Abrir o menú principal

Pablo Coira Lojo, nado o 18 de outubro de 1979 en Vilagarcía de Arousa, é un futbolísta galego que xoga na demarcación de lateral dereito.

Pablo Coira
Información persoal
Nacemento 18 de outubro de 1979
  Vilagarcía de Arousa
Nacionalidade España
Posición defensa

TraxectoriaEditar

Comezou a xogar profesionalmente na SD Compostela na Segunda División no ano 1998, un ano despois ficha polo Celta de Vigo para suplir a venda de Michel Salgado, onde militará catro anos cun papel como suplente a causa do gran papel de Juan Velasco na súa mesma posición.

Sendo aínda xogador do SD Compostela formou parte da Selección de fútbol de España Sub-20 que gañou o Campionato do Mundo no ano 1999, compartindo equipo cos tamén galegos Álex Lombardero e o céltico Pablo Couñago, que foi o máximo goleador do torneo.

Ante a falta de oportunidades en Vigo no ano 2003 ficha polo Deportivo Alavés, de onde tras unha cesión ao Recreativo de Huelva marcharía ao Aris de Tesalónica no ano 2006. Un ano despois volvería á península ao UE Figueres en Terceira División

Na tempada 2008-2009 milita no segundo equipo do RCD Espanyol.

O ano seguinte volve emigrar, esta vez a Hungría, ao Budapest Honvéd FC, onde aínda xoga principalmente como centrocampista.

ClubsEditar

PalmarésEditar

Campión do Mundo Sub-20 - 1999

PalmarésEditar

Título Equipo País Ano
Copa Mundial de fútbol Sub-20 Selección española de fútbol   España 1999
Copa Intertoto Real Club Celta de Vigo   España 2000

Subcampión da Copa do Rey en 2001 co Celta de Vigo

Véxase taménEditar