José Antonio Irulegui
José Antonio Irulegui Garmendia, nado en Lasarte-Oria (Guipúscoa) o 1 de abril de 1937, é un exfutbolista e adestrador de fútbol vasco. Xogaba de defensa.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 1 de abril de 1937 (87 anos) Lasarte-Oria, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarIniciouse no fútbol na SD Eibar (1955-56) e tras nove anos na Real Sociedad (1956-65) fichou polo Pontevedra CF (1965-71), co que xogou cinco anos en primeira división e outro en segunda. Retirouse tras unha campaña no Real Murcia (1971-72).
Mediada a tempada 1973–74 fíxose cargo do Deportivo da Coruña en Segunda División, en substitución de Enrique Orizaola. Ao final da campaña o equipo descendeu á Terceira División, por primeira vez na súa historia. Na tempada 1974–75 continuou no Deportivo, conseguindo o ascenso á Segunda División ao gañar a liga de Terceira.
Proseguiu como adestrador na Real Sociedad (1975-1978), RCD Español (1978-1980), Real Murcia (1980-82), Real Burgos (1985-1987), Xerez CD (1987-1990), Levante UD (1990-91), Deportivo Alavés (1993-94) Real Mallorca (1994-96) e Villarreal CF (1996-1999), equipo que levou por vez primeira á primeira división española.[1]
Notas
editar- ↑ Diego Espiño (28 de novembro de 2024). "Irulegui, un histórico que une a Pontevedra e Villarreal". Pontevedra Viva.