Francisco Liaño

futbolista español

Francisco Liaño Fernández, nado en Santander o 16 de novembro de 1964, é un exfutbolista español. Xogaba de porteiro e debutou en Primeira División co Racing de Santander.

Francisco Liaño
Información persoal
Nome Francisco Liaño Fernández
Nacemento 16 de novembro de 1964 (59 anos)
Lugar de nacemento Santander
Altura 1,86 m.
Posición Porteiro
Carreira xuvenil
Racing de Santander
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1984–1990 Racing de Santander 21 (0)
1990–1991 Sestao 38 (0)
1991–1996 Deportivo da Coruña 154 (0)
1996–1998 Sporting de Gijón 2 (0)
Total 215 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Racing de Santander editar

Liaño debutou na tempada 1983–84 con tan só 19 anos no Racing de Santander, de Segunda División, da man de José María Maguregui. Esa tempada tan só xogou 2 encontros, sendo o segundo porteiro tras Pedro Alba, na que o equipo cántabro logrou o ascenso a Primeira División. O seu debut na máxima categoría produciuse o 9 de setembro de 1984 nunha xornada de folga de futbolistas. O partido fora contra o Real Valladolid e rematou en derrota (1–0). Sempre á sombra de Pedro Alba, o equipo descendeu a Segunda División tras a tempada 1986–87, non logrando optar á titularidade da portería nin na súa derradeira campaña no conxunto santanderino, a 1989–90, nesta ocasión como o suplente de José María Ceballos, o porteiro titular.

Sestao editar

Ante a falta de ocasións, na tempada 1990–91 fichou polo Sestao Sport de Segunda División, sendo o porteiro titular do conxunto dirixido por Blas Ziarreta e rematando na oitava posición. Nesa campaña conseguiu o Trofeo Zamora de Segunda División, encaixando 27 goles en 38 partidos, cun coeficiente de 0,71.

Deportivo da Coruña editar

Na tempada 1991–92 foi contratado polo Deportivo da Coruña, que ascendera ese ano a Primeira División. Debutou co conxunto galego da man do adestrador Marco Antonio Boronat no primeiro partido de liga, nunha derrota fronte ao Valencia CF en Riazor (1–2). O posto de titular alternouno con Yosu, quen xogou a maior parte da segunda volta, xunto con Canales. No conxunto coruñés viviu os seus anos máis importantes a nivel deportivo. En dúas tempadas gañou o Trofeo Zamora (1992–93 e 1993–94). Neste ano conseguiu un récord que se mantén ata o día de hoxe, a media máis baixa de goles encaixados nunha tempada, cun 0,47 (18 goles en 38 encontros).

Sporting de Gijón editar

Na pretempada 1996–97 coa incorporación dos metas Jacques Songo'o e Petr Kouba, Liaño abandonou o equipo coruñés e foi contratado polo Sporting de Xixón, equipo onde rematou a súa carreira deportiva tras a tempada 1997–98, sendo o porteiro suplente de Juan Carlos Ablanedo.

No ano 2006 estivo prensente na homenaxe do deportivo ao Súper Dépor, onde se enfrontaron cunha selección de equipo de veteranos do club entre os que figuraban xente coma Djalminha, Songo'o ou Turu Flores.

A nivel futbolístico, estivo 8 anos na máxima categoría encaixando só 142 goles en 165 encontros.

Palmarés editar

Club editar

Deportivo

Persoal editar

  • Trofeo Zamora: 1990–91 (Segunda División), 1992–93, 1993–94

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar