Francisco Javier Mulero Villena

futbolista galego

Francisco Javier Mulero Villena, nado en Barcelona o 17 de agosto de 1966, é un exfutbolista español que xogaba de defensa central e líbero. Formado na canteira do FC Barcelona, destacou especialmente no Mallorca e no Compostela, disputando todas as tempadas do club santiagués na Primeira División.

Villena
Información persoal
Nome Francisco Javier Mulero Villena
Nacemento 17 de agosto de 1966
Lugar de nacemento Barcelona
Altura 1,77 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
FC Barcelona
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1985–1988 Barcelona Aficionados 40 (6)
1987–1992 Barcelona Atlético 70 (14)
1990–1991 Real Burgos 36 (0)
1991–1992 Mallorca 21 (0)
1992–1994 Mallorca 63 (4)
1994–2000 Compostela 129 (5)
2000–2001 Nàstic 22 (1)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse na canteira do FC Barcelona e xogou nos seus dous filiais, en Segunda B e Segunda. A pesar de xogar como defensa central, na súa última tempada no Barcelona B, foi o terceiro máximo goleador do equipo con 11 tantos, só por detrás de Pinilla e Geli.

En 1990 foi cedido ao Real Burgos, da Primeira División. Debutou na máxima categoría na primeira xornada contra o Cádiz, e foi titular no equipo de Novoa toda a tempada, formando parella de centrais con José Luis Ribera. Ao ano seguinte saíu nunha nova cesión, ao Mallorca adestrado por Serra Ferrer, co que descendeu a Segunda na súa primeira campaña. Xogou dúas tempadas máis no equipo balear, disputando un total de 96 partidos.

En 1994 fichou pola SD Compostela de Castro Santos, que acababa de ascender á Primeira División por primeira e única vez na súa historia.[1] Durante os seguintes anos formou na defensa compostelá xunto a futbolistas como Bellido, Nacho, Mauro ou Tocornal, e disputou 154 partidos oficiais en seis anos. Deixou o club no ano 2000, xogando unha última tempada co Nàstic en Segunda B, onde logrou o ascenso a Segunda antes de retirarse en 2001.[2] Trala súa retirada foi secretario técnico do club catalán.[3]

Notas editar

  1. "Villena, libero del Mallorca, se compromete con el Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de xuño de 1994. p. 53. 
  2. "Villena deja el Compostela después de seis campañas". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 2000. p. 57. 
  3. "Rafa y el Nástic". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xullo de 2001. p. 37. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar