Estadio Municipal de El Plantío

Coordenadas: 42°20′39″N 3°40′50″O / 42.344167, -3.680556

O Estadio Municipal de El Plantío é o estadio de fútbol da cidade de Burgos. Neste estadio disputa os partidos o equipo da cidade, o Burgos CF. Tamén é sede do Real Burgos.

Estadio Municipal de El Plantío
Datos
LocalizaciónBurgos, España
Construción
Inauguración13 de setembro de 1964
Estadio
SuperficieHerba natural
Dimensións105 x 70
Capacidade12.200
PropietarioConcello de Burgos
LocalíaBurgos

Historia editar

Sitúase a escasos metros do río Arlanzón. Forma parte do complexo deportivo máis importante da cidade, xunto a outras instalacións deportivas como a praza de touros, as piscinas municipais e o polideportivo.

O estadio ten as seguintes localidades de asento: - Fondo Norte - Fondo Sur - Tribuna - Lateral

Ten unha capacidade de 12.200 espectadores unha vez suprimidas as localidades de pé e á dotación do estadio de asentos no verán de 1991. As dimensións son de 105 x 70, converténdose nun dos campos máis grandes en superficie de xogo de España; chegando as bancadas a pé de campo.

Foi estreado oficialmente o 13 de setembro de 1964 nun partido de liga ante o Indautxu, sendo o resultado de 2-0 para o equipo burgalés. En 1977 engadíronselle os fondos norte e sur e en 1987 reformáronse os baixos e os vestiarios.

Partidos internacionais editar

O Estadio Municipal de El Plantío nunca albergou partidos da selección española absoluta, en cambio si que acolleu 3 partidos da selección española sub-21:

Partidos amigables editar

España sub-21 1–2 Inglaterra sub-21 18 de febreiro de 1987
Asistencia: 10.000
Árbitro: Joaquín Ramos Marcos (España)
Dadie   62'
Rocastle   75'
Cottee   85'
 


España sub-21 0–1 Inglaterra sub-21 8 de setembro de 1992
Asistencia: 10.000
Árbitro: José Enrique Rubio Valdivieso (España)

Anderton   83'
 

Partidos oficiais editar

No estadio xogouse un partido de clasificación para a Eurocopa Sub-21 de 1998:


España 4–0 Chequia 7 de xuño de 1997
Asistencia: 10.000
Árbitro: Metin Tokat (Turquía)
Víctor   16'
De Paula   68'
Roger   82' (pen.)
Felipe   90'

 

Véxase tamén editar