2017 43 14 13 16 32.56
Real Valladolid 2017-2018 38 16 9 13 42.11
Club Deportivo Tenerife 2019 4 2 1 1 50
Real Club Deportivo da Coruña 2019 12 2 4 6 16.67
Club Deportivo Lugo 2021 3 0 3 5 0
  1. "El Nàstic presentaa Sampedro comonuevo técnico" (PDF). La Vanguardia (en castelán). 9 de xullo de 2004. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  2. "El Nástic regresa a Primera 56 años después". El Mundo (en castelán). 4 de xullo de 2006. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  3. "Luis César, destituido al tocar fondo el Nàstic". El País (en castelán). 27 de novembro de 2006. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  4. "Luis César dice adiós a El Ejido" (PDF) (en castelán). 23 de xaneiro de 2008. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  5. "El Nástic destituye a Ferrando y Luis César será su sustituto" (en castelán). 6 de marzo de 2010. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  6. "Nástic sella la permanencia" (PDF) (en castelán). 14 de xuño de 2010. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  7. "El Nàstic echa a Luis César y Oliva le sustituye" (en castelán). 6 de decembro de 2010. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  8. "Luis César, nuevo técnico hasta final de temporada". As (en castelán). Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  9. "Fútbol/Liga Adelante.- El Alcoyano desciende a Segunda B tras la victoria del Girona" (en castelán). 23 de maio de 2012. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  10. ""Luis César Sampedro nuevo entrenador del Alba"". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2013. Consultado o 29 de abril de 2013. 
  11. "Luis César Sampedro: «Como los cocineros, los técnicos debemos tener más de una receta»". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de maio de 2014. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  12. "El Albacete sella la salvación a costa de la gran racha azulgrana". Marca (en castelán). 21 de maio de 2015. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  13. "El Albacete destituye a Luis César Sampedro" (en castelán). 12 de marzo de 2016. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  14. "Luis César: "Dedicaré sangre sudor y lágrimas al Lugo". As (en castelán). 17 de xuño de 2016. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  15. "Luis César renuncia a seguir en Lugo y apunta al Valladolid". Marca (en ex). 15 de xuño de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  16. "Luis César, confirmado como entrenador del Valladolid". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 2017. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  17. "El Real Valladolid destituye a Luis César Sampedro; Sergio González, nuevo entrenador" (en castelán). 10 de abril de 2018. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  18. "Oltra ya tiene sustituto en el Tenerife: Luis César Sampedro". Marca (en castelán). 13 de maio de 2019. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  19. "El CD Tenerife confirma la marcha de Luis César Sampedro" (en castelán). 11 de xuño de 2019. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 8 de outubro de 2019. 
  20. "Luis César Sampedro sustituye a Anquela en el banquillo deportivista". Marca. 7 de outubro de 2019.  (en castelán)
  21. "El Deportivo resucita en el descuento" (en castelán). 21 de decembro de 2019. Consultado o 30 de decembro de 2019. 
  22. "Fernando Vázquez volve ser adestrador do Deportivo". 29 de decembro de 2019. Consultado o 30 de decembro de 2019. 
  23. "O Lugo elixe a Luis César Sampedro como substituto de Nafti". La Voz de Galicia. 3 de marzo de 2021. Consultado o 3 de marzo de 2021. 
  24. "El Lugo destituye a Luis César Sampedro" (en castelán). 19 de abril de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar