Abrir o menú principal

Míchel Salgado

futbolista español
(Redirixido desde "Michel Salgado")

Miguel Ángel "Míchel" Salgado Fernández, nado en Vide (As Neves) o 22 de outubro de 1975, é un ex futbolista galego. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección española e a selección galega.

Míchel Salgado
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
Míchel Salgado.jpg
Información persoal
Nome completo Miguel Ángel Salgado Fernández
Nacemento 22 de outubro de 1975 (44 anos)
  As Neves
Nacionalidade España
Altura 1,74 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Cristo Victoria
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1994–1995 Celta B 20 (0)
1995–1999 Celta de Vigo 92 (3)
1996–1997Salamanca (cedido) 36 (1)
1999–2009 Real Madrid 254 (4)
2009–2012 Blackburn Rovers 66 (0)
Selección nacional
1994 España sub-18 7 (0)
1995 España sub-19 2 (0)
1995 España sub-20 5 (1)
1996–1998 España sub-21 10 (0)
1998–2006 España 53 (0)
2005 Galicia 1 (0)
Adestrador
2016– Galicia

* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

editar datos en Wikidata ]

Actualmente é o seleccionador, xunto con Fran, da selección galega.

TraxectoriaEditar

Míchel Salgado comezou a súa carreira como futbolista nas categorías inferiores do Celta de Vigo. Na tempada 1994–95 deu o salto ao cadro do primeiro equipo vigués. Tras estar cedido no UD Salamanca a tempada 1996–97, Salgado volveu ao Celta de Vigo onde se consolidou como un dos mellores defensas do fútbol español, que o levaron á selección en 1998, coa que debutou coa derrota de España en Chipre (3–2).

No verán de 1999 o Real Madrid fíxose cos servizos do lateral galego, que gañou a titularidade dende entón no once merengue. É coñecido como "Il due" (o 2), o seu dorsal. No verán de 2009, malia ter tres anos máis de contrato co club branco, o Real Madrid decidiu prescindir dos seus servizos. Salgado fichou polo Blackburn Rovers, que milita na Premier League inglesa, club no que permaneceu até 2012.

O 6 de maio de 2016 foi presentado, xunto con Fran, como seleccionador da selección galega.[1]

PalmarésEditar

Como empresarioEditar

Míchel Salgado converteuse, grazas aos beneficios conseguidos coa práctica deportiva, nun importante empresario. Posúe intereses inmobiliarios en Vigo, asociado nalgúns casos ao ex-futbolista Valery Karpin, e no Porriño. Tamén ten investimentos na cría de cabalos de carreiras[2], e é o presidente do club de hóckey a patíns Vigo Stick[3].

Tamén ten intereses no sector audiovisual, onde posúe unha porcentaxe da canle Destino Galicia, unha canle de televisión dixital de temática galega.[2].

NotasEditar

Véxase taménEditar