Abrir o menú principal

Benni McCarthy

futbolista sudafricano

Benedict Saul McCarthy máis coñecido como Benni McCarthy, nado o 12 de novembro de 1977 en Cidade do Cabo (Suráfrica) é un futbolista que xoga na demarcación de dianteiro centro.

Benni McCarthy
BenniMcCarthy.jpg
Información persoal
Nome completo Benedict Saul McCarthy
Nacemento 12 de novembro de 1977
  Cidade do Cabo
Nacionalidade Suráfrica
Altura 183 centímetros
Posición Dianteiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Moi xove destacou no equipo surafricano Seven Stars e fichou polo Ajax Amsterdam, co que gañou o Campionato holandés e a Copa de Holanda na tempada 1997-98. Ao ano seguinte o equipo repetiría título gañando a Copa.

No verán de 1999 chegou ao Celta de Vigo, ao igual que os tamén dianteiros Iván Kaviedes e Mario Turdó, onde se fixo coa titularidade dende o primeiro momento. Porén foi perdendo peso no equipo co paso das tempadas, destacando a diferenza de rendemento entre as pretempadas e a tempada propiamente dita, onde non rendía como se agardaba del.

Coa chegada de Catanha mediada a tempada 2001/02 foi cedido ao FC Porto de José Mourinho, onde realizaría unha fantástica segunda parte de campionato, marcando 12 goles en 11 encontros. Porén o seu regreso a Vigo volver ser decepcionante.

Ao rematar este segundo período en Vigo, e tras catro tempadas nas que disputou 66 encontros e marcou 10 goles, foi definitivamente traspasado ao FC Porto.

No equipo portugués tomou parte dunha das mellores tempadas da historia do club, conquistando o Campionato portugués, a Liga de Campións e a Supercopa de Portugal, sendo McCarthy o máximo goleador da Liga portuguesa con 20 goles e marcando 4 goles máis na Copa de Europa.

Ao ano seguinte o seu rendemento baixou, marcando 11 goles. Ao inicio da tempada 2005-06 manifestou o seu desexo de xogar na Premier League, pero non o conseguiu ata o ano seguinte, cando fichou polo Blackburn Rovers. En febreiro de 2010 foi traspasado ao West Ham, de onde se foi un ano despois ao Orlando Pirates de Suráfrica sen marcar ningún gol.

ClubsEditar

PalmarésEditar

Véxase taménEditar