Estado Novo
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Estado Novo ou II República Portuguesa é o nome do réxime político autoritario e corporativista que tivo lugar durante 41 anos en Portugal de forma ininterrompida, desde 1933, coa aprobación dunha nova Constitución por plebiscito nacional, até 1974, coa Revolución dos Cravos. Coa designación Estado Novo pretendíase dicir que se iniciaba unha nova fase política do país, diferente da primeira República portuguesa.[Cómpre referencia]
Himno | A Portuguesa ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Poboación | |||||
Lingua oficial | lingua portuguesa ![]() | ||||
Relixión | Igrexa católica ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 2.168.071 km² ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 19 de marzo de 1933 ![]() | ||||
Disolución | 25 de abril de 1974 ![]() | ||||
Sucedido por | Terceira República Portuguesa ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Autocracia ![]() | ||||
Membro de | |||||
Moeda | Escudo portugués ![]() | ||||
É tamén chamado Salazarismo, malia que este último termo pode tamén ser aplicado ao período en que António de Oliveira Salazar gobernou, é dicir, desde a súa ascensión ao cargo de Presidente do Consello de Ministros en 1932 até o seu afastamento por doenza en 1968. Salazar foi substituído despois por Marcelo Caetano. Non obstante, esta última designación revela que o Estado Novo estaba moi centrado e dependía profundamente da figura de Salazar, o seu fundador e "xefe".[Cómpre referencia]
Tratouse da ditadura máis longa na Europa occidental durante o século XX. Alongouse durante 48 anos, incluíndo a ditadura militar de 1926 a 1933 e o Estado Novo que abrangue o período entre os anos 1933 e 1974. [Cómpre referencia]