Olot

concello de Cataluña

Olot é un municipio da provincia de Xirona, en Cataluña.

Olot

Características Editar

É a capital da comarca da Garrotxa especialmente coñecida polos seus lugares de interese natural; non en balde todo o seu termo municipal atópase dentro do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa. Os volcáns máis coñecidos e visitados son o de Santa Margarida,Croscat e o Volcán Montsacopa tamén coñecido como San Francisco.

O croscat é famoso debido a que o terreo está "cortado" e pódense apreciar perfectamente os estratos xeolóxicos), atopándose ao seu pé o Xardín Botánico de Vexetación Natural Olotina.

Tamén esperta un grande interese a "Fageda d'en Jordà", un inmenso bosque de faias exquisito para perderse e pasear, tanto a pé como en bicicleta, dacabalo ou en carruaxe. Cabe mencionar a arte e a industria de estatuaria cristiá que desde o século XIX estableceuse por toda a cidade, sendo o máximo representante a Arte Cristiá, fundado por Marià Vayreda e existente hoxe día, onde traballaron os notables escultores Miquel Blay e Josep Clarà.

Gastronomía Editar

Un dos segredos de Olot é a súa cociña, chamada "Cociña Volcánica".[1] Unha das súas mellores e máis coñecidas receitas son as patacas de Olot[2].

Notas Editar

  1. "Cuina Volcànica". www.cuinavolcanica.cat (en catalán). Consultado o 11 de xuño de 2019. 
  2. "Patates d'Olot". www.catalunya.com (en catalán). Consultado o 11 de xuño de 2019.