Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa

O Parque natural da Garrotxa está situado en Cataluña na provincia de Xirona, comarca da Garrotxa. No seu interior protéxense formacións de grande interese xeolóxico e botánico. Trátase da área volcánica mellor conservada de toda a Península Ibérica e unha das máis salientables de Europa.

Modelo:Xeografía físicaParque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa
Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoespazo natural protexido
parque natural Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaLa Garrotxa Volcanic Zone (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaGarrotxa, España, provincia de Xirona, España e Cataluña, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°09′N 2°32′L / 42.15, 2.54
Características
Superficie15.309 ha
16.357,51671 ha Editar o valor en Wikidata
Categoría V da UICN: paisaxe protexida/paisaxe mariña
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 196372 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación3 de marzo de 1982 e 1982 Editar o valor en Wikidata

Sitio webparcsnaturals.gencat.cat… Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453370

Historia

editar

Orixes

editar

Considerado un dos mellores paisaxes volcánicos de Europa, xa no 1917 o sacerdote, naturalista e pintor Josep Gelabert i Rincón pedía a declaración dun parque nacional da zona. Anos atrás el mesmo publicará dúas obras de divulgación sobre os valores deste área xeográfica tituladas Los volcanes extinguidos de la provincia de Gerona (en castelán) e Guía illustrada d'Olot i ses valls (en catalán). Este traballo de divulgación e de pedagoxía iniciárase no ano 1.820 cando o naturalista de Olot Francesc Xavier de Bolós publica Noticia de los extinguidos volcanes de la villa de Olot (en castelán). Posteriormente moitos outros investigadores contribuíron ó coñecemento da actividade volcánica e valores naturais desta zona. Coma exemplo citar a obra Olot, su comarca, sus extinguidos volcanes (en castelán) por Esteve Paluzie.

Degradación ambiental

editar

O modelo económico desenvolto durante a segunda metade do século XX provocou o aumento da poboación e un importante impacto ambiental na zona coma consecuencia da intensificación da agricultura, os vertedeiros incontrolados e sobre todo a minería, que se desenvolveu para a extracción de materiais necesarios para a construción.

Finalmente, e grazas ó impulso de entidades civís, cidadáns e científicos conseguiuse que o 3 de novembro de 1982 o Parlamento de Cataluña aprobara unha lei de protección sobre a zona volcánica. Finalmente a lei de espazos naturais do 13 de xuño de 1985 concretaría a actual denominación do Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa.

Orografía

editar

O Parque natural ocupa a parte central da comarca, sendo limitado polo norte polo río Fluvià, polo leste pola Serra de Sant Julià del Mont, polo sur polas serras de Finestres, Les Medes, Marboleny e Corb e polo oeste polo Val d'en Bas.

A maior parte do parque está constituído por planicies de altitude media (300-500 metros) e só é destacable o Puigsallança con 1.027 metros na Serra de Finestres. Destacar que nos arredores da localidade de Santa Pau nace o río Ser.

Vulcanoloxía

editar

A pesar de contar cuns notables valores paisaxísticos, históricos, botánicos, faunísticos e arqueolóxicos, sen dúbida os preto de corenta conos volcánicos son o grande atractivo do parque. Estes presentan diferentes grados de conservación, nalgúns casos moi destacables tendo en conta a súa antigüidade.

A orixe destes volcáns estímase entre os 350.000 anos e os 11.500, tendo mostras no parque das diferentes tipoloxías: dende o tipo estromboliano coma os volcáns de Croscat e Montsacopa ata os de tipo explosivo coma o de Caicat. Salientar que danse casos de tipo mixto coma o de Garrinada ou o de Santa Margarida.

Tamén están presentes formacións creadas a partir da lava volcánica, especialmente visibles na vila de Castelfollit de la Roca. Esta vila aséntase sobre un terreo conformado por columnas basálticas, onde son observables as superposicións das diferentes coladas. O río Fluvià, non sendo capaz de erosionar o basalto, rodeouno e escavou o seu leito nos materiais eocénicos máis febles, formando unha gran plataforma basáltica no cumio da cal se asenta a vila.

O corzo no parque

editar

O corzo coma outros ungulados autóctonos, estivo a piques de desaparecer de Cataluña nos séculos XVIII e XIX. Só certas poboacións dos Pireneos sobreviviron á sobrexplotación por mor da caza [1].

A reintrodución do corzo no Parque Natural da Zona Volcánica da Garrotxa foi levada a cabo polo Parque natural sendo o proxecto aprobado no 1993 en sesión plenaria da Xunta de protección. Entre os anos 1995 e 1998 ceibáronse 49 individuos en catro liberacións feitas en diferentes puntos do parque. A orixe dos animais era a poboación de Chizé, no noroeste de Francia, reserva onde os animais eran obxecto de control sanitario pola ‘’’Office National de la Chasse et La Faune Savage”’. A análise da expansión demográfica levouse a través de 489 localizacións compiladas entre os anos 1995 e 2005, achegadas basicamente polo persoal do Parque natural e polos cazadores de xabaril que​ colaboran no Programa de Seguimento desta especie.

Dez anos despois do inicio do proxecto de reintrodución, estimouse unha poboación entre 900 e 1200 corzos que se distribúen por unha superficie superior ás 14000 hectáreas. Actualmente a poboación da Garrotxa xa entrou en contacto con poboacións veciñas das comarcas do Ripollès e do Alt Empordà.

O aproveitamento cinexético da especie comezou na tempada de caza 2004/2005 con seis autorizacións concedidas, aumentando estas os anos posteriores. Ademais da actividade cinexética tamén son obxecto de seguimento os accidentes de tráfico causados por colisión con vehículos nas estradas do Parque e os posibles efectos negativos da especie sobre as terras de labranza. En ámbolos dous casos as autoridades do parque elaboran periodicamente propostas de posibles medidas correctoras.[2]

  1. El seguiment de les reintroduccions de cabirol a Catalunya. Josep María López. Jornada Tècnica sobre ecología i gestió del cabirol. Olot, 7 de novembro de 2007. Generalitat de Catalunya, Departament de Medi Ambient i Habitatge
  2. La reintroducció del cabirol a la Garrotxa. Expansió de la población i balanç dels 10 anys de seguiment. Carme Rosell, Emili Bassols e Ferran Navàs. Jornada Tècnica sobre ecología i gestió del cabirol. Olot, 7 de novembro de 2007. Generalitat de Catalunya, Departament de Medi Ambient i Habitatge

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Parcs naturals de Catalunya, Francesc Gurri Serra, Generalitat de Catalunya, Editorial 92 SA, Octubre 1997. (en catalán)

Ligazóns externas

editar

Web Turismo do Parque natural da Garrotxa