Abrir o menú principal

Índice

1 escudo (1987)
20 escudos (1987)
200 escudos (1991)

O Escudo portugués, simbolizado polo cifrão (como o símbolo do dólar [$], pero con dúas barras verticais), foi a moeda oficial de Portugal antes do euro. O escudo deu orixe a outras variacións de Escudo nas colonias portuguesas africanas e asiáticas.

O seu código segundo a norma ISO 4217 é PTE.

A seu nome provén da imaxe que aparecía representada nas primeiras moedas dese valor: un escudo. Eran de ouro de 18 quilates, e valía 50 marcos.

Malia que o euro entrou en vigor o 1 de xaneiro de 2002, o escudo tivo validez ata o 28 de febreiro dese mesmo ano. A taxa de conversión entre escudos e euros foi establecida o 31 de decembro de 1998, sendo fixado o valor de 1 euro en 200,482 escudos.

HistoriaEditar

No reinado de Duarte de Portugal apareceu o medio-escudo de ouro, do que non se coñece nin o deseño. No reinado de Xoán V cuñáronse tamén as dobras, múltiplos do escudo. Tamén nos reinados de Xosé I, María I e Xoán VI se cuñaron escudos.

O decreto do 22 de maio de 1911 reformou profundamente, baixo o punto de vista técnico, o sistema monetario vixente en Portugal, alterando a denominación de tódalas moedas, o material, o peso, e as dimensións das pezas de bronce, e substituíu o real polo escudo de ouro. Dividido en 100 partes iguais, denominadas "centavos", o escudo correspondía, tanto no valor como no peso de ouro fino, á moeda de 1.000 réis. Como múltiplos, creáronse moedas de ouro, que nunca se chegaron a cuñar, de 2, 5 e 10 escudos, e como submúltiplos, moedas do valor legal de 10, 20 e 50 centavos, e moedas subsidiarias de bronce e níquel de valor legal de 4, 2, 1 e ½ centavos, que, agás a última, chegaron a ser cuñadas.

Despois de 1914, debido á crise provocada pola Primeira Guerra Mundial, o escudo-papel (billetes) experimentou un descenso vertixinoso de valor, acadando a súa menor correspondencia en ouro en xullo de 1924. Desde o segundo semestre de 1926 ata abril de 1928 o escudo sufriu novas desvalorizacións, como consecuencia de dous aumentos de circulación, do agravamento da débeda flutuante interna e externa, e do case total esgotamento das reservas de ouro que o Tesouro Nacional posuía en Londres.

Polo decreto nº 19.869 do 9 de xuño de 1931 lanzáronse as bases dun novo sistema monetario, para manter a estabilización do valor desta moeda. O escudo de ouro continuaba sendo a unidade monetaria, mais cun peso inferior, servindo apenas como moeda-padrón.

MoedasEditar

As moedas en circulación antes da chegada do euro eran as seguintes:

  • 1 escudo
  • 5 escudos
  • 10 escudos
  • 20 escudos
  • 50 escudos
  • 100 escudos
  • 200 escudos

BilletesEditar

Última serieEditar

A última serie de cédulas portuguesas, composta de cinco valores, estaba dedicada a importantes navegantes da época dos descubrimentos portugueses.

Última serie
Denominación Cor predominante Dimensións Descrición do anverso Descrición do reverso
500 escudos Vermello e marrón 125 x 68 mm João de Barros Dous navegantes da época e dous navíos pequenos
1.000 escudos Violeta e marrón 132 x 68 mm Pedro Álvares Cabral Unha carabela e de fondo unha selva.
2.000 escudos Azul 139 x 68 mm Bartolomeu Dias Unha carabela, a rosa dos ventos e un compás; de fondo un mapa antigo de África e Europa.
5.000 escudos Verde 146 x 75 mm Vasco da Gama Unha carabela e un conxunto de personaxes da época.
10.000 escudos Vermello e ocre 153 x 75 mm Infante Henrique Unha carabela.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar