Copa de Portugal

competición de fútbol de Portugal
(Redirección desde «Taça de Portugal»)


A Copa de Portugal (en portugués: Taça de Portugal) é unha competición de fútbol de Portugal. Trátase da máis importante competición portuguesa en formato de copa, así como da segunda competición nacional máis prestixiosa do país, por detrás da Primeira Liga. Dispútase anualmente dende a tempada 1938/39, cando sucedeu ao Campionato de Portugal, utilizando o mesmo trofeo pero cambiando o nome e o formato da competición. Está organizada pola Federación Portuguesa de Fútbol.

Modelo:Competición deportivaCopa de Portugal
Imaxe
Tipocopa nacional de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederação Portuguesa de Futebol (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Número de participantes156 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísPortugal Editar o valor en Wikidata
Vixencia1938 – Editar o valor en Wikidata
Calendario da tempadaagostoEditar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialfpf.pt Editar o valor en Wikidata

Dispútana todos os clubs da Primeira Liga, da Segunda Liga, da Terceira Liga, do Campionato de Portugal e algúns representantes dos Campionatos de Distrito. Os equipos filiais non poden participar. Xógase segundo o sistema de eliminación directa a partido único, a excepción das semifinais que se xogan a ida e volta. Desde 2015 denomínase Taça de Portugal Placard por motivos de patrocinio.[1]

A conquista do torneo dá acceso directo á fase de grupos da Europa League. A final xógase no Estadio Nacional do Jamor, en Oeiras, e o trofeo é tradicionalmente entregado polo Presidente da República Portuguesa.

O primeiro vencedor do torneo foi o Académica, mentres que o club máis laureado é o Benfica, con 26 títulos.

Historia

editar
 
A primeira Copa de Portugal, gañada polo Académica en 1939.

Na tempada 1921/22 creouse o Campionato de Portugal, un torneo con formato de eliminatorias que foi a primeira competición oficial portuguesa a nivel nacional.[2] Os clubs clasificábanse en competicións rexionais (en sistema de liga) e despois disputaban o Campionato de Portugal (en sistema de eliminatorias). O primeiro vencedor do Campionato de Portugal foi o FC Porto. Os clubs que máis títulos lograron nesta época foron o Sporting e o propio Porto, con catro trofeos cada un.[3][4][5][6][7]

Na tempada 1938/39 o fútbol portugués atravesou varias reformas e foi nese momento cando se creou a Copa de Portugal,[8] substituíndo ao desaparecido Campionato de Portugal, pero utilizando o mesmo trofeo e o mesmo sistema de eliminatorias. O primeiro campión da nova competición foi o Académica de Coimbra. O vencedor da segunda edición foi o Benfica, que foi o principal dominador da competición durante as seguintes décadas, sumando ata 26 títulos.

O Campionato de Portugal, nas súas 17 edicións disputadas, tivo sete gañadores diferentes.[4] A Copa de Portugal foi gañada por 13 clubs diferentes.[9][8][5][6][7]

Formato

editar

A Copa de Portugal é disputada anualmente por todos os clubs da Primeira Liga, da Segunda Liga, da Terceira Liga e do Campionato de Portugal, polos campións e subcampións dos Campionatos de Distritos, e polos campións das Copas de Distrito. Os equipos filiais que participan nalgún deses campionatos non poden participar na Copa de Portugal.

O formato actual da Copa de Portugal consta de seis eliminatorias a un só partido, seguidas dunhas semifinais a ida e volta, e un partido final nun campo neutral, o Estadio Nacional.

Trofeo

editar

Trofeo oficial

editar

O trofeo oficial da Copa de Portugal, que data de 1922, pertence á Federación Portuguesa de Fútbol. Pesa 20 kg e consiste nunha copa de prata cicelada e ricamente ornamentada ao estilo manuelino. Consta dun relevo prateado formada por carabelas e en segundo plano fragatas. Na parte superior contén escudos coa Cruz de Cristo e o Escudo Nacional. Na parte inferior destaca a decoración con catro floróns. As asas do trofeo están trenzadas e rematadas pola esfera armilar e a Cruz de Cristo. Conectando o relevo á base hai 4 columnas, cada unha decorada con 145 flores de lis rematadas nos extremos por medias canas. A base, feita en madeira, está decorada con 4 floróns de prata, coincidentes cos floróns do relevo. A base ten no medio un escudo de prata ricamente estilizado no medio e remata cun pedestal de madeira onde anualmente se colocan en placas de prata os nomes dos clubs gañadores.[10]

O trofeo que antes se entregaba aos gañadores do Campionato de Portugal (1921–1938) era idéntico ao da Copa de Portugal. Na base do trofeo oficial da Copa de Portugal están tamén os nomes de todos os gañadores do Campionato de Portugal.[10]

Réplica

editar

O gañador de cada edición recibe unha réplica, igualmente adornada pero máis pequena que a orixinal. A réplica pesa 1.695 gramos e mide 58 cm de altura.

Estadio da final

editar
 
Estadio Nacional, escenario da final da Copa de Portugal

As primeiras finais da Copa de Portugal disputáronse no Estádio do Lumiar e no Campo das Salésias, ambos en Lisboa. O Estádio Nacional inaugurado en 1944 en Oeiras, preto de Lisboa, acolle tradicionalmente a final da Copa de Portugal desde 1946, con só seis excepcións.[10][11]

En 1961, a Federación Portuguesa de Fútbol acordou cos clubs finalistas (FC Porto e Leixões), e por petición do Porto, que a final se disputase no estadio deste club, o estadio das Antas.[10] A pesar de xogar na casa, o club do Porto caeu derrotado por 0-2, sendo esta a única conquista do Leixões na Copa de Portugal. Nas tempadas 1974/75, 1975/76 e 1976/77, a Federación decidiu que a final se xogase no estadio do club que tivese gañado a Copa a tempada anterior.

En 1975, a final enfrontou ao Boavista contra o Benfica, coa vitoria do primeiro por 2-1. Dita final tivo lugar por primeira e única vez no estadio José Alvalade, xa que o Sporting gañara a Copa a tempada anterior. Ao ano seguinte, en 1976, a final foi disputada de novo polo Boavista ante o Vitória, logrando outra vez a vitoria o equipo do Porto por 2-1. O partido tivo lugar no estadio das Antas porque a Federación considerou que o estadio do Bessa, sede do Boavista, era demasiado pequeno para acoller a final. En 1977, a final volveu xogarse no estadio das Antas.[10] Outro dos motivos polos cales se cambiaron as sedes das edicións de 1975 a 1977 era que o Estadio Nacional de Jamor estaba considerado como un símbolo do Estado Novo que acababa de ser derrocado.[10]

Na tempada 1982/83, o FC Porto pediu de novo á Federación Portuguesa disputar a final contra o Benfica no seu estadio, declarando que se negarían a xogar se esta se celebrase no Estadio Nacional. A FPF cedeu e a final de 1983 disputouse no estadio das Antas, gañando os encarnados por 1-0. Na tempada 2019/20, debido á pandemia de COVID-19, a final non se celebrou no Estadio Nacional por non contar con condicións de seguridade suficientes. Así, a final da Copa de Portugal desa tempada disputouse por primeira vez no estadio Cidade de Coimbra, situación que se repetiu na seguinte campaña.

Campionato de Portugal

editar

Historial

editar
Tempada Campión Resultado Subcampión Sede da final
1921–22 FC Porto 3 - 1 (pro.) Sporting Campo de Bessa, Porto
1922–23 Sporting 3-0 Académica Estadio do Santo, Faro
1923–24 Olhanense 4 - 2 FC Porto Campo Grande, Lisboa
1924–25 FC Porto 2 - 1 Sporting Campo de Monserrate, Viana do Castelo
1925–26 Marítimo 2 - 0 Belenenses Campo do Ameal, Porto
1926–27 Belenenses 3-0 Vitória de Setubal Estadio Lumiar, Lisboa
1927–28 Carcavelinhos 3 - 1 Sporting Campo de Palhavã, Lisboa
1928–29 Belenenses 3 - 1 União de Lisboa Campo de Palhavã, Lisboa
1929–30 Benfica 3 - 1 (pro.) Barreirense Estadio Campo Grande, Lisboa
1930–31 Benfica 3-0 FC Porto Campo do Arnado, Coimbra
1931–32 FC Porto 4-4 ap
2 - 1
Belenenses Campo do Arnado, Coimbra
1932–33 Belenenses 3 - 1 Sporting Estadio Lumiar, Lisboa
1933–34 Sporting 4-3 ap Barreirense Estadio Lumiar, Lisboa
1934–35 Benfica 2 - 1 Sporting Estadio Lumiar, Lisboa
1935–36 Sporting 3 - 1 Belenenses Estadio Lumiar, Lisboa
1936–37 FC Porto 3-2 Sporting Campo do Arnado, Coimbra
1937–38 Sporting 3 - 1 Benfica Estadio Lumiar, Lisboa

Títulos por club

editar
Pos Club Títulos Subcampionatos Anos campión
1 Sporting 4 6 1922–23, 1933–34, 1935–36, 1937–38
2 FC Porto 4 2 1921–22, 1924–25, 1931–32, 1936–37
3 Belenenses 3 3 1926–27, 1928–29, 1932–33
4 Benfica 3 1 1929–30, 1930–31, 1934–35
5 Olhanense 1 1923–24
Marítimo 1 1925–26
Carcavelinhos 1 1927–28
8 Barreirense 2
9 Académica 1
Vitória de Setúbal 1
União de Lisboa 1

Copa de Portugal

editar

Historial

editar
Tempada Campión Resultado Subcampión Sede da final
1938–39 Académica 4 – 3 Benfica Campo das Salésias, Lisboa
1939–40 Benfica 3 – 1 Belenenses Estádio do Lumiar, Lisboa
1940–41 Sporting 4 – 1 Belenenses Campo das Salésias, Lisboa
1941–42 Belenenses 2 – 0 Vitória de Guimarães Estádio do Lumiar, Lisboa
1942–43 Benfica 5 – 1 Vitória de Setúbal Campo das Salésias, Lisboa
1943–44 Benfica 8 – 0 Estoril-Praia Campo das Salésias, Lisboa
1944–45 Sporting 1 – 0 Olhanense Campo das Salésias, Lisboa
1945–46 Sporting 4 – 2 Atlético Estádio Nacional, Jamor
1946–47 Non disputada debido a problemas de calendario
1947–48 Sporting 3 – 1 Belenenses Estádio Nacional, Jamor
1948–49 Benfica 2 – 1 Atlético Estádio Nacional, Jamor
1949–50 Non disputada debido á organización da Copa Latina no Estadio Nacional
1950–51 Benfica 5 – 1 Académica Estádio Nacional, Jamor
1951–52 Benfica 5 – 4 Sporting Estádio Nacional, Jamor
1952–53 Benfica 5 – 0 FC Porto Estádio Nacional, Jamor
1953–54 Sporting 3 – 2 Vitória de Setúbal Estádio Nacional, Jamor
1954–55 Benfica 2 – 1 Sporting Estádio Nacional, Jamor
1955–56 FC Porto 2 – 0 Torreense Estádio Nacional, Jamor
1956–57 Benfica 3 – 1 Sporting da Covilhã Estádio Nacional, Jamor
1957–58 FC Porto 1 – 0 Benfica Estádio Nacional, Jamor
1958–59 Benfica 1 – 0 FC Porto Estádio Nacional, Jamor
1959–60 Belenenses 2 – 1 Sporting Estádio Nacional, Jamor
1960–61 Leixões 2 – 0 FC Porto Estádio das Antas, Porto
1961–62 Benfica 3 – 0 Vitória de Setúbal Estádio Nacional, Jamor
1962–63 Sporting 4 – 0 Vitória de Guimarães Estádio Nacional, Jamor
1963–64 Benfica 6 – 2 FC Porto Estádio Nacional, Jamor
1964–65 Vitória de Setúbal 3 – 1 Benfica Estádio Nacional, Jamor
1965–66 SC Braga 1 – 0 Vitória de Setúbal Estádio Nacional, Jamor
1966–67 Vitória de Setúbal 3 – 2 (pro.) Académica Estádio Nacional, Jamor
1967–68 FC Porto 2 – 1 Vitória de Setúbal Estádio Nacional, Jamor
1968–69 Benfica 2 – 1 Académica Estádio Nacional, Jamor
1969–70 Benfica 3 – 1 Sporting Estádio Nacional, Jamor
1970–71 Sporting 4 – 1 Benfica Estádio Nacional, Jamor
1971–72 Benfica 3 – 2 (pro.) Sporting Estádio Nacional, Jamor
1972–73 Sporting 3 – 2 Vitória de Setúbal Estádio Nacional, Jamor
1973–74 Sporting 2 – 1 Benfica Estádio Nacional, Jamor
1974–75 Boavista 2 – 1 Benfica Estádio José Alvalade, Lisboa
1975–76 Boavista 2 – 1 Vitória de Guimarães Estádio das Antas, Porto
1976–77 FC Porto 1 – 0 SC Braga Estádio das Antas, Porto
1977–78 Sporting 1 – 1 (pro.) FC Porto Estádio Nacional, Jamor
2 – 1 Estádio Nacional, Jamor
1978–79 Boavista 1 – 1 (pro.) Sporting Estádio Nacional, Jamor
1 – 0 Estádio Nacional, Jamor
1979–80 Benfica 1 – 0 FC Porto Estádio Nacional, Jamor
1980–81 Benfica 3 – 1 FC Porto Estádio Nacional, Jamor
1981–82 Sporting 4 – 0 SC Braga Estádio Nacional, Jamor
1982–83 Benfica 1 – 0 FC Porto Estádio das Antas, Porto
1983–84 FC Porto 4 – 1 Rio Ave Estádio Nacional, Jamor
1984–85 Benfica 3 – 1 FC Porto Estádio Nacional, Jamor
1985–86 Benfica 2 – 0 Belenenses Estádio Nacional, Jamor
1986–87 Benfica 2 – 1 Sporting Estádio Nacional, Jamor
1987–88 FC Porto 1 – 0 Vitória de Guimarães Estádio Nacional, Jamor
1988–89 Belenenses 2 – 1 Benfica Estádio Nacional, Jamor
1989–90 Estrela da Amadora 1 – 1 (pro.) Farense Estádio Nacional, Jamor
2 – 0 Estádio Nacional, Jamor
1990–91 FC Porto 3 – 1 (pro.) Beira-Mar Estádio Nacional, Jamor
1991–92 Boavista 2 – 1 FC Porto Estádio Nacional, Jamor
1992–93 Benfica 5 – 2 Boavista Estádio Nacional, Jamor
1993–94 FC Porto 0 – 0 (pro.) Sporting Estádio Nacional, Jamor
2 – 1 (pro.) Estádio Nacional, Jamor
1994–95 Sporting 2 – 0 Marítimo Estádio Nacional, Jamor
1995–96 Benfica 3 – 1 Sporting Estádio Nacional, Jamor
1996–97 Boavista 3 – 2 Benfica Estádio Nacional, Jamor
1997–98 FC Porto 3 – 1 Braga Estádio Nacional, Jamor
1998–99 Beira-Mar 1 – 0 Campomaiorense Estádio Nacional, Jamor
1999–00 FC Porto 1 – 1 (pro.) Sporting Estádio Nacional, Jamor
2 – 0 Estádio Nacional, Jamor
2000–01 FC Porto 2 – 0 Marítimo Estádio Nacional, Jamor
2001–02 Sporting 1 – 0 Leixões Estádio Nacional, Jamor
2002–03 FC Porto 1 – 0 União de Leiria Estádio Nacional, Jamor
2003–04 Benfica 2 – 1 (pro.) FC Porto Estádio Nacional, Jamor
2004–05 Vitória de Setúbal 2 – 1 Benfica Estádio Nacional, Jamor
2005–06 FC Porto 1 – 0 Vitória de Setúbal Estádio Nacional, Jamor
2006–07 Sporting 1 – 0 Belenenses Estádio Nacional, Jamor
2007–08 Sporting 2 – 0 (pro.) FC Porto Estádio Nacional, Jamor
2008–09 FC Porto 1 – 0 Paços de Ferreira Estádio Nacional, Jamor
2009–10 FC Porto 2 – 1 Chaves Estádio Nacional, Jamor
2010–11 FC Porto 6 – 2 Vitória de Guimarães Estádio Nacional, Jamor
2011–12 Académica 1 – 0 Sporting Estádio Nacional, Jamor
2012–13 Vitória de Guimarães 2 – 1 Benfica Estádio Nacional, Jamor
2013–14 Benfica 1 – 0 Rio Ave Estádio Nacional, Jamor
2014–15 Sporting 2 – 2 (pro.)
(3–1 pen.)
SC Braga Estádio Nacional, Jamor
2015–16 SC Braga 2 – 2 (pro.)
(4–2 pen.)
FC Porto Estádio Nacional, Jamor
2016–17 Benfica 2 – 1 Vitória de Guimarães Estádio Nacional, Jamor
2017–18 Desportivo das Aves 2 – 1 Sporting Estádio Nacional, Jamor
2018–19 Sporting 2 – 2 (pro.)
(5–4 pen.)
FC Porto Estádio Nacional, Jamor
2019–20 FC Porto 2 – 1 Benfica Estádio Cidade de Coimbra, Coimbra
2020–21 SC Braga 2 – 0 Benfica Estádio Cidade de Coimbra, Coimbra
2021–22 FC Porto 3 – 1 CD Tondela Estádio Nacional, Jamor

Títulos por club

editar
Pos Club Títulos Subcampionatos Anos campión
1 Benfica 26 12 1939–40, 1942–43, 1943–44, 1948–49, 1950–51, 1951–52, 1952–53, 1954–55, 1956–57, 1958–59, 1961–62, 1963–64, 1968–69, 1969–70, 1971–72, 1979–80, 1980–81, 1982–83, 1984–85, 1985–86, 1986–87, 1992–93, 1995–96, 2003–04, 2013–14, 2016–17
2 FC Porto 18 14 1955–56, 1957–58, 1967–68, 1976–77, 1983–84, 1987–88, 1990–91, 1993–94, 1997–98, 1999–00, 2000–01, 2002–03, 2005–06, 2008–09, 2009–10, 2010–11, 2019–20, 2021-22
3 Sporting 17 12 1940–41, 1944–45, 1945–46, 1947–48, 1953–54, 1962–63, 1970–71, 1972–73, 1973–74, 1977–78, 1981–82, 1994–95, 2001–02, 2006–07, 2007–08, 2014–15, 2018–19
4 Boavista 5 1 1974–75, 1975–76, 1978–79, 1991–92, 1996–97
5 Vitória de Setúbal 3 7 1964–65, 1966–67, 2004–05
6 Belenenses 3 5 1941–42, 1959–60, 1988–89
7 SC Braga 3 4 1965–66, 2015–16, 2020–21
8 Académica 2 3 1938–39, 2011–12
9 Vitória de Guimarães 1 6 2012–13
10 Leixões 1 1 1960–61
Beira-Mar 1 1 1998–99
12 Estrela da Amadora 1 1989–90
Desportivo das Aves 1 2017–18
14 Atlético 2
Marítimo 2
Rio Ave 2
17 Estoril-Praia 1
Olhanense 1
Torreense 1
SC Covilhã 1
Farense 1
Campomaiorense 1
União de Leiria 1
Paços de Ferreira 1
Desportivo de Chaves 1
CD Tondela 1
  1. "Patrocinador para a Taça de Portugal" (en portugués). 19 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2022. Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  2. Serpa & Serpa 2004.
  3. "Palmarés da Copa de Portugal". antf.pt (en portugués). Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 Silveira, João Pedro. "Campeonato de Portugal 1922-38". zerozero.pt (en portugués). Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  5. 5,0 5,1 Tovar, Rui Miguel (2012). Almanaque do Benfica (en portugués). Lua De Papel. ISBN 989-2327-64-0. 
  6. 6,0 6,1 Tovar, Rui Miguel (2015). Almanaque do Leão (en portugués). Top Books. ISBN 989-7061-53-3. 
  7. 7,0 7,1 Rui Miguel, Tovar (2011). Almanaque do FC Porto (en portugués). Caderno. ISBN 989-2315-43-X. 
  8. 8,0 8,1 "Taça de Portugal". zerozero.pt (en portugués). Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  9. "Taça de Portugal Placard". Federación Portuguesa de Fútbol (en portugués). Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 10,5 "Final 2020" (PDF). Federación Portugesa de Fútbol (en portugués). p. 13. Consultado o 7 de outubro de 2022. 
  11. "História". jamor.ipdj.pt (en portugués). Consultado o 7 de outubro de 2022. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Serpa, Homero; Serpa, Vítor (2004). História do Futebol em Portugal, , Edição CTT, 2004 (en portugués). Clube do Coleccionador dos Correios. ISBN 972-9127-85-9. 

Ligazóns externas

editar