Argimiro Pérez García, coñecido como Pichi Lucas, nado en Camponaraia (O Bierzo) o 14 de marzo de 1959, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro.

Infotaula de personaPichi Lucas
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1959 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Camponaraia, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoDianteiro Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1978-1980 Gran Peña Fútbol Club
1980-1980cesión Córdoba Club de Fútbol
1980-1990 Real Club Celta de Vigo 247(75)
1990-1991 Club Deportivo Ourense
1991-1995 Sociedade Deportiva Compostela 105(30) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Xogador

editar

Sendo xuvenil xogaba en Ribadavia, e o Real Club Celta fichouno para as categorías inferiores. Logo dunha estancia no Córdoba CF e no daquela filial vigués, o Gran Peña, debutou co primeiro equipo celeste na tempada 1980/81.

Ese ano o equipo xogou en segunda B e logrou o ascenso, ao que contribuíu Lucas con tres goles. O berciano explotou ao ano seguinte, logrando o Trofeo Pichichi con 27 goles, o que axudou ao Celta para acadar o ascenso á 1ª división.

Debutou na máxima categoría na tempada 1982–83, baixando tanto o nivel persoal coma o do equipo, que regresou á segunda división. Logo de dous anos nesa categoría, nos que Lucas era un dos referentes ofensivos, na 1985/86 logrouse unha nova e efémera estancia en Primeira, onde os números do dianteiro e do Celta en conxunto eran inferiores aos acadados nunha segunda división que se lles quedaba miúda.

Non foi até a tempada 1987–88 que o cadro vigués logrou consolidarse en primeira, pero Lucas xa comezara o seu declive, e cada vez aparecía e anotaba menos. A 1989/90 foi a última campaña de Lucas co club no que pasara a súa carreira deportiva, xogando 245 partidos e marcando 72 goles.

Logo de pasar polo CD Ourense fichou pola SD Compostela, onde malia a súa veteranía, recuperou o instinto goleador e conseguiu unha boa media goleadora a pesar de non ser titular. Formou parte do histórico ascenso dos composteláns na tempada 1993/94. De novo en primeira, xogou 14 partidos (un como titular) e meteu 4 goles antes de colgar as botas.

Adestrador

editar

Comezou como adestrador na propia SD Compostela, nun principio mesmo sen obter o título nacional de adestrador. Posteriormente adestrou á SD Ponferradina, coa que ascendeu a 2ª división.[1]

Na tempada 2007–08 substituíu a Juan Francisco Alcoy á fronte do FC Cartagena[2], se ben non foi renovado para a campaña seguinte.

O 12 de outubro de 2009 converteuse en adestrador do Real Oviedo en 2ªB, sendo despedido en febreiro de 2011 debido á mala imaxe do equipo. O seu substituto foi José Manuel Martínez, destituído en febreiro de 2011 e substituído por Pacheta.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar