Manuel Jiménez Abalo
futbolista español
Manuel Enrique Jiménez Abalo, nado en Vilagarcía de Arousa o 27 de outubro de 1956, é un exfutbolista galego, que xogaba de defensa central.
Manuel Jiménez | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Manuel Enrique Jiménez Abalo | ||
Nacido | 27 de outubro de 1956 | ||
Lugar | Vilagarcía de Arousa | ||
Altura | 1,77 | ||
Posición | Defensa | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Iniciouse no Carril, e xogou na terceira división co Arosa SC. En 1979 fichou polo Sporting de Gijón, onde xogou até 1991. Participou en 420 partidos de liga, nos que meteu 8 goles, chegando a acadar a cuarta posición na liga 1986-87, na que xogou 43 partidos. Na liga 1991-92 xogou os 38 partidos co Real Burgos CF.
Xogou un partido coa selección de fútbol de España o 18 de novembro de 1981, un amigábel contra a selección polaca. Foi seleccionado para o combinado que participou no Mundial de Fútbol España 1982.