Abrir o menú principal

Club Deportivo Alcoyano

(Redirixido desde "CD Alcoyano")

O Club Deportivo Alcoyano (en valenciano: Club Esportiu Alcoià) é un club de fútbol de España da cidade de Alcoi na provincia de Alacant. Foi fundado en 1929 e milita actualmente no grupo 6 da Terceira división española.

Alcoyano
Escudo CD Alcoyano.png
NomeClub Deportivo Alcoyano
Alcume(s)Deportivo
Fundación1929
EstadioEl Collao,
Alcoi, España
Inauguración1929
Capacidade4.500
PresidenteEspaña Juan Serrano Morillas
AdestradorEspaña Vicente Parras
Liga3ª – Grupo 6
2018–1916.º (2ªB – Grupo 3)
Páxina webPáxina web
Na casa
Fóra
Terceira

É un dos clubs históricos da Comunidade Valenciana, cunha traxectoria de 4 tempadas en Primeira División e 12 en Segunda. O seu maior logro na Liga é un 10º posto en Primeira na tempada 1947-48.

HimnoEditar

O himno oficial do club titúlase La Moral del Alcoyano, con música de Miguel Peidró e Jaime Lloret e letra de Armando Santacreu, foi composto en 1979 por motivo das vodas de ouro do club. En 2004, coincidindo co 75º aniversario da entidade, modernizouse a música e foi interpretado polo cantante alcoyano José Zamora. Tamén se fixo unha versión coa letra en valenciano.

UniformeEditar

  • Uniforme titular: Camiseta de franxas branquiazuis, pantalón azul e medias branquiazuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta cunha cruz vermella, pantalón vermello e medias vermellas.

EstadioEditar

O Club Deportivo Alcoyano xoga os seus partidos no estadio El Collao. El Collao é unha instalación deportiva municipal inaugurada en 1929, con capacidade para 4.500 espectadores e con dimensións de 102 x 65 metros. Debido á súa singular construción, adóitase dicir que é un campo con estilo inglés, e habitualmente presenta boas entradas de público.

Datos do clubEditar

PalmarésEditar

FilialEditar

Artigo principal: Club Deportivo Alcoyano B.

O CD Alcoyano B, creouse na tempada 2007-08 en Segunda Rexional, conseguindo o ascenso directo esa mesma tempada ao terminar campión do seu grupo. Na actualidade milita en Primeira Rexional. Este filial ten como obxectivo formar aos mozos para que nun futuro poidan dar o salto ao primeiro equipo.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar