José Luis Ribera
José Luis Ribera Uranga, nado en Azkoitia (Guipúscoa) o 1 de xuño de 1965, é un exfutbolista e adestrador de fútbol español. Xogaba de defensa.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1965 (59 anos) Azkoitia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarFormouse nas categoría inferiores da Real Sociedad ata que a tempada 1984-1985 debuta en Primeira División co primeiro equipo da Real Sociedade. Non se consolida no primeiro equipo e marcha ao Sestao da Segunda División, tras unha boa tempada é fichado polo Real Burgos na tempada 1989-90, co que realiza unha gran tempada en Segunda División conseguindo o ascenso.
Ao ano seguinte o Burgos vaise a converter nun dos equipos revelación da Liga española clasificándose finalmente nunha digna undécima posición. Daquel equipo destacaron sobre todo a dianteiro formada polo bosníaco Juric e o romanés Balint, e o centro da defensa formado por Alejandro Rodríguez López e Ribera, que xunto ao porteiro Elduayen fixeron que o equipo fose un verdadeiro fortín.
A súa boa tempada en Primeira División fai que se fixen nel equipos de maior orzamento, entre eles o recentemente ascendido Deportivo da Coruña. Tras algunhas polémicas e inimizades pola forma de saír do club, Ribera finalmente ficha polo Deportivo, onde tras unha primeira tempada en que o equipo sálvase pola promoción, vai comezar a formar parte da historia do club coruñés.
Na súa segunda tempada no club clasifícanse en terceira posición disputando a Liga contra o Real Madrid CF e o FC Barcelona ata poucas xornadas do final. Formou parte así daquel equipo que foi chamado Súper Dépor: Liaño, Albístegui, Nando, Djukic, López Rekarte, Mauro Silva, Fran, Adolfo Aldana, Claudio Barragán, Bebeto e Ribera. Xoga no Dépor ata a tempada 1995-96. Con Djukic formou un tándem que levou a Liaño a adxudicarse o Trofeo Zamora, ademais participou no primeiro título de Copa que logrou a entidade.
Adestrador
editarO 6 de xuño de 2012 foi presentado como novo adestrador do Sestao River de Segunda División B, en substitución de Félix Sarriugarte.[1]
Palmarés
editar- Deportivo
- Copa do Rei: 1994–95
- Supercopa de España: 1995