Real Burgos Club de Fútbol
O Real Burgos Club de Fútbol é un club de fútbol da cidade de Burgos, Castela e León, España, que compite na Primeira División Rexional de Castela e León.
Real Burgos | |||
---|---|---|---|
Nome | Real Burgos Club de Fútbol S.A.D. | ||
Alcume(s) | Rojipardillos | ||
Fundación | 4 de agosto de 1983 | ||
Estadio | Municipal de El Plantío, Burgos, España | ||
Inauguración | 1964 | ||
Capacidade | 12.200 | ||
Presidente | Juan Antonio Gallego | ||
Adestrador | Marcos López Aragón | ||
Liga | Primeira División Rexional de Castela e León | ||
2020-21 | 10º (Terceira División Española) | ||
Na rede | |||
http://www.realburgos.es/ | |||
| |||
A súa fundación levouse a cabo no ano 1983 trala desaparición do Burgos Club de Fútbol, e partindo do seu filial, o Burgos Promesas. Chegou a militar tres tempadas na Primeira División, entre 1990 e 1993. Deixou de competir en 1996, regresando á actividade en 2011.
Historia
editarO club nace o 4 de agosto de 1983 como consecuencia da desaparición do Burgos Club de Fútbol e partindo da súa filial, o Burgos Promesas.
As dúas primeiras tempadas da súa curta historia, logra competir desde a Terceira División quedando campión en ambas as edicións. Na primeira cae no play-off de ascenso ante o filial do FC Barcelona, o Barcelona Atlètic; pero na segunda, consegue o ascenso á Segunda División B a costa do Huesca, tras unha destacada actuación do porteiro galego Bastón, que sería titular indiscutible na portería do club durante a seguinte década.[1]
Na Segunda División B compite outros dous anos conseguindo o ascenso a Segunda División ante a UD Salamanca.
As dúas primeiras tempadas en Segunda División son complicadas, salvándose o equipo do descenso e sentando as bases do que sería a terceira tempada consecutiva en Segunda División. Esta tempada, a 1989/90, fixo unha grande actuación, co galego Naya no banco. O club dominou a competición de principio a fin e consumou o ascenso á elite do fútbol español en San Mamés, ante o filial do Athletic de Bilbao, o Bilbao Athletic. O equipo acabou cantando o alirón e a cidade recuperou a ilusión perdida sete anos atrás.
Os dous primeiros anos en Primeira División foron os máis gloriosos do club. O club debutou na tempada 1990-91 nun partido en El Plantío ante o Cádiz CF, ao cal gañou por 1-0 con gol de Ivica Barbarić. Ese mesmo ano foi alcumado como o "mataxigantes" debido aos bos resultados cultivados ante os equipos máis importantes de España como a dobre vitoria cultivada ante o Real Madrid tanto en El Plantío (2-1) como no Santiago Bernabéu (0-1). Cabe destacar nesta primeira tempada na máxima categoría a solidez defensiva do equipo, conseguindo ser o equipo menos goleado da Primeira División con tan só 27 goles encaixados en 38 partidos.
A segunda tempada do club na máxima categoría, a 1991-92, saldouse cun espléndido 9º posto, salvándose o equipo do descenso varias xornadas antes de acabar o campionato e quedándose ás portas da extinta Copa da UEFA.
A tempada 1992/93, a última do club na elite do fútbol español, arrincou cun espectacular (4-0) ante a Real Sociedad, póndose líder na primeira xornada da Primeira División. A partir de aquí o equipo dirixido baixo a batuta de Theo Vonk, comezou a encadear unha serie de resultados que acabaron co equipo nas últimas posicións das cales non puido saír, a pesar do baile de adestradores que sufriu o club ata o final de tempada. O equipo despediuse da máxima categoría cun triunfo (1-0) sobre o Club Atlético Osasuna con gol de Loren.
O equipo descendeu a Segunda División, quedando inmerso nunha grave crise económica agudizada pola obrigatoriedade de ter que converterse o club en Sociedade Anónima Deportiva o que fixo que descendese, ao ano seguinte, directamente ata a Terceira División. Tras un ano sen competir e tras pasar un verán problemático, no cal pensábase que o equipo ía desaparecer, o club conseguiu finalmente competir na Terceira División, manténdose na categoría. Sería esta a última tempada na que competiu o club.
O club deixou de competir trala tempada 1995/96, regresando á actividade en 2011, cando Juan Antonio Gallego, presidente da entidade, inscribiu o equipo na división máis baixa, a Primeira División Provincial Afeccionados.
Datos do club
editar- Tempadas en 1ª: 3
- Tempadas en 2ª: 4
- Tempadas en 2ªB: 2
- Tempadas en 3ª: 3
- Mellor posto en Primeira: 9º (tempada 1991-92)
- Peor posto en Primeira: 20º (tempada 1992-93)
Tempada | Categoría | Posición | Copa do Rei |
---|---|---|---|
1983-84 | 3ª División | 1º | - |
1984-85 | 3ª División | 1º | 3ª Eliminatoria |
1985-86 | 2ª División B | 2º | 1/8 |
1986-87 | 2ª División B | 4º | 2ª Eliminatoria |
1987-88 | 2ª División | 13º | 4ª Eliminatoria |
1988-89 | 2ª División | 14º | 4ª Eliminatoria |
1989-90 | 2ª División | 1º | 1ª Eliminatoria |
1990-91 | 1ª División | 11º | 4ª Eliminatoria |
1991-92 | 1ª División | 9º | 1/8 |
1992-93 | 1ª División | 20º | 4ª Eliminatoria |
1993-94 | 2ª División | 19º | 3ª Eliminatoria |
1994-95 | Non competiu | ||
1995-96 | 3ª División | 10º | - |
Palmarés
editar- Segunda División de España (1): 1989-90
- Terceira División de España (2): 1983-84 e 1984-85
Presidentes
editarAdestradores
editar- Luis Astorga (1983-1985 e 1994)
- José Antonio Irulegui (1985-1987)
- Sergije Krešić (1987-1989)
- José Antonio Naya (1989-1990)
- José Manuel Díaz Novoa (1990-1992)
- Theo Vonk (1992)
- Monchu (1992-1993)
- Miguel Sánchez (1993-1994)
Notas
editar- ↑ Delgado Barriuso, Jesús Ignacio (21 de xuño de 2015). "Trigésimo aniversario del ascenso del Real Burgos a 2ª B" (en castelán). Consultado o 7 de decembro de 2021.