Míchel Salgado
Miguel Ángel "Míchel" Salgado Fernández, nado en Vide (As Neves) o 22 de outubro de 1975, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española e mais coa selección galega, da cal foi seleccionador xunto con Fran.
Míchel Salgado ![]() | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Miguel Ángel Salgado Fernández | ||
Nacemento | 22 de outubro de 1975 | ||
Lugar de nacemento | As Neves | ||
Altura | 1,74 m. | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira xuvenil | |||
Cristo Victoria | |||
Celta de Vigo | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1994–1995 | Celta B | 20 | (0) |
1995–1999 | Celta de Vigo | 92 | (3) |
1996–1997 | → Salamanca (cedido) | 36 | (1) |
1999–2009 | Real Madrid | 254 | (4) |
2009–2012 | Blackburn Rovers | 66 | (0) |
Selección nacional | |||
1994 | España sub-18 | 7 | (0) |
1995 | España sub-19 | 2 | (0) |
1995 | España sub-20 | 5 | (1) |
1996–1998 | España sub-21 | 10 | (0) |
1998–2006 | España | 53 | (0) |
2005 | Galicia | 1 | (0) |
Adestrador | |||
2016– | Galicia | ||
Na rede | |||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Traxectoria editar
Míchel Salgado comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 1994–95 deu o salto ao cadro do primeiro equipo vigués. Tras estar cedido no UD Salamanca a tempada 1996–97, Salgado volveu ao Celta de Vigo onde se consolidou como un dos mellores defensas do fútbol español, que o levaron á selección en 1998, coa que debutou coa derrota de España en Chipre (3–2).
No verán de 1999 o Real Madrid fíxose cos servizos do lateral galego, que gañou a titularidade dende entón no once merengue. É coñecido como "Il due" (o 2), o seu dorsal. No verán de 2009, malia ter tres anos máis de contrato co club branco, o Real Madrid decidiu prescindir dos seus servizos. Salgado fichou polo Blackburn Rovers, que milita na Premier League inglesa, club no que permaneceu até 2012.
O 6 de maio de 2016 foi presentado, xunto con Fran, como seleccionador da selección galega.[1]
Palmarés editar
- 2 veces campión da Copa de Europa, en 2000 e 2002
- 1 vez campión da Copa Intercontinental, en 2002
- 1 vez campión da Supercopa de Europa, en 2002
- 4 veces campión da liga española, en 2001 , 2003 ,2007 e 2008
- 2 veces campión da Supercopa de España, en 2001 e 2003
- Foi internacional absoluto coa selección española. Coa selección española sub 21 gañou no 1998 o Campionato de Europa.
- Tamén foi internacional coa Selección galega.
Como empresario editar
Míchel Salgado converteuse, grazas aos beneficios conseguidos coa práctica deportiva, nun importante empresario. Posúe intereses inmobiliarios en Vigo, asociado nalgúns casos ao exfutbolista Valery Karpin, e no Porriño. Tamén ten investimentos na cría de cabalos de carreiras,[2] e é o presidente do club de hóckey a patíns Vigo Stick.[3]
Tamén ten intereses no sector audiovisual, onde posúe unha porcentaxe da canle Destino Galicia, unha canle de televisión dixital de temática galega.[2]
Vida persoal editar
Casou no verán de 2000 en Madrid con Malula Sanz, filla do entón presidente do Real Madrid, Lorenzo Sanz.[4] A parella tivo tres fillos: Malu, Miguel Ángel e Alan.[5]
Notas editar
- ↑ "Rafael Louzán presentou oficialmente aos novos seleccionadores galegos". Federación Galega de Fútbol. 6 de maio de 2016.
- ↑ 2,0 2,1 O ex celtista Míchel Salgado presenta a súa canle de TV dixital sobre o país. Vieiros. 9 de novembro de 2007
- ↑ Michel Salgado é o novo presidente do Vigo Stick, Vieiros, 3/2/2009
- ↑ Miguélez, José (4 de xaneiro de 2001). "El agitado año de Míchel Salgado". El País (en castelán). Consultado o 28 de marzo de 2022.
- ↑ "El hijo de Míchel Salgado que ha heredado el atractivo y el talento de su padre" (en castelán). 7 de febreiro de 2022. Consultado o 28 de marzo de 2022.