Javier Falagán

futbolista español

Francisco Javier Falagán Hernández, nado en Valladolid o 4 de outubro de 1969, é un adestrador e exfutbolista español que xogaba de porteiro. Destacou especialmente no Hércules, club do que é o segundo porteiro con máis partidos disputados da súa historia, e no Compostela, co que xogou 61 encontros na Primeira División. Dende 2019 é adestrador de porteiros do Guangzhou FC chinés.

Modelo:BiografíaJavier Falagán
Nome orixinalFrancisco Javier Falagán Hernández
Biografía
Nacemento4 de outubro de 1969 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Valladolid, España Editar o valor en Wikidata
Altura1,81 m.
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor en Wikidata - 2000 Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoPorteiro
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1986–1987 cesión   Coruxo FC
1986–1988 Gran Peña Fútbol Club
1988–1989 cesión   Getafe CF
1990–1991 cesión CD Fuengirola 38(0)
1991–1993   Hércules CF 73(0)
1993–1994   Valencia CF 0(0)
1993–1994 cesión   Hércules CF 36(0)
1994–1997   SD Compostela 61(0)
1997–1998   Hércules CF 37(0)
1998–2000 Club Polideportivo Mérida 9(0)

Traxectoria

editar

Comezos

editar

Formouse nas categorías inferiores do Real Valladolid e en 1986 instalouse en Galicia, onde fichou polo Coruxo, de Terceira División. Disputou só uns poucos encontros co equipo verde pois recibiu a chamada doutro equipo vigués: o Celta de Vigo. Rematou a súa formación no equipo xuvenil celeste e fíxose co posto de titular no Gran Peña, tamén na Terceira División. Debutou co primeiro equipo do Celta nun partido amigable e cando xa adestraba a diario co primeiro equipo tivo que marchar para realizar o servizo militar.

Destinado en Xetafe, fichou polo Sevilla, e este cedeuno ao Getafe CF, que militaba na Segunda División B. Compaxinou o servizo militar co club madrileño e debutou tamén co Sevilla Atlético, filial do Sevilla. Na tempada 1990/91 foi cedido ao Fuengirola, tamén de Segunda B, onde foi o gardameta titular durante case toda a tempada.

Hércules

editar

En 1991 fichou polo Hércules, da mesma categoría, onde se fixo co posto de titular rapidamente. Na tempada 1992/93, con Quique Hernández no banco, o equipo logrou o ascenso a Segunda División, e ao remate da campaña Falagán foi fichado polo Valencia. Na tempada seguinte volveu ao Hércules, en calidade de cedido, e o equipo acabou sétimo na categoría de prata, sendo Falagán o terceiro porteiro menos goleado da liga.[1]

Compostela

editar

En 1994 fichou polo Compostela, que viña de lograr un histórico ascenso á Primeira División. Debutou co equipo de Castro Santos nun partido amigable contra o Lemos,[2] pero non chegou a xogar ningún encontro oficial esa tempada, na que sufriu varias lesións e na que o gardameta titular foi Iru. Trala marcha deste ao Mérida, Falagán fíxose coa titularidade na portería santiaguesa por diante do outro porteiro, Fernando. O adestrador Fernando Vázquez colocouno baixo os paus nos 42 partidos de liga, na que foi a mellor tempada da historia do club, subcampión de inverno e 10º ao final da competición.[3] Na tempada seguinte xogou significativamente menos, pero aínda así foi o porteiro con máis minutos do equipo, conseguindo o equipo galego a permanencia.

Mérida

editar

En 1997 fichou polo Mérida, que o cedeu ao Hércules. Na súa nova etapa no equipo alacantino converteuse no porteiro con máis partidos oficiais na historia do club, 154, cifra que foi superada en 2018 por Ismael Falcón.[4] Foi titular durante case toda a campaña, na que os adestradores foron Quique Hernández e o galego David Vidal. Regresou ao Mérida no verán de 1998, pero en setembro sufriu unha grave lesión nun xeonllo, que o afastou para sempre dos terreos de xogo e pola que pasou a cobrar unha pensión de invalidez.[3][5]

Adestrador

editar

Trala súa retirada e de pasar máis dunha década afastado do fútbol, comezou a traballar como adestrador de porteiros.[6] Iniciouse na tempada 2010/11 no Coruxo, equipo no que xa militara como xogador máis de dúas décadas antes.[7] Ademais adestrou o Caselas en Preferente e en xaneiro de 2018 recibiu unha oferta para ser o novo adestrador do Boiro, club de Terceira División que pasaba por unha difícil situación.[8][9] Con todo, foi cesado só un mes despois polo presidente David Places.[10]

En xullo de 2018 chegou ao Extremadura UD como adestrador de porteiros, acompañando ao técnico Juan Sabas.[11] Deixou o club estremeño trala destitución de Sabas ese mesmo ano e en 2019 marchou ao fútbol chinés, como adestrador de porteiros do Guangzhou FC.[12][13]

  1. "Falagán intenta fichar por el Compostela". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de xullo de 1994. p. 59. 
  2. "El Compostela se estrena goleando a un entusiasta Lemos". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de agosto de 1994. p. 24. 
  3. 3,0 3,1 "Falagán, o el cerrojo del Compos de Primera". COPE (en castelán). 12 de maio de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  4. Esteve, David (16 de abril de 2018). "Hércules: Falcón ya es el portero con más partidos de la historia". As (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  5. "Graves lesiones deNacho y Falagán". Mundo Deportivo (en castelán). 29 de setembro de 1999. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  6. García, Iñaki (29 de decembro de 2017). "Charla con Javier Falagán sobre el entrenamiento de porteros" (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  7. Moldes, David (31 de outubro de 2012). "El último reto de Falagán". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  8. "Francisco Javier Falagán nuevo entrenador del Club Deportivo Boiro". Cadena SER (en castelán). 12 de xaneiro de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  9. Brea, Fran (18 de xaneiro de 2018). "Javier Falagán: «No me gusta esperar a ver que hace el rival, prefiero apretar»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  10. Otero, Pablo (26 de febreiro de 2018). "Falagán y la destitución de un entrenador más surrealista que se recuerda". Marca (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  11. "El Extremadura UD inicia la pretemporada con cambios en el cuerpo técnico" (en castelán). 16 de xullo de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  12. "David Valle llega al Extremadura UD" (en castelán). 21 de novembro de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2021. 
  13. "Una cantera que se ve desde el espacio". Faro de Vigo (en castelán). 21 de novembro de 2018. Consultado o 23 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar