Abrir o menú principal

O Blackburn Rovers Football Club é un equipo de fútbol inglés da Premier League con sede na cidade de Blackburn, Lancashire. O club foi fundado en 1875, sendo un dos membros fundadores da Football League en 1888. É un dos únicos tres clubs ingleses que foi membro fundador tanto da Football League como da Premier League, xunto co Aston Villa e o Everton. En 1890 o Rovers trasladouse ao seu actual terreo de xogo como local, Ewood Park. Antes da formación da Premiership en 1992, a meirande parte dos éxitos do club eran anteriores a 1930, cando gañaran a liga e a FA Cup en varias ocasións. Con todo, un descenso en 1966 significou 26 tempadas seguidas fóra da máxima categoría do fútbol inglés.

Blackburn Rovers
David Bentley corner kick 2008 02 11.jpg
NomeBlackburn Rovers Football Club
Alcume(s)Rovers,
Blue and Whites,
The Riversiders,
The Mighty Blue & Whites
Fundación1875
EstadioEwood Park,
Blackburn, Inglaterra
Inauguración1890
Capacidade31.367
PresidenteInglaterra Derek Shaw
AdestradorInglaterra Gary Bowyer
LigaThe Championship
2013–14
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra

En 1992 o Blackburn ascende á nova Premier League un ano despois de ser tomado polo barón do aceiro local Jack Walker, que fichou a Kenny Dalglish como adestrador con moito éxito, xa que en 1995, despois de gastar millóns en en fichaxes como Alan Shearer ou Chris Sutton, gañan o campionato da Premier League. Porén, a ledicia non durou moito e o club descende de novo en 1999, regresando tan só dous anos despois, xusto despois da morte de Walker, permanecendo nesta categoría dende aquela. Durante esta época o equipo clasificouse á Copa da UEFA en catro ocasións: unha como campión de League Cup, dúas como sexto clasificado da Premier League e outra a través da Copa Intertoto. A temporada 2009-10 marcou a tempada número 70 do club na elite do fútbol inglés non consecutiva. O lema do club é a expresión latina: "Arte et labore", é dicir "Habilidade e traballo duro".

Índice

HistoriaEditar

O Blackburn Rovers foi fundado o 5 de novembro de 1875. En 1912 gañou o seu primeiro título de Liga e en 1914 o seu segundo. En 1995 gañou o seu terceiro e, até o de agora último, título da Premier League.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta dividida en dúas metades, a metade dereita azul con manga branca e a metade esquerda branca con manga azul, pantalón e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta dividida en dúas metades, a metade dereita negra con manga vermella e a metade esquerda vermella con manga negra, pantalón negro e medias negras.

EstadioEditar

Artigo principal: Ewood Park.

O actual estadio do Rovers é Ewood Park, aínda que antes de trasladarse ao mesmo en 1890 xogou noutros recintos deportivos, entre os que se atopan Oozehead Ground (1876-77), Pleasington Cricket Ground (1877-78), Alexandra Meadows (1878-81) e Leamington Road (1881-90).

XogadoresEditar

Categoría principal: Xogadores do Blackburn Rovers FC.

Cadro actualEditar

 
David Dunn.

Cadro actualizado a 9 de xaneiro de 2013.[1]

Posto País Xogador
1 POR   Paul Robinson
3 DEF   Martin Olsson
4 DEF   Nuno Henrique
5 DEF   Gaël Givet
6 MED   Jason Lowe
7 MED   Fábio Nunes
8 MED   David Dunn
9 DIA   Leon Best
10 MED   Mauro Formica
11 DIA   Jordan Rhodes
12 MED   Morten Gamst Pedersen
13 MED   Danny Murphy
14 MED   Marcus Olsson
15 DIA   Joshua King
16 DEF   Scott Dann
17 MED   Paulo Jorge
18 MED   Dickson Etuhu
19 DIA   Edinho Júnior
20 DIA   Jordan Slew
21 DIA   Nuno Gomes
Posto País Xogador
22 DEF   Todd Kane
23 DIA   Rubén Rochina
24 DEF   Josh Morris
25 DIA   David Goodwillie
26 MED   Raheem Hanley
27 DEF   Adam Henley
29 POR   Grzegorz Sandomierski
30 POR   Sebastian Usai
31 DEF   Grant Hanley
33 MED   Simon Vukčević
34 POR   Jake Kean
36 MED   Amine Linganzi
37 MED   Robbie Cotton
38 MED   Diogo Rosado
39 DIA   Colin Kazim-Richards
40 MED   Hugo Fernández
41 MED   Tim Payne
42 DEF   Kellen Daly
-- DEF   Jack O'Connell

CedidosEditar

Posto País Xogador
2 DEF   Bradley Orr (no Ipswich Town)
28 DEF   Anthony O'Connor (no Burton Albion)
32 MEF   Bruno Ribeiro (no Clube Atlético Linense)
Posto País Xogador
DIA   Osayamen Osawe (no Accrington Stanley)
DIA   Curtis Haley (no Chorley)

Records de xogadoresEditar

As estatísticas só inclúen partidos da Premier League (dende 1992), incluídos os períodos dentro do club. Datos a 13 de agosto de 2010.[2] Os xogadores en negra seguen a xogar actualmente no Blackburn Rovers.

Partidos xogadosEditar

 
Brad Friedel.
# Nome Período Aparicións Goles
1   Brad Friedel 2000–2008 261 1
2   Morten Gamst Pedersen 2004–actualidade 260 34
3   Brett Emerton 2003–2011 247 13
4   Tim Sherwood 1992–1999 235 25
5   Tugay Kerimoğlu 2001–2009 233 10
6   Colin Hendry 1991–1998 204 8
7   Jason Wilcox 1992–1999 192 27
8   Lucas Neill 2001–2007 188 5
9   Stuart Ripley 1992–1998 187 13
10   Garry Flitcroft 1996–2006 186 11

Máximos goleadoresEditar

 
Alan Shearer.
# Nome Período Goles Aparicións Goles por partido
1   Alan Shearer 1992–1996 112 138 0.812
2   Chris Sutton 1994–1999 47 130 0.362
3   Kevin Gallacher 1993–1999 46 139 0.715
4   Benni McCarthy 2006–2010 36 95 0.379
5   Morten Gamst Pedersen 2004–actualidade 34 260 0.131
6   Andy Cole 2001–2004 27 83 0.325
7   Jason Wilcox 1992–1999 27 192 0.141
8   Tim Sherwood 1992–1999 25 235 0.106
9   Jason Roberts 2006–2012 23 134 0.172
10   Roque Santa Cruz 2007–2009 23 57 0.404

Galardóns individuaisEditar

Máximo goleador de Europa

Os seguintes xogadores foron os máximos goleadores de toda Europa (antes da instauración en 1968 do premio Bota de Ouro) mentres xogaban para o Blackburn Rovers:

PalmarésEditar

NotasEditar

  1. "1st Team Profiles". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2011. Consultado o 20 de febreiro de 2014. 
  2. "Player by Team by Year Overall". Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 20 de febreiro de 2014. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar