Arosa Sociedad Cultural
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
O Arosa Sociedad Cultural é un equipo de fútbol de Vilagarcía de Arousa fundado en 1945. Na actualidade[cando?] xoga no Grupo I da Terceira División. Xoga como local no Estadio da Lomba, con capacidade para 5.000 persoas.
Arousa | |||
---|---|---|---|
Nome | Arosa Sociedad Cultural | ||
Fundación | 1945 | ||
Estadio | A Lomba, Vilagarcía de Arousa, Galicia | ||
Capacidade | 5.000 | ||
Presidente | ![]() | ||
Adestrador | ![]() | ||
Liga | 3ª – Grupo 1 | ||
2017–18 | 5.º | ||
Vestimenta | Rasán | ||
| |||
Xogou unha tempada na Segunda División, 7 na Segunda B e 45 na Terceira.
HistoriaEditar
Dende 1905 existiron en Vilagarcía diversos equipos de fútbol, federados ou non, e en 1940 uns rapaces da vila formaron o Arosa SC. Con todo, ata 1945 o equipo non puido federarse dado que o campo de xogo non tiña as medidas mínimas. O 27 de xaneiro de 1946 inaugúrase oficialmente o campo, valado, nun choque Arosa-Santiago (1-1). O primeiro partido oficial disputouse na Lomba o 3 de novembro de 1946 co resultado de Arosa SC 3 - Sociedad Cultural de Pontevedra 1.
En menos de tres anos, o Arosa SC consegue pasar de Serie A a Segunda División Española. Consegue o ascenso na tempada 1948-49 (o 17 de abril de 1949, ao vencer en Riazor o Xuvenil da Coruña (2-0) e proclamándose subcampións trala Orensana. O Arosa militou en Segunda División durante dúas tempadas.
Desde esa época o equipo moveuse dúas décadas por categorías galegas, ata que en 1975 ascende a Terceira. En 1981 xoga a súa primeira promoción de ascenso a Segunda B, e cae derrotado en Reus, mentres dous anos máis tarde, en Olot, o 18 de xuño de 1983, consegue o pase á categoría de bronce (na eliminatoria deixou fóra o Mestalla e o Olot, neste caso por (1-0) e (2-0). Nos anos seguintes disputou varias tempadas en Segunda B, e en Copa do Rei enfróntase á Real Sociedade e ao Osasuna. O seu último ascenso a Segunda B produciuse en 1993, cando despois de proclamarse campión de Terceira por primeira vez na súa historia, ascende logo de derrotar o Moscardó de Usera, o Lealtad de Villaviciosa e o Ríbert de Salamanca. Descende a Terceira en 1994, e a partir de aí comeza unha serie de tempadas nas categorías inferiores do fútbol galego, ata hoxe en día.
Datos do clubEditar
Historial na ligaEditar
|
|
|
|
Estatísticas dos xogadoresEditar
- Os 10 xogadores que até a data disputaron máis partidos oficiais coa camisola arlequinada son os seguintes[1]:
- Fernando Lezcano (518 partidos entre 1971 e 1986).
- Miolo Millán (383 partidos entre 1964 e 1978).
- Ramón Dopazo, Ramoní (306 partidos entre 1959 e 1970).
- Gabriel García (278 partidos entre 1990 e 1999).
- Fernando Fernández (272 partidos entre 1998 e 2006).
- Javier García Barrio (271 partidos entre 1980-1986 e 1987-88).
- Carlos Coira (269 partidos entre 1968-1975 e 1979-1981).
- Rafael Sáez (253 partidos entre 1979 e 1987).
- Chatarra, (223 partidos entre 1995 e 2004).
- Unai Bermúdez (216 partidos entre 1996 e 2004).
- Os máximos goleadores na historia do club foron:
- Javier García Barrio (113 goles en 271 partidos, media 0,42).
- Fernando Lezcano (80 goles en 518 partidos, media 0,15).
- Ventura (75 goles en 100 partidos, mellor media con 0,75).
- Sarío Alcalde (61 goles en 186 partidos, media 0,33).
O gardameta que máis partidos oficiais disputou foi Berto Moreira con 146 entre 1983 e 1988. O que presenta mellor media é o sevillano Nano Sánchez (1981-83) con 0,53 goles (27 goles en 51 partidos).
Xogadores de sonaEditar
NotasEditar
- ↑ Historia do club Web oficial do SC Arosa
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- Arousa SC, 60 anos de historia 1945-2005 (2 tomos, 1.675 páxinas, 300 fotografías, ano 2005, editado por "Gráficas Salnés S.L.") cuxo autor é Javier Bouzada Romeu.