Gran Peña Fútbol Club
O Real Club Celta de Vigo C-Gran Peña, coñecido como Celta C-Gran Peña, é un equipo de fútbol que se constitúe coma o segundo filial do Real Club Celta de Vigo. En 2021, tras un acordo entre o Celta e o Gran Peña Club de Fútbol, ambos clubs competiron baixo o novo nome no Grupo Sur 2 da Rexional Preferente.
Celta C–Gran Peña | |||
---|---|---|---|
Nome | Celta de Vigo C–Gran Peña Fútbol Club | ||
Fundación | 1926 | ||
Estadio | Barreiro, Vigo, Galicia | ||
Capacidade | 4.500 | ||
Presidente | Carlos Mouriño | ||
Adestrador | Luis Bonilla | ||
Liga | 3ª RFEF – Grupo 1 | ||
2023/24 | 2º | ||
Na rede | |||
Sitio web oficial | |||
| |||
O 22 de maio de 2022 acadou o ascenso á Terceira División RFEF.
Historia
editarO Gran Peña fundouse en 1926 na parroquia viguesa de Lavadores. O seu primeiro presidente foi Manuel Méndez. Varios dos directivos fundadores posteriormente serían os fundadores do Turista. Nos primeiros anos de fundación, ao non contar con campo de fútbol de seu e valado, xogou nunha liga non profesional con futbolistas non federados, con equipos clásicos da cidade, como o Alerta Traviesas, o Atalante ou o ementado Turista.
Durante a Guerra a sede social do Gran Peña foi ocupada pola Falanxe e algúns dos seus xogadores faleceron. Tras anos de inestabilidade pola posguerra, en 1943 participou na súa primeira competición federada, a Serie A de Galicia. En 1955 conseguiu o seu primeiro ascenso a Terceira, logo de proclamarse campión do seu grupo de Serie A. Despois de máis dunha década en Terceira, descendeu, pero en 1971 asinou un convenio de filiación co Celta de Vigo, e ao final desa mesma tempada ascendeu de novo. Nos anos vindeiros o equipo fai de ascensor entre as dúas categorías.
Nos anos 80, malia as novas oferta de filiación con Celta de Vigo, o club mantivo a independencia de clubs. Novamente en 1986 produciuse outro intento de fusión co Turista, e de dependencia co Celta, auspiciado polo daquela alcalde da cidade Manoel Soto[1], e polo que entra en xogo a compra do campo de fútbol por parte do concello de Vigo. Finalmente o acordo non se produce co Gran Peña, e si co Turista, o que implica que o Gran Peña non pode volver a xogar en Barreiro. Como consecuencia prodúcense manifestacións cidadás, cortes de rúas etcétera. Tamén como resultado rómpese o acordo de filiación co Celta.
En 2021, o Celta de Vigo chega a un acordo co club, que novamente pasa a depender do equipo celeste.
Mellores resultados
editar- En 1958 proclámase por primeira vez campión da Copa Galicia de fútbol ao derrotar o Lugo en tres partidos.
- En 1981 elimina o Racing de Santander na segunda eliminatoria da Copa do Rei, nos penaltis, e logo de empatar a cero goles tanto no Sardinero como en Balaídos. Despois caería eliminado polo Elx.
Nomes do club
editar- Club Gran Peña (1926-1971)
- Club Gran Peña Celtista (1971-1988)
- Gran Peña Fútbol Club (1988-2021)
- Real Club Celta "C" (2021-)
Datos do club
editarHistorial na liga
editar
|
|
|
Xogadores de sona
editarNotas
editar- ↑ Historia detallada de la maniobra de despojo del campo de Barreiro Arquivado 26 de xullo de 2020 en Wayback Machine. (en castelán). Páxina web do club.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do Gran Peña Arquivado 23 de outubro de 2019 en Wayback Machine. (en castelán)