Paços de Ferreira
Coordenadas: 41°17′N 8°23′O / 41.283, -8.383
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Paços de Ferreira é un concello portugués do distrito do Porto, rexión de Entre Douro e Minho e subrexión do Vale do Sousa e Baixo Tâmega. No ano 2011 tiña 56.340 habitantes.
Paços de Ferreira | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Norte | ||
Subrexión | Tâmega | ||
Distrito | Porto | ||
Xeografía | |||
Altitude | 300 msnm | ||
Superficie | 70,99 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 56.340 hab. (2011) | ||
Densidade | 793,63 hab/km² | ||
Xentilicio | Pacense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 4590 e 4595 | ||
Alcalde | Humberto Brito (PS) | ||
www.cm-pacosdeferreira.pt |
XeografíaEditar
O concello, de 70,99 km², ten a súa capital na vila do mesmo nome, de 7.491 habitantes (2011), e abrangue 12 freguesías. Limita ao leste co concello de Lousada, ao sur co de Paredes, ao suroeste co de Valongo e ao oeste e ao norte co de Santo Tirso. Está atravesado polo río Ferreira, afluente do río Sousa, que á súa vez é afluente do río Douro. A serra da Agrela é unha pequena elevación que limita o concello polo oeste.
Ten unha densidade de poboación moi elevada, sendo un dos municipios con maior porcentaxe de poboación nova de Portugal. Até o 2013 abranguía 16 freguesías, pero trala reforma administrativa dese ano pasaron a 12: uníronse Paços de Ferreira con Modelos, Arreigada con Frazão, e Sanfins de Ferreira con Lamoso e Codessos. Case todas as freguesías son bastante homoxéneas en número de habitantes, pero as mais poboadas son as cidades de Paços de Ferreira e Freamunde, as vilas de Frazão e Carvalhosa, e as aldeas de Ferreira e Seroa.
|
HistoriaEditar
Ata as revolucións liberais do inicio do século XIX, formou parte do Couto de Ferreira. O actual concello existe dende 6 de novembro de 1836, e a antiga vila de Paços de Ferreira ten a categoría de cidade dende 20 de maio de 1993.
EconomíaEditar
Paços de Ferreira é coñecido como a "Capital do Móvel" (Capital dos Mobles) xa que a súa industria de fabricación de mobles é a que máis produce en Portugal e unha das máis importantes de Europa. As estradas do concello, coas súas centenas de tendas de mobles, son consideradas a maior mostra de mobiliario de toda a Europa.
DeporteEditar
Na cidade pacense xoga o club de fútbol FC Paços de Ferreira, que participou unha vez na Liga de Campións da UEFA e tres veces na UEFA Europa League, e foi tamén finalista da Taça de Portugal e da Taça da Liga de Portugal.
PatrimonioEditar
O Dolmen de Lamoso foi declarado Inmóbel de Interese Público o 24 de xaneiro de 1967. O Penedo das Ninfas, en Sanfins de Ferreira, foi declarado IIP o 17 de abril de 1953. A Citânia de Sanfins, un dos maiores e máis importantes castros do noroeste peninsular, foi declarado Monumento Nacional o 20 de agosto de 1946.
O Mosteiro de Ferreira, de estilo románico, foi declarado Monumento Nacional o 3 de febreiro de 1928. O Pelourinho de Paços de Ferreira foi declarado IIP o 11 de outubro de 1933. Outro patrimonio destacable do concello é a Casa da Praça, a capela de San Francisco (Freamunde) e o cruzeiro de Eiriz.